Skip to Content

A ESTRELIÑA MAIOR!

O día 16 de febreiro Iria cumpriu 6 anos. Isto quere dicir que é a maior da nosa aula das estreliñas. Moitos parabéns Iria!! Como é costume, o resto das estreliñas fixéronlle un debuxo con toda a ilusión do mundo para a realización do libro do seu aniversario. A continuación e como a ocasión o merecía, Iria tivo que soprar as candeas da nosa nova torta. Nesta ocasión, ao cumprir xa os 6 aniños, necesitábamos un pastel máis grande. A sorpresa da nova torta encantoulles e a Iria estreala. Logo, cantamos e bailamos o cumple feliz e despois repartiu unha serie de agasallos aos seus compañeiros e compañerias da aula e o pasaron xenial, sobre todo coa serpe aínda que eu non son moi amiga delas.. que medo! Porén.. teño uns discentes moi valentes!!! Así mesmo, Iria non se esqueceu de nós e tróuxonos agasallos: un para a súa profe e como non algo de comer para todo o profesorado! Moitas grazas por todo!!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Cumpreanos Iria


album | by Dr. Radut