CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
MÚSICA DIXITAL
Enviado por admin o Mér, 06/11/2024 - 21:09A pasada sesión de Música é Danza foi súper entretida!
Estivemos a repasar contidos grazas ós ordenadores da nosa biblioteca.
O obxectivo era relacionar a melodía que escoitábamos ca partitura axeitada. As novas tecnoloxías son unha ferramenta moi enriquecedora do proceso de ensinanza-aprendizaxe, ademais de un moi bo recurso de atención á diversidade.
GRACIAS PROFE!
REPASAMOS CON KAHOOT!
Enviado por admin o Mér, 06/11/2024 - 20:58A verdade é que repasar os contidos de Ciencias mediante Kahoot é moi divertido!
Para prepararnos para a proba escrita da unidade, un par de sesións antes de realizala, repasamos os contidos vistos na unidade mediante esta plataforma gratuíta online que permite a creación de cuestionarios online. Favorecendo a gamificación na aula, o interese e motivación do alumnado e a atención á diverisdade. Ademais, da competencia persoal, social e de aprender a aprender e a dixital. Como no curso pasado, xa utilizamos esta aplicación xa somos autónomxs no seu uso.
Obtivemos uns resultados xeniais! Debe ser que traballamos moito e estivemos moi atentos ás explicacións da profe!
FROITOS DE OUTONO!
Enviado por admin o Mér, 06/11/2024 - 20:48Xs alumnxs de 1º e 2º de primaria estiveron a experimentar e observar diversos froitos de outono: pementos, castañas, marmelo, millo, granada...
Observamos as súas cores tan diversas... Describindo en voz alta as tonalidades que apreciábamos.
Tocamos as súas texturas e diferenciamos entre liso, rugoso, suave, áspero...
Con esta actividade traballamos ademais de moitos contidos relacionados con diversas áreas, un elementos transversal moi importante: a expresión oral. Ademais, de fomentar a competencia de sentido de iniciativa e espírito emprendedor e o compañerismo (co respecto da quenda de palabra, por exemplo).
REPASO DE ACENTUACIÓN CON BLOOKET
Enviado por admin o Mér, 06/11/2024 - 20:36O alumnado de 5º e 6º de primaria estivo a repasar un dos contidos da materia de Lingua Castelá e Literatura: a acentuación. Unha parte da ortografía moi importante e presente ó longo da nosa andaina escolar e, que en moitas ocasións, resulta difícil de asimiliar.
Pois ben, para interiorizar este contido de maneira máis eficaz estivemos a repasar e practicar todo este asunto coa aplicación Blooket, unha ferramenta dixital de gamificación que permite a elaboración de cuestionarios de elección múltiple. Como xa saberedes, a gamificación é unha técnica de ensinanza-aprendizaxe que traslada a mecánica dos xogos ó ámbito educativo co fin de motivar ó alumnado.
Neste caso, o xogo consistía en atender un restaurante. Para facer as comandas necesitábamos ter os ingredientes necedarios que podíamos conseguilos acertando preguntas sobre a acentuación.
Foi moi entretido, moitas grazas profe por estas actividades!
ACTIVIDADE INICIACIÓN Á ESCALADA
Enviado por admin o Mér, 06/11/2024 - 20:27O noso cole, a través do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, solicitou a participación no programa XOGADE unha iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de fomentar entre os escolares a actividade deportiva.
Neste caso, solicitamos as actividades de iniciación ó deporte, na modalidade de escalada. Debido a motivos de altura e peso, soamente puidemos participar xs alumnxs de 2º e 3º ciclo de primaria. Tivemos a gran sorte de ser un dos centros seleccionados para esta actividade que tanto nos gustou! Saímos do cole con destino ó Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e mirade con que súper rocódromo nos atopamos...
Tivemos un monitor que nos explicou de maneira moi detallada como realizar a actividade. Os nervios estaban moi presentes, pero ó final a maioría superamos o medo e subimos ata a cima!
Pasiño a pasiño chegamos ó máis alto!
Ata o profe Tomás se animou a probar.
Queremos agradecerlle ás persoas organizadoras desta actividade que nos brindaron a oportunidade de participar nunha actividade tan benefeciosa para a nosa saúde e divertida.
E NESTE TEMPO TOCA... IR ÁS CASTAÑAS!
Enviado por Noelia o Lun, 28/10/2024 - 22:29Xa se achega o día do "Magostín" polo que tocaba baixar a coller as castañas dos nosos castiñeiros para asar no tambor.
Esta mañá, o alumnado de infantil puxo as botas e apañou dous baldes pequenos delas.
Unha vez apañadas toca escollelas.
Unha a unha fomos mirando que estiveran ben e deixámolas estendidas nunha caixa.
