Blogues

ÁRBORE DOS SOÑOS

REMATA O OUTONO. O QUE NOS DEU DE SI

O outono deste singular ano chega ao seu fin. Na noite do luns 21 comezaremos a estación do inverno. Outra época, outras experiencias e aprendizaxes. Agardemos que sexan igual de ricas que as que este outono nos otorgou.

No seguinte enlace poderedes ver todo canto nos deu de si este tempo cheo de matices, cores, olores e sabores. 

https://drive.google.com/file/d/1wDKEuTd9HR7SCk3-D__41yYZRy28Xfkx/view?usp=sharing

E se de olores e sabores falamos, entrade no noso restaurante e probade a nosa carta de outono. Pratos exquisitos elaborados por mans miúdas e todo a amor do mundo para o deleite de paldares expertos.

Entrade, entrade,... estades convidados!

https://drive.google.com/file/d/1Nj

_CRgmwo5PDC00e3wIPTGp9RDe0W4xC/view?usp=sharing

Se o outono nos deu tanto, que nos traerá o inverno?. En nada o descobriremos.

Grazas e todas e todos pola vosa grande participación, e pedimos disculpas por se algo do que enviástedes quedou sen recoller. 

 

 

 

 

COÑECES AO APALPADOR?

CALENDARIO ESTIÑO

HAI ALGO MÁIS ABURRIDO QUE SER UNHA PRINCESA ROSA?

Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? Trampantojo: Amazon.es:  Díaz Reguera, Raquel, Díaz Reguera, Raquel: Libros

Autora: Raquel Díaz Reguera

Thule edicións, 2010

 Carlota é unha princesa que está farta da súa realidade de princesas rosas, rás que se converten en príncipes azuis.

Pensa nunha realidade completamente distinta onde non teña que pasar polO desagradable trance de bicar unha rá para conseguir o amor da súa vida. Carlota, inconformista, quere vivir outras aventura, cazar dragóns, voar en globo, navegar na procura de piratas...

Mil aventuras cun toque de humor que nos permiten saír dos estereotipos, falar da igualdade entre sexos e evitar calquera etiqueta.

Nenos e nenas da clases de 6º de EI, imaxinaron cómo lle gustaría ir vestida a Carlota para disfrutar das mil e unha aventuras lonxe do castelo e do estanque das rás a bicar.

 

25 DE NOVEMBRO, MANS UNIDAS CONTRA A VIOLENCIA

MANS GRANDES, MANS MEDIANAS, MANS PEQUENAS UNIDAS FRONTE Á VIOLENCIA DE XENERO. ESTAS MANS ENCHEN A BIBLIOTECA E POÑEN OS LIBROS A DICIR, NON!!, NON MÁIS DANO, NON MÁIS INSULTOS, NON MÁIS MALTRATO. 

NO CANTO DE TODO ISTO ESTAS MANS QUEREN ACARIÑAR, BICAR, FACER CÓXEGAS,... DAR ALOUMIÑOS. 

CÓMO RESISTIRSE A ISTO? NO LO DIN BEN CRARIÑO OS NENOS E NENAS, QUE ALGO SABEN DE DAR AMOR SEN PEDIR NADA A CAMBIO. 

MANS UNIDAS FRONTE A TODO, QUE NON SE SOLTEN NUNCA, EA.

 

25 DE NOVEMBRO, MANS UNIDAS CONTRA A VIOLENCIA

https://youtu.be/YNeyVMks9Tk

 

SER NENO, SER NENA

 

Desde que no 1989, 192 países se comprometeran na Convención sobre os Dereitos do Neno, a infancia está considerada como un suxeito de pleno dereito: nenos e nenas son cidadáns de seu con dereitos, e non só como un obxecto de protección.

Mais aínda, no ano 2020, queda moito por facer. En ocasións a alguén se lle esquece que nos ten que coidar, protexer, porque somos o futuro do mundo pero tamén, o presente, o agora. E así o berramos ben alto cada 20 de novembro, día no que celebramos en todo o mundo o Día Universal do Neno.

