Blogues

FAMILIAS LECTORAS

     Estamos ledos ver de novo polo colexio a PAULA, nesta ocasión gozamos do conto "LAS JIRAFAS QUE NO PUEDEN BAILAR" de Giles Andree, unha historia dunha xirafa que quere ir a un concurso de baile, poderá bailar Chufa? Moitas grazas por volver mamá!!!

Saída ao Concello

     O alumnado de 4º de Ed. Primaria, realizou unha visita ao Concello de Lugo, co fin de ver insitu os contidos traballados na aula.

     No concello recibiunos D. Jorge Bustos Atanasio, concelleiro de Xuventude e Deportes, dándonos a benvida.

    Posteriormente subimos a ver a sala de sesións do pleno, sendo recibidos pola alcaldesa, Dña. Paula Alvarellos Fondo, que explicounos a función desta sala e conversou cos nenos e nenas; abríndose posterirmente as súas preguntas. A gran dúdida foi a reforma do parque do Sagrado Corazón, onde temos a promesa de non tardar moito en facelo.

    Dende o centro agradecemos o bo e cercano trato, do concelleiro e alcaldesa, así como da nai da nosa alumna Daniella pola axuda e disposición a realizar esta saída.

          

Saída de 1º Ciclo

     O alumnado de 1º Ciclo realizou unha saída ao centro da cidade, onde visitaron o mercado municipal e tamén o museo do Vello Cárcere.

               

     

FAMILIAS LECTORAS

   Nesta ocasión recibimos á nai MARÍA, que veo co conto "LINDA A ESPREITA" de Alexander Steffensmeier, a historia duna vaca diferente a calquera vaca que coñezades. Ademais realizou unha actividade para o alumnado moi divertida de búsqueda de diferenzas entre diferentes imaxes, xenial!!! Moitas grazas María.

8 M. Avoas de Onte, Mulleres de Hoxe

     O 8 de marzo celebramos o "Día Internacional da Muller" que conmemora a loita de tódalas mulleres por eliminar calquera forma de discriminación.

   Tódolos nenos e nenas do centro quixeron participar deste día, co lrma "Avoas de onte, mulleres de hoxe", elaborando un enorme mural que está exposto na entrada do colexio e cantando e bailando no patio cuberto coa canción das Fillas de Cassandra titulada “Tataravoa”. Unha canción que lembra a figura das nosas ancestras nesa loita pola igualdade a modo de homenaxe. 

    Cada aula traballou a figura da muller dende a perspectiva da figura das avoas e realizamos entre todos a canción en bada deseñada.

ASOCIACIÓN COGAMI

  A asociación COGAMI visitou o noso centro para dar información e sensibilizar aos nenos e nenas de 2º Ciclo de primaria sobre as persoas con discapacidade. Esta charla enmarcase no proxecto de centro TE-BEO.

CHARLA E SAÍDA COA ASOCIACIÓN ENKI

  Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria do noso centro recibiron unha charla de persoas que traballan na asociación ENKI. Esta é unha asociación sen ánimo de lucro que loita por un mundo máis inclusivo a través do deporte e do ocio.

  Posteriormente fixeron unha visita a As Pedreiras, onde con outros nenos e nenas de colexios da provincia realizaron actividades de deporte inclusivo.

 

ASOCIACIÓN ACOPROS

     O alumnado de 1º Ciclo recibiu unha charla informativa e de sensibilización sobre peroas xordas, dentro do proxecto TE-BEO, por parte da ASOCIACIÓN ACROPROS; deixándonos un vídeo informativo para usar como fonte de información e aprendizaxe.

ENSINO LUGO

     No Centro recibimos a visita de dúas xogadoras do ENSINO LUGO, equipo de baloncesto feminino da cidade que compite no máis alto nivel, a Liga Endesa.

     Blanca Millán e Ane Olaeta, invitaron ao noso alumnado ao partido de liga para animar ao equipo e concienciar da importancia de dar valor ao deporte feminino.

