Skip to Content

O MUNDO POLAR!

Os máis pequeniños seguimos coa nosa investigación sobre o inverno e o mundo polar. Unha das actividades que fixemos esta semana foi pintar sobre papel aluminio.
Todos eles quedaron abraiados xa que dixeron que iso usábase para envolver os
bocadillos pero non que se puidera pintar. Porén, a nós nos encanta argallar cousiñas novas e foinos fenomenal!
Así pois, utilizamos cores desta época do ano como o branco e o azul entre outros.
Collimos os pinceis e demos volta á nosa imaxinación e creatividade cuxo resultado foron bonecos de neve, arcos da vella, copos de neve…
Por último, parece unha proposta sinxela pero necesítase moita precisión, coordinación, control da forza, agarre… e aínda así o conseguiron!!
Grazas estreliñas!!
Álbum: Curso 2023-2024 -> Papel de aluminio


album | by Dr. Radut