Escritos e ratificados polo mundo están os nosos dereitos pero non sempre están garantidos por iso se oe esa voz que atravesa as pedras das nosas aulas:

NACEMOS LIBRES, NACEMOS IGUAIS

TEMOS DEREITOS UNIVERSAIS

A ver ser se así se nos escoita e nin un só neno no mundo, nin unha soa nena no universo, queda sen educación, alimento, mimos ou agarimo.

 NACEMOS LIBRES, NACEMOS IGUAIS

TEMOS DEREITOS UNIVERSAIS

... Unha vez máis por se non se escoitou o suficiente.

 

Creación baseada na letra da canción "los lunnis la canción de los derechos"

Autores da canción: Elisenda Guiu Pont / Andrés Server Muntaner / Elena Sara Carbonero / Gautama Del Campo

 

 

FORA DE AQUÍ MONSTRUO VERDE!!

A semana dos medos non quedou só na biblioteca. As aulas tamén se enfrontaron e el. Así nas clases de 5 anos foron descubrindo ao longo das páxinas do libro FORA DE AQUÍ HORRIBLE MONSTRUO VERDE de Ed Emberly, (Primeras Travesías), uns dentes brancos e afiados, unha boca vermella, un longo nariz azul, unhas greñas de punta de cor púrpura... OGGGG, UN HORRIBLE MONSTRUO de cor verde resultou ser!!!

Mais os nenos e nenas valentes e gallardos cun "NON NOS ASUSTAS" botaron o medo e ao mostruo fóra.

Tanto é así que ata se atreveron a reproducilo, mira ti que medo lles deu,... Ningún!!.

O mesmo que as pantasmas de 3º... Medos neste cole? Para nada. Estes nenos e nenas están dispostos a comerse ao mundo e a quen faga falta! Quen dixo medo?

SAMAÍN NA BIBLIOTECA DO COLE

 

 

 Durante a celebración do Samaín a nosa biblioteca encheuse de personaxes tenebrosos para poñernos en situación e experimentar esta festa tan nosa.

Un esqueleto dávos a benvida coa bola do mundo onde penduran estes personaxes de medo relacionados coas distintas culturas polo mundo adiante.

Distintos lugares, diferentes personaxes, un mesmo fin: Amendrentar, pór en alerta, sacar o medo a pasear para protexernos e estar atentos ante o descoñecido.

Samaín ou como lle din nos países anglofalantes, Halloween, é o momento onde as meigas, a Santa Compaña e o conxuro coa auga ardente para espantar aos espíritus na nosa galicia, saen en procesión xunto á Meiga do Oeste en Kansas, á Catrina de México, á calavera de Piratas no Caribe, ao Diaño en Tasmania, ao Frankenstein na Suíza, ao Xorobado de Notre Dam en París, ao Drácula en Transilvania, a Familia Adams en Nova York, as momias en Exipto 

Nas fotos pódese ver a presentación do Samaín acompañados de obxectos relacionados co tema.

No segundo panel a representación de varias Comunidades Autónomas acompañadas do correspondente personaxe típico da tipoloxía do medo.

Ata o libros saíron dos seus estantes para disfrazarse e dar medo: Pantasma, Meiga, Diaños, Cabaza.

Un HORROR DE TOMO E LOMO!!

 

 

CONTOS TERRORÍFICOS

 Ola a todos e todas!!!

Que tal quedástedes da festa do Samaín? Nesta terrorífica semana as aulas enchéronse de seres monstruosos, personaxes que dan medo. Polo mundo adiante andan vagando para meternos o medo no corpo pero non o dan conseguido.

Valentes como sodes, atrevédesvos a ler estes terroríficos contos escritos e moi ben imaxinados polas mentes privilexiadas de nenos e nenas de 3º de primaria.

UAHHH! UAHHH!, AQUÍ VOS AGARDO...UAHHHH!! 

