Contacontos. Ana Meilán

Etiquetas :

     Hoxe recibimos a visita na nosa biblioteca da escritora lucense ANA MEILÁN, autora de libros infantís onde conta moitas historias fermosas.

    O alumnado de Infantil gozou moito co seu conto "QUEN VEN ESTA NOITE", una peculiar historia sobre o famoso ratiño Pérez.

     Os rapaces de 1º e 2º de primaria, pola súa banda, escoitaron “UN UNIVERSO NA TÚA MALETA”, quen non desexou viaxar a diferentes lugares?

     Despois, 2º ciclo escoitou “XERTRUDIS”, unha peculiar bruxa e a súa vasoira.

     Ademais colaborou coa nosa radio nunha magnífica entrevista, levada a cabo polos nosos reporteiros. Moitas grazas Ana!

                         

                         


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design