#AutismoCercaDeTi

     Hoxe, 2 de abril, "Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo" (TEA), no centro participamos na iniciativa #AutismoCercaDeTi.

      Aquí temos curtametraxes coa que traballamos a temática co noso alumnado:

                                      

              "VUELTAS" (Subtitulada)                "MARILUNA" (Cuento con pictos)

         

                 "EL VIAJE DE MARÍA"                      "ACADEMIA DE ESPECIALISTAS"

            

          "LOS ZAPATOS DE LOUIS"                        "MI HERMANITO DE LA LUNA"

           

                 "ROMPECABEZAS"                    "HUGO,UN AMIGO CON ASPERGER"

Novidades Biblioteca Escolar

    Neste mes de abril chegan a nosa biblioteca libros de divulgación para coñecer e aprender!

Día de Rosalía da Castro

     O 23 de febreiro celebramos no Centro o "Día de Rosalía de Castro", cada aula traballou a figura desta gran poetisa galega nada en Padrón e que ten a súa FUNDACIÓN e casa museo para dar a coñecela. Entre todos realizamos un fermoso mural de flores con versos das súas obras.

     

Saída de 2º Ciclo

     O alumnado de 2º ciclo realizou unha saída ao MUSEO ETNOGRÁFICO Y DE LA HISTORIA DE SAN PAIO DE NARLA no concello de Friol.

FAMILIAS LECTORAS

      Recibimos a visita de BEA, que veu contarnos o libro "EL COCODRILO QUE VINO A CENAR" de Steve Smallman. Continuación da historia "La ovejita vino a cenar", onde unha peculiar parella atopan un ovo.. Que  farán con el? Moitas grazas por esta fermosa historia! 

FAMILIAS LECTORAS

      Recibimos a visita de BEA, que veu contarnos o libro "EL COCODRILO QUE VINO A CENAR" de Steve Smallman. Continuación da historia "La ovejita vino a cenar", onde unha peculiar parella atopan un ovo.. Que  farán con el? Moitas grazas por esta fermosa historia! 

ASOCIACIÓN ADACE

     Dentro do proxecto TE-BEO, recibimos no centro á ASOCIACION ADACE para dar unha charla de sensibilización sobre o dano cerebral adquirido ao noso alumnado de 3º e 4º de educación primaria; explicando o seu traballo e como axudar á xente á que prestan un servizo importante.

             

   

O aniversario

     O aniversario é un podcast informativo sobre o mundo da alimentación, a través dunha pequena historia. Realizado polo alumnado de radio Pinceladas.

Contacontos. Ana Meilán

     Hoxe recibimos a visita na nosa biblioteca da escritora lucense ANA MEILÁN, autora de libros infantís onde conta moitas historias fermosas.

    O alumnado de Infantil gozou moito co seu conto "QUEN VEN ESTA NOITE", una peculiar historia sobre o famoso ratiño Pérez.

     Os rapaces de 1º e 2º de primaria, pola súa banda, escoitaron “UN UNIVERSO NA TÚA MALETA”, quen non desexou viaxar a diferentes lugares?

     Despois, 2º ciclo escoitou “XERTRUDIS”, unha peculiar bruxa e a súa vasoira.

     Ademais colaborou coa nosa radio nunha magnífica entrevista, levada a cabo polos nosos reporteiros. Moitas grazas Ana!

                         

                         

CLUB PETANCA LUGO

     En febreiro recibimos a visita no centro ao CLUB PETANCA LUGO, fundado no ano 2017 e que xoga nas instalacións do "Parque da Milagrosa". Viñeron a explicarnos este xogo tradicional a todo o alumnado de primaria que o pasou moi ben xogando.

