Skip to Content

Os 5 aniños de Juan!

O día 16 de xaneiro unha estreliña mediana fíxose grande. Juan xa ten 5 aniños! Moitas felicidades para ti!! Como xa é costume, os seus compañeiros e compañeiras fixéronlle un debuxo e formamos o libro do seu cumple. A continuación, montamos a nosa tarta e Juan soplou as candeas e repartiu entre todos e todas este doce. Por último, bailamos e catamos o cumple feliz! Que contento e emocionado estaba! Porén, no foi o único. Juan tiña unha sorpresa para nós… trouxo moitos agasallos para todos sen esquecerse da súa profe! Puxémonos moi felices!! O pasamos xenial aínda que botamos en falta as estreliñas que non viñeron ao cole. Moitas grazas por todo. Esperamos verte crecer así de ben e cun sorriso sempre.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Cumpreanos Juan


album | by Dr. Radut