SAMAÍN NO SAGRADO

Chegou o 31 de outubro, a noite escura que, grazas a lúa chea que haberá, non o será tanto.

Demos a benvida a unha das noites más tradicionais da Galicia ancestral: A noite de Samaín. De acordo coa cultura dos nosos ancestros, a noite que indica o fin do verán, iso é o que significa a palabra SAMAÍN.

Entramos na noite máxica na que, según contan as lendas, é máis fácil transitar entre os dous mundos, o dos vivos e o dos mortos

Noite de cabazas cal caveiras que dan medo, iluminadas con candeas para alonxar aos malos espíritus.  

GRAZAS, GRAZAS por axudarnos a recrear a tradición e permitirnos entrar nas vosas casas cheas de caveiras terroríficas, Grazas por amosarnos tanta destreza,  creatividade e orixinalidade.

Poderedes ver o resultado no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1N7qFapHXC3p9rDkNdN-vUUlzbykvlwgY/view?usp=sharing 

 

 

 

 

 

 

 

24 de Outubro. DÍA DAS BIBLIOTECAS: SEMPRE AO TEU CARÓN

Así é, as bibliotecas que acollen os libros con todo o seu mimo, sempre van estar cando as necesitamos. Nelas poderemos atopar libros de toda clase: libros para evadirnos, para descubrir novas aventuras, novos mundos e novas realidades, libros para investigar, para estudiar, para rir e, ás veces, mesmo chorar, libros para sacar os nosos medos agochados... libros para o que cada un, unha queira.

Que mellor forma que a traverso dun libro para abordar eses medos que se nos meten no corpo e non nos deixan tranquilos/as. Non pensas o mesmo?

Para agasallar á nosa biblioteca no seu día aquí vos deixamos este enlace con algúns títulos que hai na biblioteca e que non fan poñer os pelos de punta e nos dan arrepíos. Atréveste a abrilo? Que o medo non cho impida!!

https://drive.google.com/file/

d/1CwOG0JV7G8a0CCLfIJWBk6BxtWhJoHoF/view?usp=sharing

 

 

BENVIDOS AO CURSO 2020/2021

BENVIDAS NENOS, NENAS E FAMILIAS, PROFESORADO DESTE CENTRO

Iniciamos un novo curso, un curso ben distinto polas medidas que temos que adoptar todos e todas polo ben da nosa saúde. Todo está a marchar de maravilla, nenos e nenas están sendo uns exemplos de actuación, aguantando máscaras, medidas de hixiene, e gozando en espazos limitados para o xogo, pero como ben sabedes, de nenos e nenas é ser feliz con calquera cousa. Esa é a súa virtude e a súa sorte.

Este blogue vai ser a canle prinicpal para comunicarnos de todo canto se faga desde a biblioteca e a dinamización da lingua galega. Estade atentos porque haberá moitas sorpresas a pesar de toda esta situación. Pedímosvos a colaboración no que poidades, porque non podemos facer moitas cousas se non é a través deste recurso que temos. Moitas grazas, Aquí vos agardamos.

Aló imos!!

FIN DE CURSO

Despois  dun curso no que tivemos que pasar por unha situación das máis raras e complexas nas nosas vidas,  e como non, nas nosas escolas, so nos queda felicitarvos porque estivestes á altura e superastes un importante reto, non exento de esforzo.

 O equipo  da Biblioteca queremos dar as grazas  a todo o alumnado, profesorado e familias pola vosa colaboración . O ensino non se entendería sen todas as vosas achegas.

Agora toca un merecido  descanso no que non esquezades acompañarvos dunha boa lectura que fará voar a vosa imaxinación.

Boa lectura e bo verán.

 

O PAPAGAIO

Aquí vos deixo o xornal O Papagaio do mes de xuño.

