2011/2012

PROGRAMA PRENSA NA ESCOLA

O pasado martes día 08 de maio, todos os alumn@s de E.Primaria do colexio asistiron a unha charla na Aula de Informática do centro, impartida polo xornalista:


            Carlos Cortés de A Voz de Galicia


Esta actividade está incluída dentro do Programa :


  PRENSA NA ESCOLA                                                                           


que levamos desenvolvendo cos rapaces dende o mes de outubro.´


Á primeira sesión asistiron os nen@s do 1º Ciclo.


       


 E á segunda sesión, os nen@s do 2º e 3º Ciclos.


      


 


Para ver as fotos destas dúas sesións, picade aquí.

MENÚ MAIO

Para ver o menú do mes de maio, picade aquí.            

DÍA DO LIBRO

 O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola CONFERENCIA XERAL DA UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores e deste xeito, animar a todos, e en particular aos máis novos a descubrir o pracer da lectura e a respectar a contribución dos creadores ao mundo cultural.


                      


                         


 O pasado día 23 outorgouse o prestixioso PREMIO CERVANTES ( o galardón máis importante das letras en español ). Este ano recaeu no escritor chileno :


 




             NICANOR  PARRA




Sabede que este ano, a Capital Mundial do Libro é :


                       EREVÁN ( Armenia )


O día 25 pola mañá todos os nenos e nenas de E.Primaria realizaron xunto ás súas profes outra actividade para conmemorar esta data.


Na biblioteca do cole desfrutaron dunha presentación sobre " El Quijote " despois de haberen lido algúns dos capítulos desta obra. 


                   


Interesante posta en común da obra e vida de Cervantes, cada grupo ao seu nivel. Para ver as fotos desta sesión, podedes picar aquí.


 


         

VISITA Ó PAZO DE TOR E SESIÓN DE CINE

O venres,20 de abril, todos os ne@s do colexio xunto ás profes : Sara,Verónica,Naty,Mónica,Uxía e Ángeles, fixemos a nosa primeira saída do 3º trimestre, para visitar o PAZO DE TOR, no concello de Monforte de Lemos e logo asistir a unha sesión de cine, na que puidemos desfrutar da película " RÍO".




Moi interesante todo o que vimos no pazo así coma todo o que nos contaron del.


Para rematar a mañá, unha divertida película nos Multicines de Monforte e volta para o colexio, a xantar   .


Pasámolo xenial. Se queredes ver as fotos desta saída, picade aquí.

NANOCONTOS

O pasado venres día 13 de abril, os nenos e nenas de E.Infantil do colexio xunto ao nenos do PAI de Bóveda, asistiron xuntos no Centro Multiusos do Concello a unha sesión de contacontos ofrecida por Raquel Queizás  " NANOCONTOS " co gallo da celebración do mes do libro.                                                 


         


Esta actividade  incluída dentro do PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA " Letras Vivas 2012 " estivo subvencionada pola Consellería de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria.


Para ver as fotos desta sesión, picade aquí.

DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI

Neste concurso participa todo o alumnado de E.Primaria. Está organizado polo COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA.


                        SORTE A TOD@S  ¡¡¡


                                                

MENÚ ABRIL

Para ver o menú do mes de abril, picade aquí.    

CONVIVENCIA DEPORTIVA CO CEIP DE PUEBLA DE BROLLÓN

O pasado venres día 30 de marzo, todos os nen@s do colexio xunto coas profes Sara,Verónica,Naty,Mónica e Ángeles fomos pasar unha xornada de convivencia deportiva cos nosos compañeir@s do CEIP de Puebla de Brollón.



Pero que ben nos tratan sempre... Ata nos recibiron e despediron con música.                


Día emocionante e moi caloroso.


Se queredes ver as fotos, picade aquí.

SAÍDA AO ENTORNO DE E.PRIMARIA

O pasado xoves 29 de marzo, pola tarde,os alumn@s de E.Primaria coas profes Verónica,Sara e Ángeles,fixemos a nosa saída ao entorno máis próximo,programada para o segundo trimestre.




   




Os rapaces do 2º e 3º ciclos,levaron a cabo un simulacro por grupos tratando distintas discapacidades,mentres que os do 1ºciclo adicáronse a recoller materiais para traballar a unidade didáctica da primavera.


Para ver as fotos desta saída,picade aquí.


 


                 

BAILE DEPORTIVO

Non imaxinades o ben que o pasaron os nenos e nenas de E.Primaria o pasado xoves 29 de marzo pola mañá, participando nunha sesión de BAILE DEPORTIVO, actividade ofertada pola Exma.Deputación de Lugo.                      


Primeiro unha sesión de vídeo e logo,xa no ximnasio,a bailar..pasodoble,rock e salsa foron algúns dos bailes que practicaron.        


       


Para ver as fotos desta actividade, picade aquí.

Distribuir contido