En febreiro recibimos a visita no centro ao CLUB PETANCA LUGO, fundado no ano 2017 e que xoga nas instalacións do "Parque da Milagrosa". Viñeron a explicarnos este xogo tradicional a todo o alumnado de primaria que o pasou moi ben xogando.
Queremos destacar a presencia de José Manuel Ramil "Furilla", unha persona que é exemplo de superación despois dun grave accidente e que conseguiu un bronce no campeonato nacional de 2023; aparecendo na revista LUGO DEPORTE (artigo na páxina 49). Tamén dar as grazas de xeito especial a Ilduara, presidenta do club, pola colaboración e a súa disposición con nós e veu acompañada dos seus fillos que van camiño de acadar grandes metas neste xogo tradicional.