Radio Sacora

Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. Xogos tradicionais no barrio Sagrado Corazón en familia.

Etiquetas :

       Hoxe presentamos a última actividade do proxecto "Te-Beo.Banda Integrada" e que pon fin a un traballo de varios meses, no que o noso alumnado coñeceu os xogos tradicionais e algunhas das discapacidades coas que nos atopamos na sociedade; co fin de lograr unha sociedade máis inclusiva e todos os nenos e nenas compartan xogos e tempos para que ninguén quede apartado.

       Aquí podedes escoitar un podcast sobre os xogos tradicionais no barrio do Sagrado Corazón a través dunha pequena historia e contada por alumnado e principalmente algunhas familias de diferentes xeracións.

     Esperamos sexa do voso agrado e queremos agradecer dun xeito especial as familias que colaboraron mandando os seus audios. Grazas!

FALANDO CO CORAZÓN

Etiquetas :

     Remata o curso escolar cunha entrevista moi especial co xogador lucense do Río Breogán ERIK QUINTELA; agradecemos moito a súa colaboración e tamén a PABLO ABUÍN pola súa axuda.

     Este é o último programa no colexio do equipo de Falando co Corazón: NOE, CARLA, ANTÓN, LEO e LORENA. Queremos agradecerlles o seu esforzo, dedicación e ilusión na radio escolar. Desexamovos moita sorte na vosa nova andaina e que podades seguir facendo radio. Moitas grazas!

Opiniones Catastróficas

Etiquetas :

     Neste programa opinarase sobre a necesidade de aprender Lingua de signos para poder comunicarnos caos persoas con discapacidade que o necesiten; esta idea xurdiu a raíz do traballo realizado para o proxecto do centro.

Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. 3º Ciclo Primaria

Etiquetas :

    Por último o alumando de 3º ciclo de ED. Primaria investigou sobre a discapacidade intelectual e a través dunha fermosa historia dannos a coñecer o que aprenderon.

Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. 2º Ciclo Primaria

Etiquetas :

     O alumando de 2º ciclo investigou sobre a discapacidade motora, e realizou un programa de radio para dar a coñecer a persoas que teñen dita discapacidade, as súas características e necesidades.

Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. Ed. Infantil

Etiquetas :

    O alumnado de Ed. Infantil estivo a investigar a discapacidade visual e realizou este programa de radio para dar a coñecer o que aprenderon.

FALANDO CO CORAZÓN

Etiquetas :

     Neste novo programa de FALANDO CO CORAZÓN coñecemos á xornalista lucense, aínda que nada en Arousa, Sara Meijide. O pasado 25 de novembro estivera no noso centro para falarnos sobre o mundo da radio e do papel da muller na igualdade, nós agradecerlle a sus predisposición a colaborar sempre e nos permitise coñecela un pouco máis.

Curiosidades

Etiquetas :

     Programa de radio sobre Curiosidades varias realizado por alumnas de 5º y 6º (Ana, Candela, Leire y Gabriela) 

O aniversario

Etiquetas :

     O aniversario é un podcast informativo sobre o mundo da alimentación, a través dunha pequena historia. Realizado polo alumnado de radio Pinceladas.

Lendas inventadas sobre Rosalía de Castro

Etiquetas :

     Programa especial “23 de febrero, día de Rosalía de Castro”, realizado polo alumnado de radio Pinceladas, no que inventaron diferentes lendas sobre este personaxe histórico. Agardemos sexan do voso gusto.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design