Entroido 2024

Etiquetas :

     Chegou o Entroido 2024 e no centro coñecemos á “PITA DE EIROÁS”, personaxe do entroido do barrio da capital ourensá do mesmo nome. Unha historia que parte dunha singular voda que converteu á pita no noso meco da semana, dando as ordes para todo o alumnado e profesorado do centro.

     O día rematou cunha sesión de festa no patio do centro, con música e baile para o goce do alumnado que ensinaba os seus disfraces.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design