 Pincha no enlace para ver:

https://www.flipsnack.com/edicionsmoitoconto/o-papagaio-9-xu-o.html

AMIGOS DO PLANETA

Neste día, 5 de Xuño, Día Internacional do Medio Ambiente, achegámosvos algúns dos  traballos que fixestes para o Proxecto Interdisciplinar da Biblioteca:  AMIGOS DO PLANETA.

Nenos e nenas de 4 anos.

 

Alumnado de quinto de Primaria.


Alumnado de 6º B


Videos e Xogos

 

Alumnado de Terceiro A

 

Alumnado de Terceiro B

Tocamos as latas polo Medioambiente.

Pincha no enlace:

https://drive.google.com/drive/folders/

1d5Xe_2F-hbgmAT_Xn8tpDDJuEgBKCIP-?usp=sharing

 

Earth Day Plástica 5º 6º

 


5 DE XUÑO DÍA INTERNACIONAL DO MEDIOAMBIENTE

Que estamos a facer cada un de nós polo Medioambiente?

Algunhas ideas para reflexionar: Eco-Ideas de Adega. Pincha no seguinte enlace:

https://euficonacasa.adega.gal/

 

Libros para traballar o respecto ao medio ambiente. (Pincha na seguinte dirección):

https://www.educaciontrespuntocero.

com/libros/libros-medioambiente/

 

 Podes participar no Eco Retos para saber se axudas a coidar o Medioambiente.


Marca no calendario o día que consigas o teu reto. Se colocas todas as bandeiras serás un...
 ECO-RESPONSABLE

TraTre

VIDEOCUENTO CAROLA MASCARILLA

"Carola Mascarilla" conto escrito por Ángeles González Sinde sobre unha nena perplexa con tan "incómodo complemento".

 

DÍA EUROPEO DE REDE NATURA 2000

Cada 21 de Maio celébrase o Día Europeo de Rede Natura 2000.

Trátase dunha ocasión para que a sociedade teña máis coñecemento sobre os Espazos Naturais Protexidos que se inclúen nela e contribúa á súa conservación. Esta conmemoración celébrase baixo o lema:

 "O simple  aleteo dunha bolboreta pode cambiar o mundo"
 
A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos protexidos que se declararon para conservar determinadas especies e hábitats que viven neles. En total son máis de 27.000 en toda Europa!

CALES SON OS VALORES QUE CONVERTEN UN ESPAZO EN REDE NATURA 2000?
A protección destes espazos pretende garantir a supervivencia a longo prazo das especies e hábitats europeos máis valiosos e ameazados.

PERO QUE TEN DE ESPECIAL?
Ademais das numerosas especies de animais, plantas e hábitats que protexe como o aguia imperial ibérica, o oso pardo, o lince ibérico, o  quebrantahuesos, o visón europeo; a cegoña negra, o abeto ou o haxa; a Rede Natura 2000 é o resultado da interacción cultural e histórica entre home e natureza.

Non son só santuarios de natureza, neles realízanse actividades como a agricultura, a gandería, a caza ou o turismo, que garanten a conservación dos valores polos que se declararon espazos Rede Natura 2000.

Na actualidade está formada por máis de 27.000 espazos de alto valor ecolóxico en toda Europa, constituíndo a máis ampla e ambiciosa rede de Espazos Naturais Protexidos do mundo!.

A rede galega de espazos naturais protexidos representa máis do 12% da superficie total de Galicia.
 
Compartimos ademais un conto cedido pola autora Olga de Dios que nos fará reflexionar na necesidade de colaborar para manter a nosa natureza limpa, así como outro conto sobre animais en perigo que nos proporciona a editorial Anaya.
 


 
Cuentos cortos de animales en peligro de Jordi Sierra i Fabra.
Pincha no enlace:

AS NOSAS LETRAS 2020

 MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA DENDE O CEIP SAGRADO CORAZÓN.

 OS MAIOS DO CONFINAMENTO 2º E 3º B

 Este ano os nenos de segundo e terceiro B celebraron os Maios no confinamento  e fixéronno dun xeito moi especial. Quixemos exaltar o valor da nosa cultura galega e poñer en enfáse as nosas festas populares, que a día de hoxe tanto botamos de menos.

