Skip to Content

MAXIA POTAXIA!!

O mundo de infantil é totalmente maxia. Por iso encántanos levala a cabo sempre que podemos. Nesta ocasión, realizando debuxos e verbas invisibles.

Polo tanto, soamente necesitamos unha cartolina de cor branco, unha cera branca, pincel, acuarelas de cores e un pouquiño de auga.

Unha vez preparado o material comeza a maxia! Cada neno e nena ten que escribir ou debuxar o que queira na cartolina e claro eles din “profee non se ve nada”. Porén... co pincel e a acuarela temos que pasar por enriba de onde se escribiu.

De súpeto... podemos ler e ver o que escribimos e debuxamos... ANDA QUE DIVERTIDO!!! É unha actividade onde axudamos a afianzar a lateralidade, traballamos a motricidade fina, fortalecemos o noso agarre, a pinza e sobre todo pasámolo xenial e fomos magos por un día!!

Grazas Estreliñas!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Maxia


album | by Dr. Radut