Blogues

Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. 3º Ciclo Primaria

    Por último o alumando de 3º ciclo de ED. Primaria investigou sobre a discapacidade intelectual e a través dunha fermosa historia dannos a coñecer o que aprenderon.

Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. 2º Ciclo Primaria

     O alumando de 2º ciclo investigou sobre a discapacidade motora, e realizou un programa de radio para dar a coñecer a persoas que teñen dita discapacidade, as súas características e necesidades.

Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. 2º Ciclo Primaria

     O alumando de 2º ciclo investigou sobre a discapacidade motora, e realizou un programa de radio para dar a coñecer a persoas que teñen dita discapacidade, as súas características e necesidades.

Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. Ed. Infantil

    O alumnado de Ed. Infantil estivo a investigar a discapacidade visual e realizou este programa de radio para dar a coñecer o que aprenderon.

Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. Fase 1

     Ao longo destes primerios meses do proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS, cada ciclo ou nivel estivo a dedicado investigar e aprender sobre unha discapacidade realizando diferentes actividades e recibindo charlas. Agradecer dende o centro a colaboración das diferentes asociacións que pasaron a realizar charlas e actividades de sensibilización. Aquí temos o resultado, un gran traballo.

  • ED.INFANTIL

    O alumnado de Ed. Infantil estivo a investigar a discapacidade visual e realizou este programa de radio para dar a coñecer o que aprenderon.

  • 1º CICLO ED. PRIMARIA

    Pola súa banda, o alumando de 1º ciclo estivo a investigar sobre a discapacidade auditiva. Realizando un conto cun vídeo para amosar o aprendido. Preme na foto para velo.

  • 2º CICLO ED. PRIMARIA

  O alumando de 2º ciclo investigou sobre a discapacidade motora, e realizou un programa de radio para dar a coñecer a persoas que teñen dita discapacidade, as súas características e necesidades.

  • 3º CICLO  ED. PRIMARIA

     Por último o alumando de 3º ciclo de ED. Primaria investigou sobre a discapacidade intelectual e a través dunha fermosa historia dannos a coñecer o que aprenderon.

Novidades Biblioteca. Especial Letras Galegas

     Chegan o "Día das Letras Galegas", dedicado á figura de LUISA VILLALTA. Para coñecela máis temos estas novidades na biblioteca.

ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN

   O pasado venres 3 de maio tivemos no cole ao Mago David Méndez, a través da editorial Santillana, que deleitou a todo o alumnado do centro cunha gran actuación; pasámolo moi ben!

ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN

   O pasado venres 3 de maio tivemos no cole ao Mago David Méndez, a través da editorial Santillana, que deleitou a todo o alumnado do centro cunha gran actuación; pasámolo moi ben!

FALANDO CO CORAZÓN

     Neste novo programa de FALANDO CO CORAZÓN coñecemos á xornalista lucense, aínda que nada en Arousa, Sara Meijide. O pasado 25 de novembro estivera no noso centro para falarnos sobre o mundo da radio e do papel da muller na igualdade, nós agradecerlle a sus predisposición a colaborar sempre e nos permitise coñecela un pouco máis.

Novidades Biblioteca Escolar

     Aquí chegan as novidades de maio da nosa biblioteca. Nesta ocasión temos máis cómics, libros divulgativos cos que aprender e libros de lectura fácil para disfrutar lendo.

DÍA DO LIBRO. MANUALIDADES ED. INFANTIL

     Rematamos o "Día do Libro" cunha fermosas manuealidades feitas polo alumnado de Ed. Infantil.

   

     Dentro do proxecto "TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS", no que están a coñecer a discapacidade visual, grazas a mestra SARA, realizaron uns fermosos marcapáxinas en BRAILLE.

                 

    

DÍA DO LIBRO. AGASALLO DE LIBROS

     Outra das actividades levadas no centro polo "Día do Libro", foi agasallar ao alumnado con libros expurgados da biblioteca para que teñan unha segunda vida e volver a contar as historias que conteñen dentro.

     

      

                     

DÍA DO LIBRO. EXPOSICIÓN DE BRINQUEDOS

     No "Día do Libro" realizamos unha exposición de brinquedos feitos con material de refugallo o día anterior.

       

              

             

                    

DÍA DO LIBRO. ANIMACIÓN Á LECTURA

     O 23 de abril celebramos o "Día do Libro", entre as diferentes actividades realizadadas están as de animación á lectura, que foron:

  • CONTACONTOS

     O alumnado de Ed. Infantil e 1º Ciclo de Primaria disfrutaron co contacontos de XERAIS.

                 

  • OBRADOIRO DE CÓMIC

     O alumnado de 3º ciclo de Primaria tivo un obradoiro de cómic por parte de MIGUEL FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, que ademais agasallou ao centro cunha das súas obras asinada.

                  

  

  • LECTURA DE CONTOS

      Pola súa banda, alumnado de 2º Ciclo, contoulles aos nenos de Ed. Infantil diferentes contos.

                  

OBRADOIRO DE BRINQUEDOS

     Este luns as diferentes aulas do centro realizaron un obradoiro de brinquedos con material con refugallo, actividade dentro do proxecto levado a cabo no centro, creamos os nosos xogos tradicionais cos que xogamos e xogaremos no tempo de lecer!

        

              

    No obradoiro de 5ºA contamos coa presenza de TERESA e LAURA, nais de dous alumnos, que crearon uns fermosos xogos que puxeron en práctica; unha gran experiencia, moitas grazas pola vosa participación.

