CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
2011/2012
DÍA MUNDIAL DA AUGA
Enviado por Anónimo o Ven, 23/03/2012 - 21:58O pasado xoves, día 22 de marzo, conmemorouse o
DÍA MUNDIAL DA AUGA
Todos os nen@s de E.Primaria do colexio, leron o libro Dona Pinga e Don Carballo por xentileza da Exma.Deputación de Lugo e logo, as 12 h do mediodía, saímos todos xuntos ó patio para plantar un carballo.
Divertido o nome que saiu elixido. Xa está bautizado o noso carballo co nome de:
PEPE
Para ver as fotos desta actividade, picade aquí.
SEMANA DA PRENSA
Enviado por Anónimo o Ven, 23/03/2012 - 21:45Entre o 12 e o 16 de marzo, traballamos no colexio con xornais para conmemorar a
SEMANA da PRENSA
Os alumnos e alumnas do 1º e 2º ciclos xunto ás súas titoras Sara e Verónica,fixeron varios traballos que poderedes ver picando aquí.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Enviado por Anónimo o Lun, 19/03/2012 - 14:25Mural realizado por Sofía e Rocío ( alumnas de 6º de E.P. )
IGUALDADE E CONVIVENCIA
Enviado por Anónimo o Ven, 09/03/2012 - 13:35Menuda tarde pasaron os nenos e nenas do colexio o pasado venres 9 de marzo, na Casa de Cultura de Bóveda, asistindo a unha actividade ofertada polo Concello a través da Biblioteca Municipal.
Sesión a cargo de EDUVÍA. Tres contos con sabor a igualdade e convivencia para conmemorar o Día da Muller Traballadora.
Para ver as fotos da sesión, picade aquí.
MENÚ MARZO
Enviado por Anónimo o Ven, 02/03/2012 - 11:29Para ver o menú do mes de marzo, picade aquí.
ENTROIDO 2012
Enviado por Anónimo o Sáb, 18/02/2012 - 17:16Por fin chegou o Entroido ao colexio de Bóveda ¡
Moi ben o pasaron todos os nenos e nenas disfrazados, a tarde do pasado venres día 17 de febreiro.
Vaqueiros,cabaleiros, princesas,superheroes, piratas...ata un bombeiro había por se facían falla os seus servicios á hora de queimar os compadres e as comadres.
Logo, coma sempre, chocolate quentiño e larpeira para tod@s.
Se queredes ver as fotos dos adornos, picade aquí.
Para ver algunhas fotos da festa, picade aquí.
O noso agradecemento para as mamás que viñeron a axudar.
30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Enviado por Anónimo o Mar, 31/01/2012 - 17:50Ollade que murais máis fermosos fixeron os nenos e nenas do colexio para conmemorar o DÍA DA PAZ.
Para ollar outros traballos, picade aquí.
CONCURSO DE POSTAIS
Enviado por Anónimo o Mér, 21/12/2011 - 20:29Este ano os gañadores do concurso de postais foron :
E.Infantil - Gabriel
1º Ciclo - Nerea
2º Ciclo - David
3º Ciclo - Rocío
NORABOA A TOD@S
MENÚ XANEIRO
Enviado por Anónimo o Mér, 21/12/2011 - 16:13Para ver o menú do mes de xaneiro, picade aquí.