 Entre algunhas das actividades que levaron a cabo está a creación dunha copla. 
 Cada un deles creou uns versos  e o gran traballo conxunto que fixeron  deron como resultado estas cinco coplas:

1. O maio enxeñoso
2. O Maio desmaiado
3. O Maio confinado
4. Dichoso coronavirus
5. A flor de Maio

Nelas cantan á primavera e critican a situación que o coronavirus desencadenou, cun toque de humor, parodia, enxeño e cun gran gusto poético.

Desfrutádeas!

Dende aquí agradecer de novo a súa particpación. Sodes uns xenios!

 Os Maios Do Confinamento 2º E 3º B


 

 

 

AUDIOPOEMAS 3º B CARVALHO CALERO

Pincha no enlace para ecoitar os audios.

https://drive.google.com/drive/folders/

1WuTvEqvsKz5cEkt9QRuvjpKJJkVaHvp9?usp=sharing

 

OS MAIOS DE CUARTO

 

 

 

MAIO DE IRIA E VIDEO

 https://drive.google.com/file/d/1mxSdJ9k38Es6jr4HH6-PEQzVJQsKeM-v/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1F_

kPgJzmzo81ZhZO7gPgTF4GvngVRLdg/view?usp=sharing

MAIO DE MARTÍN

https://drive.google.com/file/d/

1spggWV0ijnXu03tcSME75UReZnJDnYa9/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/

1HVi85rb1JA5WwREwOIdcPAqNjelZRbqV/view?usp=sharing

 

 BIOGRAFÍA E ACRÓSTICOS CARVALHO CALERO. 6º A

 


BIOGRAFÍA E ACRÓSTICOS. CARVALHO CALERO. 6º B

 


VIDEO XERRAS LITERARIAS 5º
Eres quen de adiviñar o conto que se esconde en cada xerra?


Fai clik no enlace para ver o video.
 
VIDEO LETRAS GALEGAS 3º A
 
 

RECURSOS PARA AS LETRAS 2

 SAUDOS DOS NOSOS ESCRITORES

 https://youtu.be/b2e3OApT5xg

 

VIDEO-CANCIÓN

 https://youtu.be/AkEx4ejQS5I

 

Esta semana das Letras Galegas a raposa Fedella tráenos unha ficha didáctica do homenaxeado Ricardo Carvalho Calero.

 

Fedella Carvalho


MÚSICA: JOSÉ LUIS FERNÁNDEZ CARNICERO
 
 Uxía canta " A fala" como homenaxe a nosa lingua no
 

HEROES MOVIE

Para eses pequenos heroes e grandes persoas que están combatindo o virus, con cariño dos profes Miguel e Begoña.

Porque pronto poidamos encher de novo o noso colexio cos vosos debuxos e murais. Botámosvos de menos!

https://youtu.be/03jOs79Q9EM

OS NOSOS CIENTÍFICOS

Os nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro están feitos uns científic@s e quixéronnos agasallar coas súas creacións co experimento A AUGA QUE CAMIÑA.

Que o Arco da Vella que nos acompaña estes días, non deixe nunca de brillar! Ánimo!

https://youtu.be/-uDsf451gU0 

 

 

PROPOSTAS DOS DISTINTOS CURSOS PARA AS LETRAS GALEGAS

EDUCACIÓN INFANTIL

Ás propostas de actividades para traballar o día das Letras Galegas están a biografía de Ricardo Carballo en pictogramas, a ficha de ordenar a secuencia do nacemento do pito e a ficha do crebacabezas da pita que están colgadas no Seminario Galán. Un saúdo e coidarse.PRIMEIRO

O próximo 17 de maio vamos a celebrar o día das Letras Galegas. Este ano, o autor homenaxeado é Ricardo Carballo Calero. Para que coñezades e traballedes un pouquiño este autor, mandámosvos un pequeño caderno e 6 fichas de plástica. Este traballo é para repartir entre esta semana e a próxima. Cando o rematedes, podedes xuntalo todo, grapalo e facerlle unha portada bonita e decorada.

http://seminariogalan.org/2020/ACT_1_ED_PRIMARIA.pdf

http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/2020-COLOREAR.p

SEGUNDO

OS MAIOS CONFINADOS

Ola rapaces e rapazas!

