Skip to Content

HAI NEVE NA AULA!

Neste novo trimestre na clase das estreliñas estamos aprendendo moitas cousiñas do inverno. Unha delas é que nalgúns lugares adoita nevar. Polo tanto que mellor maneira que a falta de neve creala? Fixemos un obradoiro sensorial de neve artificial. Para iso, botamos bicarbonato sódico, un pouquiño de auga e as mans deles fixeron o demais. Sen dúbida, foi unha experienca única chea de creatividade, imaxinación, manipulación, motricidade fina e onde poden tocar, sentir, xogar e experimentar e como non cun traballo en equipo. Así pois, saíron moitas creacións como por exemplo bonecos de neve, pelotas, iceberg… En resumo, é unha proposta que gozaron moito con ela e que podedes realizar tamén en familia. 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Neve


album | by Dr. Radut