     Queremos destacar a presencia de José Manuel Ramil "Furilla", unha persona que é exemplo de superación despois dun grave accidente e que conseguiu un bronce no campeonato nacional de 2023; aparecendo na revista LUGO DEPORTE (artigo na páxina 49). Tamén dar as grazas de xeito especial a Ilduara, presidenta do club, pola colaboración e a súa disposición con nós e veu acompañada dos seus fillos que van camiño de acadar grandes metas neste xogo tradicional.

                       

   

   

FAMILIAS LECTORAS

      Unha nova visita para lernos un fermoso conto, recibimos a VANESA que contounos “MINI-T REX Y EL ABRAZO IMPOSIBLE" de Jonathan Stutzman. A historia dun pequeno REX que ten un problema enorme, conseguirá dar unha aperta. Moitas grazas mamá por vir, eres xenial!!!

Cambiamos a BIBLIOTECA

          En febreiro realizamos un cambio na biblioteca do centro con mobiliario novo e creamos a biblioteca de infantil para o desfrute de toda a nosa comunidade educativa. Aquí a tedes para vós.

           

            

            

             

Entroido 2024

     Chegou o Entroido 2024 e no centro coñecemos á “PITA DE EIROÁS”, personaxe do entroido do barrio da capital ourensá do mesmo nome. Unha historia que parte dunha singular voda que converteu á pita no noso meco da semana, dando as ordes para todo o alumnado e profesorado do centro.

     O día rematou cunha sesión de festa no patio do centro, con música e baile para o goce do alumnado que ensinaba os seus disfraces.

Lendas inventadas sobre Rosalía de Castro

     Programa especial “23 de febrero, día de Rosalía de Castro”, realizado polo alumnado de radio Pinceladas, no que inventaron diferentes lendas sobre este personaxe histórico. Agardemos sexan do voso gusto.

FAMILIAS LECTORAS

      Hoxe ven a lernos un conto "TOÑO", un pai que contounos “A BRUXA DO DENTE" de Marta Rivera Ferner (Preme para ir ao seu Instagram) A historia dunha bruxa e a súa vasoira, porque non todas as vasoiras son iguais. Moitas grazas papás por vir, moi ben!!!

La canguro que no sabía saltar. Audioconto

     "La canguro que no sabía saltar" é un audioconto realizado por Teo, Manuel e Keira; alumnos de Proxecto Competencial, no que nos contan una historia de superación, confianza e amistade.

La carrera. Audioconto

     "La carrera" é un audioconto realizado por Aurora, Aicha e Jaime; alumnos de Proxecto Competencial, no que nos contan una historia de respecto e a importancia da forza para superar as dificultades.

SAÍDA A GADIS

     A mellor lección para  aprender a comprar, para saber sobre alimentación, calidade e nutrición, é visitar un supermercado. Eso foi o que fixemos o alumnado de cuarto de primaria na visita a Gadis, e ademáis agasalláronnos cunha merenda saudable e equilibrada.

DÍA DA PAZ

     O 30 de xaneiro, Día daPaz, contamos coa Asociación de Xogos Tradicionais de Muimenta -Xotramu- que nos ofreceu un obradoiro de xogos tradicionais, xogos dos nosos avós, dos nosos pais , que descoñeciamos e a verdade é que son ben divertidos. Pasamos unha mañá estupenda,  chea de paz, armonía e cooperación entre todos os nenos e nenas de Infantil e Primaria.

FAMILIAS LECTORAS

     Novamente recibimos unha visita especial, BELÉN que veu a ler o conto “LA OVEJITA QUE VINO A CENAR” de Steve Smallman. A historia dunha ovella perdida que acaba na casa dun famento lobo; ela quere ser a súa amiga, que pasará? Moitas grazas mamá por esta historia, que ben! Se queres ver o vídeoconto do libro preme AQUÍ.

CHARLA ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN

Membros da Asociación de Síndrome de Down, visitáronnos para dar unha charla enfocada no proxecto que se está a levar no noso cole. O principal obxectivo era informar e sensibilizar aos nosos alumnos e alumnas do segundo ciclo de Primaria.

Distribuir contido