Estase achegando o Día Das letras Galegas, como ben sabedes é un día no que poñemos en valor a cultura galega e homenaxeamos a un escritor ou escritora. Este ano non vai ser menos e por iso, deseñamos esta actividade, porque aínda que esteamos nas nosas casas vamos a festexar!

Antes de explicala necesitamos saber un pouquiño de historia.

• Sabedes o que son os Maios?

Os Maios son unha festa popular galega na que se festexa a chegada da primavera. Esta festa celébrase dende as civilizacións prerromanas e consiste no seguinte: constrúense figuras tradicionais inspiradas nas árbores, con formas variadas e adórnanse con follas, flores e froitos.

Na súa construción empréganse estruturas de madeira que se van recubrindo con estes adornos.

1º parte da actividade ( Educación Plástica)

Retámosvos a que construades un maio con cousas que teñades pola casa: as árbores de Nadal, cadeiras de madeira cubertas cunha sabana, materiais reciclados como tapóns, flores de papel, mandalas, debuxos, botóns, retais, peluches…Non queremos que merquedes nada, pero si que empreguedes todo o voso enxeño.

Recordade: o Maio ten que ter unha estrutura como soporte e neste caso, ten que

representar a figura dunha árbore. Aquí van dúas ideas.

Unha vez que teñades a vosa creación enviádenola, estamos desexando vela!

• En que consiste a celebración do Maio?

Esta festa celébrase ao redor do 1 de maio e na súa celebración fanse representacións,

bailes e cantos ao redor dos Maios.

Como este ano non a podemos celebrar o que vamos a facer é crear entre todos unha

copla para o Dia das Letras Galegas. As coplas son unha parte moi

importante dos Maios, nelas por medio dun poema critícanse situacións do momento,

costumes das persoas, cóntanse anécdotas, etc. Pero sempre con respecto e cun ton de

graza para animar á xente. Aquí temos un exemplo dunha copla que crearon un ano nun

cole de primaria:

Os nenos máis maiores

os vimos a cantar

e se nos aplaudides

podemos ata bailar

Xa en todos os lados

acabaron as seleccións

Caballero o de Psoe

arrasou mogollón

Este ano de excursión

a o Grobe debemos ir

o pasaremos en grande

e non quereremos vir

Non queremos máis exames

nos arruína toda a tarde

non podemos ir a praia

nin quedar por as tardes

Vigo,Cangas e Moaña

teñen un monton piscis

hai que pensar en Domaio

e esquecerse doutros lados

Ao día de hoxe

os turistas fliparan

con o pobo de Domaio

que e mellor cada vez máis

As festas de Domaio

ten que ser as máis brillantes

se non vamos protestar

ata ser alucinantes

Os paseos de Domaio

hai que reformalos xa

menos perdidas de tempo

e de mediato traballar

En Domaio no hai nada

nin un pobrecillo cine

so un parque no entrete

exiximos algo diver

2º parte da actividade

Pois ben, aproveitando esta situación que temos que mellor que crear unha copla. Cada un de vos ten que inventar 4 versos e logo xa nos encargamos nós de xuntalos todos. Veredes que ben queda!

Aquí vai a que inventamos nós:

Este ano o maio,

quedouse sen festa

pois o coronavirus

deixounos tras da fiestra

TERCEIRO B

Recitado dun poema de Ricardo Carvalho Calero que gravarán en audio.

Lectura de información sobre o autor que os nen@s investigaron previamente e que posteriormente gravarán en audios.

