Skip to Content

A VOLTA AO SOL DE CLAUDIA!

O día 22 de xaneiro, celebramos o cumple de Claudia. Unha das nosas estreliñas pequenas xa se fixo mediana! Que leda estaba coa coroa da súa cor favorita!!

Unha vez máis, os seus amigos e amigas fixéronlle un debuxo coa finalidade de formar o seu libro do aniversario e leve un recordo de todos e todas para a súa casiña. A continuación, foi o momento de montar a nosa tarta e repartila entre toda a aula. Non sei o motivo pero cada vez este doce está máis rico…

Por último, unha vez que soprou as candeas cantamos e bailamos as cancións e o pasamos xenial. A verdade é que non paramos con tanta festa neste mes!! Encántanos!!

Moitos parabéns Claudia, segue regalándonos momentos tan divertidos!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Cumpreanos Claudia


album | by Dr. Radut