                 

    Ademais contamos coa presencia de ANTÓN CORTIZAS, mestre e autor de moitos libros de xogoos e brinquedos, que realizou un obradoiro con 3º e 6º de primaria, enfocado a xogos musicais e a natureza. Trouxo consigo un agasallo para o centro, o libro feito por el "TENRURA", unha fermosísima historia de una nena que vai ter un irmán.

           

            

CONTOS PARA IGUAIS

    A biblioteca chegaron novos libros para os rapaces de educación infantil, aquí temos a IZAN explicando un dos contos aos seus compañeiros e compañeiras de aula. Grazas por contarnos esta historia!

EXPERIENCIAS FAMILIARES

     O mesmo día tamén recibimos no centro a CAROLINA, para explicar os xogos da súa infancia, dentro do proxecto levado a cabo no centro. Neste caso en dúas sesión, por ser a avoa de dous alumnos, unha na aula de 2º de primaria e outra na aula de 4ºB de primaria. Ademais de explicalos, tamén os levaron á práctica; o alumnado pasouno de marabilla con ela, moitas grazas por vir!

              

    

EXPERIENCIAS FAMILIARES

    Recibimos a anterior semana a LEDICIA; que visitou a aula do seu fillo, en 2º de primaria, para falar sobre os xogos da súa infancia e realizaou con eles un fermosos obradoiro. Moitas grazas por colaborar con nós no proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS!

                

CERTAME DE POESÍA

     Este martes celebramos o "Día do Libro, onde tenemos preparadas algunhas actividades, unha das previstas será a entrega de agasallos a quenes participaron no certame de poesías "POESÍAS DESEÑADAS". Aquí podedes ler as estupendas creacións.

Concurso Muralla

     Como todos os anos, no centro participamos no concurso Muralla de Lugo do concelllo de Lugo. Aquí tedes unha pequena mostra.

Curiosidades

     Programa de radio sobre Curiosidades varias realizado por alumnas de 5º y 6º (Ana, Candela, Leire y Gabriela) 

EXPERIENCIAS FAMILIARES

    A semana pasada, dentro do proxecto "TE-BEO. BANDAS INTEGRADAS", recibimos a LUCÍA E ISMAEL, os pais de Manuel, que viñeron a falar a toda a clase de como xogaban cando eles eran uns nenos. Foi unha experiencia marabillosa na que ademais xogaron a eses xogos con nos; pasámolo estupendamente todos xuntos. Moitas grazas por vir a compartir o voso tempo e o voso coñecemento!

            

             

FAMILIAS LECTORAS

     Na hora do conto o alumando de infantil recibiu a ESTEFANÍA, que nos leu "A VACA QUE PUXO UN OVO" de Andy Cutbill, unha historia chea de amistade e humor. Ademais contamos coa sorte de que tamén leu "OVELLIÑA, DAME LA" de Isabel Minhos Martins, historia sobre todo o que se pode facer coa la. Quedaos todos moi contentos, moitas grazas mamá!!!

Saída 5º Primaria

      O alumnado de 5º de Ed. Primaria realizou unha visita ao estadio Anxo Carro para ver o entreno do primeiro equipo da cidade que milita na 1º RFEF. Os nenos e nenas estiveron cos xogadores e tamén na sala de prensa.

FAMILIAS LECTORAS

     Unha nova mamá veo ao centro a contarnos un conto, veu LETICIA! coa historia de "TROGODITA" de Paula Merlán sobre unha trogodita chamada Alicia que soña con ser unha gran ilustradora. Moitas grazas mamá pasámolo xenial!

INVESTIGANDO A DISCAPACIDADE VISUAL

    O alumnado de Educación  Infantil investigou ao longo das semanas o mundo da discapacidade visual, dentro do proxecto levado a cabo no centro, a través de videos, contos en braille, e experimentando co sentido do tacto, gusto, oído e olfacto o día a día das persoas con dita discapacidade. Todo grazas a mestra SARA, que sabe moito e compartiu os seus coñecementos.

 

 

FAMILIAS LECTORAS

     Estamos ledos de recibir a MÓNICA, nesta ocasión o conto elexido foi "LA CUEVA" de Rob Hodgson, unha fermosa historia sobre unha cova que tiña un pequeno habitante, chea de sorpesas. Moitas grazas mamá por contarnos este conto!

ASOCIACIÓN FADEMGA

     Dentro do proxecto que se leva a cabo no centro, o alumnado de 3º Ciclo de Primaria, tivo unha charla informativa e de sensibilización por parte da ASOCIACIÓN FADEMGA,  asociación que traballa pola inclusión de persoas con discapacidade intelectual. 

ASOCIACIÓN FADEMGA

     Dentro do proxecto que se leva a cabo no centro, o alumnado de 3º Ciclo de Primaria, tivo unha charla informativa e de sensibilización por parte da ASOCIACIÓN FADEMGA,  asociación que traballa pola inclusión de persoas con discapacidade intelectual. 

Día da Poesía

     Neste mes de marzo celebramos o "DÍA DA POESÍA", dende os diferentes equipos do centro convocamos, como non podía ser doutra forma, un certame de poesía. Seguindo coa temática das bibliotecas escolares de este ano, dedicada á banda deseñada ou cómic na honra de F. Ibáñez, a norma establecida era usar algún ou algúns personaxes de F. Ibañez nos poemas.

     Ademais recibimos no centro ao poeta XESÚS TRASHORRAS. Autor lucense que realizou co alumando de 6º de E.P. una sesión de recitado de poemas escritos polo propio autor.

 

AGRADECEMENTO DE XESÚS TRASHORRAS

Xesús Trashorras, compañeiro e poeta, adicounos estas palabras nas redes. Agradecemento que tamén lle devolvemos dende o cole.

Distribuir contido