Realización dun cartaz turístico de Lugo.

TERCEIRO A

•En C. Sociales, el día 17 de mayo , como ya sabéis es el Día das Letras Galegas, vamos a trabajar un poco sobre nuestra Comunidad Autónoma y en Língua Galega ,aprovecharemos para conocer la vida y la obra del escritor al que se le rinde homenaje este año: Ricardo Carvalho Calero.

•Língua Galega

Nesta url : http://primaveradasletras.gal, atoparedes información do escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Hai varios apartados que podedes visitar: inicio, descargables , interactivos...

A proposta é :

•1º.- Consultando nesa dirección facer unha breve biografía deste escritor: vida e obra. Non ten que ser moi extensa , procurade poñer a información mais destacada .

•2º.- Dunha das súas obras “As pitas baixo a chuvia” que tamén atoparedes ali, gustaríame que fixerades nun folio, cartulina...a portada deste libro.

Nela debedes incluir: Título (con letras artísticas), autor, ilustrador da portada (neste caso o voso nome completo) e un debuxo ou traballo plástico para ilustralo (pinturas ,collage, distintos materiais...)

Veña que é doado¡¡¡ Logo mandádeme unha foto desta portada.

CUARTO

GALEGO E PLÁSTICA OS MAIOS Cando as últimas chuvias de abril desaparecen e chegan os primeiros raios do sol, a natureza estanos dando un sinal: comeza o novo ciclo natural, e iso para un pobo labrego coma o noso é un motivo de celebración. Así comezou hai miles de anos a festa dos maios en Galicia.(Este é un enlace a un programa da TVG que nos mostra os maios de Ourense) Os maios son construcións humanas vexetais que honran a chegada da primavera e da fertilidade. En Galicia a festa dos maios permanece dunha forma máis viva en Ourense, onde se mantén grazas a un concurso establecido en 1917. Dende aquela a festa dos Maios seguiu viva premiando os maios máis fermosos, os que mellor honran o froito da natureza. As celebracións dos maios ían case sempre acompañadas de cantigas que facían referencia á chegada do mes de maio, o bo tempo, os froitos e flores... Por outra banda, había outro tipo de coplas que criticaban con humor todos os acontecementos da vida do pobo. Moitas destas cantigas acompañábanse de danzas con paus, fitas ou arcos. A idea de hoxe é seguir mantendo viva a tradición dos maios a través da memoria dos maiores. Aproveitade se convivides con avós ou bisavós para preguntarlles se lembran esta festa e como se celebraba cando eles eran pequenos.

Propoñémosvos traballar os maios desde dúas asignaturas: Galego e Plástica. GALEGO Aquí tedes exemplos dalgunhas cantigas, das que non se sabe o autor porque son coplas populares que cada ano compoñen os participantes na festa. O MAIO

“Levántate maio

que tanto durmiches,

xa pasou o inverno

e non o sentiches”.

“Ehí ven o maio

pola calle Falcón,

ehí ven o maio

comendo pan e lacón”.

“¿Vístelo maio?

¿vístelo ben?

Se non o vistes

velo eiquí ven”.

“Este mes de maio

é o mes das flores

cando os paxariños

ven ós seus amores”.

“Chegou xa o maio

cantando ós amores,

namorando ás nenas,

vestidas de flores”.

Lembramos o que traballamos no tema 7:

Agora contesta a estas preguntas:

 Cantos versos ten o poema “O MAIO”?

_____________________________________________________________________

 Cantas estrofas ten? Cantos versos ten cada estrofa?

____________________________________________________________________

 Fíxate na primeira estrofa, que versos riman?

_____________________________________________________________________

 Como é a rima?

____________________________________________________________________

 Agora tócache crear una estrofa a ti. Ten en conta o que acabas de poñer nas cuestións anteriores e lembra que podes falar da chegada do mes de maio e das flores; e tamén de acontecementos que estamos vivindo. Por exemplo:

Neste 2020

estamos a vivir

todos confinados

por mor do Covid.

