VISITA Ó PAZO DE TOR E SESIÓN DE CINE

O venres,20 de abril, todos os ne@s do colexio xunto ás profes : Sara,Verónica,Naty,Mónica,Uxía e Ángeles, fixemos a nosa primeira saída do 3º trimestre, para visitar o PAZO DE TOR, no concello de Monforte de Lemos e logo asistir a unha sesión de cine, na que puidemos desfrutar da película " RÍO".




Moi interesante todo o que vimos no pazo así coma todo o que nos contaron del.


Para rematar a mañá, unha divertida película nos Multicines de Monforte e volta para o colexio, a xantar   .


Pasámolo xenial. Se queredes ver as fotos desta saída, picade aquí.