Blogues

O PAPAGAIO

Aquí temos o xornal O PAPAGAIO do mes de Maio. Para quen non o coñeza, decirvos que é un xornal infantil sen publicidade e nestes momentos dixital. Moit@s dos seus lectores xa saben da súa existencia, posto que estamos suscritos e cada mes temos novos exemplares na Biblioteca.

https://www.flipsnack.com/9D88A97F8D6/o-papagaio-8-maio2020.html

RADIO SAGRADO CORAZÓN

No seguinte enlace podes conectarte coa radio de segundo e terceiro de Primaria. Gozarás da comedia, música, poesía, novas de actualidade e moita risa.

  https://vocaroo.com/dR6EGcN00E6

PRENSA DIXITAL GRATUITA

No seguinte enlace encontrarás moitos xornais de xeito gratuito.

http://kiosko.net/es/

CONTO DESCONFINAMENTO

Ola a tod@s! Déixovos o conto do OSO GOLOSO  que nos explica moi ben o que é esta nova palabra que empezamos a empregar estes días, DESCONFINAMENTO.

Boa fin de semana!!

 

PROXECTO HEROES POLO BARRIO

Os nenos e nenas de primeiro, segundo, terceiro B e sexto B de Primaria, son os protagonistas das cartas de agradecemento a todas aquelas persoas que neste confinamento traballan para manternos a flote.

 Esta iniciativa da que se fai eco o escpazo A Revista da TVG, xira arredor da problemática derivada da crise do covid-19. E como non podemos fuxir da realidade, cremos positivo implicar ao alumnado propoñéndolle dúas actividades. Nunha delas invitóuselles a escribir una carta ao Hula. Podían dirixirse a doentes, persoal sanitario, da limpeza ou  mesmo da xerencia.

A outra actividade buscaba recoñecer o traballo que persoal esencial desenvolve estes días no noso barrio. As cartas, nesta ocasión, ían dirixidas aos responsables e persoal da confeitaría Medraño, das tendas de alimentación do Polígono do Sagrado Corazón, da libraría Alecrín, do estanco Rama, do Gadis, de Abanca, así como da farmacia e do centro de saúde.

 Podedes ver algunhas das cartas no artigo do blogue adicado ao Día do Libro. Tamén podedes visualizalas no seguinte enlace a un video que os vosos profes fixeron.

Parabéns a tod@S.

https://www.youtube.com/watch?v=6iHPxdiu54E

DÍA DO LIBRO DENDE A CASA

Podedes acceder a os vosos traballos premendo nos enlaces que irei subindo a medida que vaian chegando. Ánimo, que aínda estades a tempo! Moitas grazas a todas e todos os colaboradores neste esforzo colectivo.

Feliz día do Libro e Boa lectura!

VIDEO SEGUNDO PRIMARIA.

Cartas de agradecemento para o persoal sanitario e veciños do barrio.

https://www.youtube.com/watch?v=fnVFYrxJWTg

 

LECTURAS TERCEIRO B PRIMARIA

Recomendacións lectoras e pequenas lecturas.

 https://drive.google.com/drive/folders/

1bZagjoKwkICZ8a5xhnNWqqBUNL5VZunV?usp=sharing

 

RECEITAS  TERCEIRO B  PRIMARIA

https://drive.google.com/drive/folders/

1xVKMshy7mFw3lM2BUPa4O_-Zi16RtAOL?usp=sharing

 

AUDIOS, CARTAS E DEBUXOS TERCEIRO A PRIMARIA

https://drive.google.com/drive/folders/

1lW31YIxlXsNPNri79Y0OoAW9R8OYfeHa?usp=sharing

 

CONFINAMENTO TERCEIRO B

https://www.youtube.com/watch?v=Y3ljrWZ_glg&feature=youtu.be

 

HEROES DO NOSO BARRIO POR SEXTO B

https://www.youtube.com/watch?v=fJyQE9BR2MY&feature=youtu.be

 

DAVID CUARTO A E IRIA 5 ANOS

https://drive.google.com/drive/folders/1W78Uyab-QIxLBAXWy4GZZEwS6ZO_K3S2?usp=sharing

 

VIDEO QUINTO DE PRIMARIA

https://drive.google.com/open?id=1ZqTW9EWauq6OwQzS5glbLOD4_AfDY_Pt

NOVAS DÍA DO LIBRO

CONTACONTOS E EXPOSICIÓN DE MANUEL COLMEIRO ON LINE

Día do Libro no MARCO

Xoves 23 de abril 2020

O MARCO celebra o Día do Libro cunha sesión especial de contacontos online para público familiar, un avance da súa publicación sobre o artista Manuel Colmeiro, e unha nova edición da experiencia de Bookcrossing na rede, en colaboración con outros museos e centros de arte.