Estamos desexando que chegue o día para comelas!!
FABAS E MÁIS FABAS!
Enviado por Noelia o Lun, 28/10/2024 - 22:19E as fabas seguen a ser protagonistas...
Nesta ocasión amosámosvos o traballo do alumnado de infantil bullando.
Valentina explicou que na casa da súa avoa hai que pisalas primeiro.
Dito e feito! Pisamos e despois bullamos!
Magnífica actividade para o desenvolvemento da motricidade fina!
MAGOSTÍN 2024
Enviado por admin o Xov, 24/10/2024 - 22:16Como todos os curso chegou unha das festas que máis nos gustan do curso: O MAGOSTÍN!!!!
A continuación, podedes visualizar o cartel que o equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares deseñou para esta festividade que mestura o Magosto e o Samaín.
Dende hai semanas, na materia de Art estivemos a preparar decoración terrorífica para a nosa entrada. Mirade que chula quedou.
O alumnado de Infantil tamén fixemos decoración para o corredor. Elaboramos o "Noso monstruario", constituído por unha colección de monstros terroríficos. Espectacular!!!
Os mestres déronnos unha sorpresa de medo! Decoraron todo para nós e o luns cando chegamos quedamos abraidxs!!
Como cada curso a exposición de cabazas foi espectacular! Mirade!
Como todos os curso na aula de Infantil, estivemos a facer a cabaza para mandar a Residencia Domus VI. Fixémoslle a entrega a nai de Clara, Alba traballadora da residencia, quen a levou ese mesmo día. Na semana que vén, temos previsto tostar as pebices e comelas. Están secando na nosa aula. Mirade que ben luce xa na residencia! Estamos encantadxs de que vos gustase tanto!
Logo do xantar, fixemos o magosto. As castañas estaban deliciosas! Despois bailamos e brincamos no noso baile de disfraces de Samaín!
Estivemos a asar as castañas no bombo para despois do xantar comelas de sobremesa. Estaban boísimas!
Tamén, xogamos aos xogos do outuno. Bolos pantasma, encesta a cabaza, mímica monstruosa...Que divertido!!!
Ademais, fixemos un obradoiro de cariocas. Despois, estivemos a xogar un poquiño con elas! Foi moi entretido!
FOI UN DÍA INESQUECIBLE!!
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Enviado por admin o Xov, 24/10/2024 - 21:03O 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas. No noso cole, fixemos diversas actividades para celebrar este día tan importante para nós.
Comezamos o día acudindo á Biblioteca Municipal de Bóveda en dous grupos.
Primeiro foi o turno do 2º e 3º ciclo de Primaria. Acudimos a biblioteca a realizar un scaperoom ou búsqueda do tesouro, neste caso o obxectivo era atopar un libro seguindo unha serie de pistas que nos conducían a el. A finalidade desta actividade era que o alumnado soubese buscar exemplares de maneira autónoma na biblioteca.
Atopamos o exemplar e o tesouro eran moedas comestibles!
Por outra banda, o alumando de Infantil e 1º ciclo de Primaria fixemos unha visita pola biblioteca e coñecimos a súa mascota: a Rálida. E para levarnos un recordo do día fixemos a nosa propia ra. Foi moi divertido!
Moitas grazas ao Concello e, en especial a técnica sociocultural, por organizar actividades tan divertidas!
Durante o tempo de ler, fixemos unha tarefa moi interesante. Cada un de nós tivo que facer a portada do seu libro favorito nun libriño que deseñaron as alumnas de Proxecto Competencial de 5º e 6º de Primaria. Nel, tamén incluimos unha foto nosa para que o resto do alumnado saiba de quen é e poida xogar ás adiviñas.
Con todos os libriños fixemos un mural precioso que xa decora o noso corredor.
Ademais, o noso cole pertence ó colectivo LemosLe, que agrupa a bibliotecas municipais e escolares da terra de Lemos e arredores. Esta asociación, sempre deseña un marcapáxinas para o Día das Bibliotecas que nos levamos para casa ou deixamos no cole para marcar as nosas lecturas. A coordinadora da nosa biblioteca, Noelia, foi a encargada de traelos ata o noso cole!
Ademais de todo esto, as dúas alumnas de Proxecto de 5º e 6º de primaria tamén prepararon un contacontos para conmemorar este día. E o venres, durante o tempo de lecturas compartidas realizaron a lectura a todxs xs seus compañeirxs. Elixiron o conto Cando eu saiba ler de Yolanda Castaño, da editorial Galaxia, un conto rimado que relata a de cousas que podemos facer cando aprendemos a ler e, por suposto, a importancia da lectura ao longo da nosa vida. Prepararon os monicreques e practicaron a lectura. Fixérono moi ben!
Foi xenial!!