______________________________________

______________________________________

______________________________________

______________________________________

Gustaríanos que nos enviárades as vosas estrofas por mensaxe de Espazo Abalar, así poderíamos formar “Os Maios de 4º” para colgar no blog.(Non é obrigatorio)

Se queredes podedes cantar o maio con “Habelas Hainas”, neste enlace:

https://youtu.be/EFA_M5WXcoA

Aquí tedes a letra:

PLÁSTICA Deixámosvos tamén uns vídeos de como facer un maio con material de refugallo e outro da maneira tradicional adaptado ao confinamento. Ou facede a vosa creación particular. Animádevos a facer o voso en familia!

https://youtu.be/n8MsG4lP4K4 (MAIO CON MATERIAL DE REFUGALLO)

https://youtu.be/bEq9jTSO2Bw (MAIO NATURAL) Podedes mandar fotografías de como vos quedaron, para colgar no blog, a esta dirección de correo electrónico: blogsagrado@gmail.com

QUINTO

Podes sacar dun conto a súa esencia?

Aproveitando o Día das Letras Galegas, propoñémosvos conseguir XERRAS LITERARIAS para crear unha incríble exposición de esencias virtual!!!

ANÍMATE E CREA A TÚA!!

Pensa nun libro ou conto en galego que che gustaría meter nunha xerra

Resume TANTO, TANTO a historia que quedes con 3 ou 4 cousas que a representen.

Consigue (obxectos, fotos…) ou crea eses 3 ou 4 mini elementos.

Méteos nun bote transparente e decora.

SERÁS QUEN DE ADIVIÑAR OS CONTOS QUE ESCONDEN TODAS AS XERRAS?

ADIVIÑARÁN O TEU?

SEXTO

LETRAS GALEGAS 2020

Nesta semana aproveitamos as clases de Lingua Galega para traballar sobre a conmemoración das Letras Galegas (17 de maio).

Este ano adícase o día das Letras Galegas ao escritor Ricardo Carvalho Calero. A continuación tedes uns enlaces onde podedes buscar información sobre a súa vida,e tamén tedes a posibilidade de aprender cousas sobre este homenaxeado cun xogo interactivo e actividades online.

https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo (xogo interactivo)

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanpedrovisma/node/1818 (video biografía)

http://seminariogalan.org/ (actividades online e descargables)

https://youtu.be/nwhKFNhemxY (vídeo biografía)

TAREFAS

1- Facer unha biografía nun folio,recolleredes os aspectos máis importantes da súa vida,nese mesmo folio facedes unha caricatura do escritor.(Boa presentación, boa letra ,en galego ,con bolígrafo borrable,por unha soa cara).

2- Facer a tarefa de crear versos acrósticos con títulos de poemas de Ricardo Carvalho Calero.(Boa letra e curioso).A continuación póñovos un exemplo.*

Estas dúas tarefas tedes que envialas ao correo da vosa correspondente titora o venres 15 de maio.

Non vos olvidedes de poñer o voso nome , apelidos e curso.

CREACIÓNS ARTÍSTICAS

Os nenos e nenas de segundo seguen empregando o seu enxeño e creando na casa. Aquí vos ensinamos os virus e animais que deseñaron empregando materiais reciclados, cartón e papel de xornal. Graciñas de novo rapaces e rapazas, sodes uns artistas!.

Fai clik no seguinte enlace para visualizar o video:

https://youtu.be/5edtGGqSqHg

RECURSOS LETRAS GALEGAS

 

 

 Nestes Genially atoparedes recursos para investigar sobre o autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero.

  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

RECURSOS DE NOVA ESCOLA GALEGA

Algúns recursos na rede para o período de confinamento. Pincha no enlace para acceder e logo na imaxe que desexes.

http://www.neg.gal/almacen/documentos/

RECURSOS_CONFINAMENTO_ALTA.pdf

 

Distribuir contido