#DíadoLibro #DíadelLibro #BiblioMARCO #MARCOencasa #euquedonacasa

Sesión de contacontos online, con María Xosé Martínez

“As luces que se acenden e se apagan”, baseado no libro de Ramón Trigo (Editorial Kalandraka)

Emisión: xoves 23 abril ás 12.00, a través da web do MARCO, redes sociais e Youtube

Unha iniciativa da Biblioteca-Centro de documentación do MARCO para público familiar.

https://bit.ly/2VoT1o6

Maria Xosé Martínez, membro do equipo de didáctica do MARCO e autora con amplia experiencia en actividades educativas para público infantil e familiar, ofreceranos en primicia unha sesión de contacontos teatralizada, baseada na historia do artista, ilustrador e escritor Ramón Trigo, no seu libro As luces que se acenden e se apagan (Editorial Kalandraka). A actividade será accesible a través da web do MARCO, o seu perfil en redes e o seu canle de Youtube. Unha excelente oportunidade para compartir en familia esta experiencia dirixida a públicos de todas as idades!

Cada quen ten unha luz que se ilumina na súa cabeza cando xorden boas ideas…

Quen non desexa que os seus soños se fagan realidade cando menos unha vez na vida???

Esta historia convídanos a reflexionar sobre a nosa percepción de nós mesmos no mundo, sobre os nosos desexos, a forza da vontade, o tesón e a superación dos nosos propios medos.

Isto e moito máis podemos aprender a través desta sinxela e fermosa narración que permite adentrarse no universo creativo dos artistas…

+ INFO http://www.marcovigo.com/content/novas

 

Avance publicación

Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos

Catálogo da exposición producida polo MARCO e comisariada por X. Carlos L. Bernárdez

Tal como estaba previsto dende a xornada inaugural, no MARCO continúase a traballar a fondo no deseño e contidos da publicación Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos, resultado da exposición do mesmo nome, á espera de poder percorrela de novo en directo nas salas do 1º andar.

Producida polo MARCO e comisariada por X. Carlos L. Bernárdez, tanto a mostra como a publicación configúranse a partir dunha coidada investigación e relectura do sentido, obxectivos e incidencia da obra dun dos pintores chave na historia da arte galega.

+ INFO http://www.marcovigo.com/content/manuel-colmeiro-espazos-e-encadramentos

 

NESTE ENLACE TEDES UN PROGRAMA COMPLETO DE MÚSICA, CONTACONTOS.. PARA DISFRUTAR NO DÍA DO LIBRO.

https://www.youtube.com/watch?v=DAkAbqFwgOo&list=UUTIsd9fvX4IC5_19AewwJJA

 

 

TEATRO DENDE A CASA

Ola a tod@s!

Andades por aí? Se vos gusta o teatro, temos a posibilidade de disfrutar da obra completa Radio Pirata da produtora Quetramas Produccións, que hoxe, venres 17 as 17 h, emite on line dende a seguinte dirección:

https://youtu.be/lDqioL2NSYE

RECORDA: VENRES 17 AS 17H

PASADEO CHUPI!

HORA DE LER NA CASAII

 

Queridos nenos e nenas, seguimos con vós. Esperamos que tod@s, xunto coas vosas familias, esteades ben de saúde. Unha das cousas importantes para sobrelevar esta situación é que vos deixedes acompañar pola lectura.

A continuación deixámosvos uns enlaces nos que podedes descargar lecturas para todas as idades e tamén audios e videos. Desfrutade  deles.

Ánimo e forza para seguir!

 BAÍA EDICIÓNS CON VÓS NA CASA

"En Baía Edicións estamos convencidas de que a única forma de frear a pandemia en Galicia neste momento pasa polo peche total e limitación de movementos. En consecuencia, non enviaremos libros, xa que pasan por moitas mans durante a viaxe.

Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa."

