Skip to Content

VOLTA AO SOL DE ARUME!

O 22 de abril, tivemos un novo aniversario. Neste caso tratouse do de Arume que xa cumpliu 4 anos!! Viña moi emocionado porque tiña gañas de festexalo cos seus compañeiros/as de clase. Así pois, puxémonos mans á obra e Arume convertiuse no rei da aula coa súa coroa con coches que lle encantan e todos os seus amigos/as fixéronlle un debuxo moi especial para que se lembre deles sempre.

A continuación, montamos a torta, cantamos o cumpreanos feliz e soplou as candeas pedindo coma sempre un desexo. Logo, repartironna entre todos e todas para comela e por último bailamos e cantamos todas as cancións típicas da ocasión.

Por último, Arume tiña unha sorpresa para todas as estreliñas... unha bolsiña con moitos agasallos dentro!!! Repartiunas e todos lle deron as grazas!!! Polo tanto, soamente queda dicir que moitas felicidades!!!! Pouco a pouco vémoste crecer e nos encanta ver o ben e o rápido que o facedes. Segue con ese sorriso sempre Arume!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Cumpreanos Arume


album | by Dr. Radut