Skip to Content

FESTA CON ANTÍA

Para rematar este mes cheo de aniversarios tocou festexar o de Antía. Mirade a ilusión que tiña que xa sabía de que cor quería a coroa dende principios de mes e preguntando cando era o seu cumple.

Unha vez que chegou o día, nada máis entrar xa nos contou que tiña 5 anos e os agasallos que tivo. Polo tanto, convertiuse na protagonista do día e os seus compañeiros/as fixéronlle uns debuxos para o recordo e logo foi o momento de soprar as candeas e comer a torta.

Antía estaba moi contenta e os seus amigos e amigas cantáronlle as cancións típicas deste día, déronlle moitos agarimos e sobre todo bailaron moito.

Así mesmo, Antía non se esqueceu da súa profe e trouxo algo para min que estaba moooi rico, moitas grazas, xa que me fixo moito ilusión!

Por último, reflectir que foi un día moi divertido e Antía xa está a pensar no seguinte aniversario! Segue así de leda sempre e con ese sorriso que nos ofreces cada día. Moitas felicidades!!!!!!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Cumpreanos Antía


album | by Dr. Radut