 

 Campaña "Con vós na casa": Descarga de lecturas para tódalas idades.

 https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

 

Campaña "Olla O Papagaio": Descarga de exemplares do xornal.

http://www.edicionsmoitoconto.com/2018/10/o-papagaio-dixital.html

 

Contos contados en Kalandraka TV

http://www.kalandraka.tv/gl/

 

Dende o seu grupo A Xanela do Maxín ofrece o video completo da obra: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.

https://www.youtube.com/watch?v=ZPzYVO5Jx9Y

 

Podedes descargar o novo cómic, "Carriandola"

https://airaeditorial.gal/noticias/le-de-balde-novo-comic-carriandola/

 

 Enlaces gratuitos para escoitar libros e historias de audio para todas as idades. 

 https://stories.audible.com/discovery/enterprise-discovery-21103929011?ref=adbl_ent_anon_ds_ds_dbb_0-0

 

A plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.

https://www.galiciale.gal/

 

https://www.loqueleo.com/es/noticias/actualidad/loqueleo-en-casa

ESTAMOS XUNTOS DENDE A DISTANCIA

Queridas familias e alumnado. O noso primeiro desexo é que se atopen ben de saúde. E como ben di o título, queremos estar xuntos dende a distancia nesta situación extraordinaria que nos tocou vivir. Por eso, a Comunidade Educativa da nosa escola realizamos este pequeno video para vos.

Premede no enlace para vsisualizalo.

https://drive.google.com/file/d/

19a5IMNwQo9IiXINITSN9DYGBJMGFhrXT/view?usp=sharing

HORA DE LER NA CASA

HORA DE LER NA CASA

Familias e alumnado, o Equipo da Biblioteca queremos compartir con todos vos lecturas e recursos accesibles que nos axuden a evadirnos e a xestionar as nosas emocións. Nos seguintes enlaces podesdes encontrar contos, audiocontos, libros  para todas as idades, museos virtuais e bibliotecas dixitais, todo de acceso gratuito.

 Boa lectura!

CONTOS E AUDIOCONTOS

https://youtu.be/g9tG-vJGidM

https://www.youtube.com/watch?v=oOq0M6psSDs&feature=youtu.be

http://www.cuentosinfantilesadormir.com/

audiocuentosinfantiles.htm

https://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33

https://www.salvat.com/contenido-gratis-covid-19/

https://weeblebooks.com/es/home/

https://vimeo.com/399220125

https://vimeo.com/399277042

https://youtu.be/kwCnBYs2QvA

https://vimeo.com/399748682

https://youtu.be/PKqdqcJU9Bw

https://padlet.com/rociofernandezfer/qyepwg9nkwcj

FILMES

https://www.dailymotion.com/video/x1lusmd

https://youtu.be/n8zoAcCJaaM

POESÍA

https://vimeo.com/400213969

https://vimeo.com/397781234

https://vimeo.com/397841314

MUSEOS VIRTUAIS

https://museos.xunta.gal/gl/visitas-3d-museos

https://www.europapress.es/desconecta/curiosity/noticia-10-museos-visitas-virtuales-pasear-salir-casa-20200313191810.html

BIBLIOTECAS DIXITAIS

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

Biblioteca Virtual Galega 

Biblioteca Digital Hispánica.

Galiciana. Biblioteca Dixital Galega.

Biblioteca Digital-Real Academia de Historia.

Biblioteca Digital Real Jardín Botánico.

Europeana. 

Proyecto Gutenberg.

Biblioteca Digital Mundial.

Biblioteca Digital Internacional para Niños

MAR INTERIOR

Visita do alumnado de 6º a Deputación Provincial de Lugo para participar no obradoiro científico MAR INTERIOR: UN OCÉANO DE OPORTUNIDADES NO CORAZÓN DE GALICIA.

Alí poideron coñecer interesantes cousas relacionadas cos océanos, medioambiente mariño, recursos pesqueiros..

DÍA DE ROSALÍA

 

Seguindo a proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega para a celebración do Día de Rosalía, o noso centro desenvolveu as seguintes actividades:

Repaso da figura literaria de Rosalía de Castro.

Exposición e lectura de obras da autora na biblioteca.

·    

Baixo o lema #ErrantesPoloMundo, o alumnado traballou fotos, debuxos, gravados…,que tratan as migracións en todos os seus aspectos (a soidade, conflictos..), e con todo realizou carteis que expuxemos no patio. 

 hhttps://drive.google.com/drive/folders/1qy0amAfHC5tygmV-4JWW_LrMHIasCGhQ?usp=sharing

 

 

 

 

 

 

 

 

P

 

ENTROIDO 2020

Os días 19, 20 e 21 de febreiro, celebramos o Entroido seguindo as seguintes instruccións do Meco que foron acumulativas:

Mércores 19: Se ao Meco queres sorprender, algo na cabeza tes que traer.

Xoves 20: Aos teus pais has de coller unha prenda para poñer.

Venres 21: A cara tes que maquillar, se no cole queres entrar.

Realizouse unha exposición de máscaras feitas con material reciclado.

Podes ver todos os traballos na seguinte dirección:

 

 https://drive.google.com/drive/folders/

14-1sNO94yAUObrhRINsVTSkjk69XQSWd?usp=sharing

 

PATRULLAS VERDES

Seguindo co proxecto “Amigos do Planeta”, o alumnado voluntario de 4º, 5º e 6º de Primaria, son axentes ecolóxicos no recreo , controlan a reciclaxe e limpeza do patio e felicitan aos nen@s que traen unha merenda saudable.  Levan un chaleco identificativo e van rotando cada día.

As papeleiras do patio foron decoradas para poder reciclar axeitadamente.

Fai click para ver as fotos.

https://drive.google.com/open?id=1koXmhsbvH_7DGSPwhtA46lHRpqjdGJuJ

30 de XANEIRO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Exposición: Picasso.” El viaje del Guernica”.

Unha grande parte do alumnado do colexio visitou a exposición “Picasso. El viaje del Guernica”, organizada pola Caixa e o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía co gallo do 80 aniversario da creación desta obra por Pablo Picasso.

Aproveitando esta actividade , traballamos o día da Paz a través do Guernica.

Alumnado de 5º e 6º. Mural explicativo da simboloxía do Guernica.

Alumnado de 4º. Exposición fotográfica de situacións conflictivas no mundo.

Alumnado de 3º. Identificación de figuras no Guernica.

Alumnado de 2º. Creacións artísticas da súa imaxe converténdose en superheroes con poderes para cambiar o mundo e mural da Pomba da Paz.

Alumnado de 1º e Educ. Infantil. Traballos artísticos relacionados coa Paz.

Exposición na Biblioteca de novas adquisicións de libros con temática de Igualdade.

Como acto simbólico, o día 30 de xaneiro , cantamos e escenificamos a canción “ De Festa” de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Cada curso levaba un distintivo relacionado coa Paz.

Por último, unha representación do alumnado de 6º de Primaria leu un Manifesto pola Paz.

Pincha no enlace para ver os traballos.

https://drive.google.com/drive/folders/

1DKy4lpjTwHJ_kF72oXXKLDx9noO1Y3aO?usp=sharing

https://drive.google.com/drive/folders/

1O2aTXlgNQqaaQYatCvBkDtZ_-dl27RkW?usp=sharing

VIDEOS

https://drive.google.com/file/d/

1HMcnU4_a-ZgziXvI2kjxJN1dVHVPgFIk/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/

1Qmy7G6f6ezFCZy_hSIMIZxrr7akBG5rq/view?usp=sharing

 

BO NADAL

Moitas grazas polas vosas aportacións, sen ese inmenso traballo o proxecto de Biblioteca non sería o mesmo. So desexarvos que disfrutedes destas merecidas vacacións.  BO ECONADAL!!!! e BOA LECTURA!!


ACTIVIDADES DE SEGUNDO

Os nenos e nenas de segundo de Primaria queren compartir con todos nos o traballo deste trimestre. Podes velo no seguinte enlace:

https://drive.google.com/drive/folders/

1OQO9jMNJ0zxPTGamgSO5GrxvaNl2_Xkp?usp=sharing

O NOSO ECONADAL

Rematado o primeiro trimestre, toca facer recopilación do bo traballo realizado. Aquí tedes as fotos cos vosos traballos e un video. Pincha no enlace para ver as fotos.

 https://drive.google.com/drive/

folders/1Eu4RFnhmk3prAMxkuuyXtouJRwiARpKw?usp=sharing


Pincha no enlace para ver o video:

 https://drive.google.com/file/d/1qZf_

HqaiPsT4PlWgk1XluJynNiW9CVn4/view?usp=sharing

VISITA CULTURAL A SAN PAIO DE NARLA

O alumnado de sexto de Primaria realizou unha viaxe cultural a San Paio de Narla. Aprenderon sobre a forma de vida da Idade Media e divertíronse participando nun Obradoiro.

As fotos podedes visualizalas no seguinte enlace:

 https://drive.google.com/drive/folders/

1_5qpzpdmFn2BuTNgMgMzdhqIp6vro_ZP?usp=sharing

ESTIÑO 2019

Un ano máis os nenos e nenas do colexio participaron na elaboración do calendario Estiño. Este curso adicouse as Froitas, ao noso colexio tocounos a NÉSPERA. Aquí tedes o enlace para ver os debuxos e o resultado final do calendario 2020 feito polo Colectivo Estiño no que ademáis do noso centro participan colexios de toda Galicia.

Moitas grazas polo voso traballo.

https://drive.google.com/drive/folders/1M_

U6HUkU4HvQbkvduM4U1ZcJofLdQDkB?usp=sharing

ECONADAL 6º A

Os nenos e nenas de 6º A queremos desexarvos unhas boas festas con este poema titulado O ECONADAL

Fai clic no enlace para ver o video.

 https://drive.google.com/file/d/1VkRMR1JRNBSO4fUG5J

_GletO5NeFV_2/view?usp=sharing

ECOCONSELLOS

Para que podamos vivir nun Planeta Sostible, anímate a seguir os  Ecoconsellos de Sogama.Podes velos no seguinte enlace:

https://drive.google.com/drive/folders/1LnDEb7eiE-1DdjuzUaWgUZzfQ1Uv7oAy?usp=sharing

EXPOSICIÓN 6º A EFECTO INVERNADOIRO

Seguindo coa concienciación sobre o Cambio Climático, o alumnado de 6ºA fixo un traballo de investigación sobre o Efecto Invernadoiro e expúxoo a nenos e nenas dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º. 

https://drive.google.com/drive/

folders/1VEBhxx9JOUgO2Eg1UI6dc4PC_s8x7kvo?usp=sharing

 

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE

 O alumnado de quinto e sexto de Primaria participou nunhas charlas por parte dos corpos e forzas  de seguridade, sobre CIBERESPACIO E  ACOSO ESCOLAR. Os pais e nais sobre RISCOS DE INTERNET PARA MENORES.

https://drive.google.com/drive/

folders/1cu36iab_gfBm6BbAjkS9jHQJ_FfgA6J9?usp=sharing

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 22 de Novembro contamos coa presenza do contacontos Pedro Brandariz. Escenificou  dous contos sobre igualdade da escritora Raquel Díaz Reguera: Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa? e Cuando las niñas vuelan alto.


O 25 de Novembro os nen@s formaron no patio a palabra NON e o lazo violeta, símbolo da loita contra a  violencia de xénero. Cada neno, nena, mestre e mestra levamos nas costas unha mochila violeta en favor da Igualdade. Escoitamos cancións referentes ao  día que conmemoramos e cantamos La puerta violeta de Rozalen. Os nenos e nenas de 6º levaron unha pancarta co lema CAMIÑAMOS CARA A NON VIOLENCIA

https://drive.google.com/drive/

Cfolders/1BoGX_tiEE9LHjnZG9hU51EEfvk1rerKI?usp=sharing

 

MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS

Durante o mes de Novembro , mes da Ciencia, fixemos unha recopilación de libros relacionados co PDI: Amigos do Planeta, estiveron expostos na Biblioteca e  logo pasaron ás aulas.

Pincha no enlace: https://drive.google.com/drive/

folders/18PC0DAOCf4dnc00VLygWnRqGsKn17wYH?usp=sharing

EXPOSICIÓN 6º B A AUGA

Seguimos a traballar no Proxecto  do Medio Ambiente e os nenos e nenas de 6º B compartiron con outros cursos o seu traballo sobre un elemento esencial no noso Planeta, A Auga. A continuación podedes ver fotos e un video sobre o tema.

https://drive.google.com/drive/folders/

1w82L0pIXcM4Ak8uAZM6X6ikEEqEYfV6A?usp=sharing

OUTONO/SAMAÍN 2019

Fai clic no enlace para ver o video cos traballos do Outono e do Samaín.

https://drive.google.com/file/

d/1tZA7MPM9RlTEC8oPEtuAHVbMJR54ufbX/view?usp=sharing

Distribuir contido