CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
NOVA CASIÑA NA ZONA VERDE
Enviado por admin o Xov, 25/04/2024 - 09:38Xa temos instalada a nosa nova casiña na zona verde do noso patio. Quedou estupenda!!
Queremos agradecerlle á ANPA a colaboración prestada e ao Concello a realización da base de formigón para a súa instalación.
MOITAS GRAZAS!!!
SEMANA DO LIBRO 2024
Enviado por admin o Mar, 23/04/2024 - 20:36O 23 de abril conmemórase do Día do Libro e dos Dereitos de Autor. Esta celebración foi establecida pola UNESCO en 1995, debido a que arredor desta data, faleceron tres grandes representates da literatura universal: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso De la Vega.
O obxectivo principal deste día é fomentar a lectura entre todos os públicos. Ler axúdanos a coñecer culturas, a viaxar no tempo e a cultivar a nosa mente.
Coa finalidade de potenciar o gusto e interese pola lectura no noso alumnado, levamos a cabo diversas actividades de dinamización.
Comezamos a semana poñendo en funcionamento as nosas bolsas viaxeiras. Unhas mochila chea de libros que viaxarán de casa en casa de cada un de nós durante unha semana, co fin de vivir unha experencia apaixonante coa lectura. Cada aula levou a súa, adaptada as súas idades e baseadas nos intereses de cada grupo.
Realizamos unha pequena explicación na biblioteca de maneira grupal e, alí mesmo, foron entregadas as bolsiñas aos primeirxs afortunadxs!
Ler é unha aventura incríble, pero ler acompañadxs da nosa familia é algo máxico!
O martes, acudimos ao Centro Sociocultural a un contacontos organizado polo Concello con Ana Meilán, autora lucense de numeros contos tales como:
Ao alumnado de Infantl contoulles o conto titulado "Quen vén esta noite?", co cal descubrimos porque o Ratiño Pérez, cando recolle o dente caído, ás veces dexa moedas, outras contos e outras veces xoguetes; e ao de Primaria "Un universo en tu maleta" que relata a posibilidade de viaxar a mundos marabillosos a través da lectura.
Tamén, aproveitamos para facernos con varios exemplares da autora e podelos incluír na nosa biblioteca. Ademais, Ana, tamén nos agasallou con varios exemplares, con marcapáxinas e postais coas portadas dos seus libros. Moitas grazas!!
Ao rematar a sesión de contacontos, a Biblioteca Pública de Bóveda ofreceu ao alumnado libros procedentes do expurgo para levar as súas casas de forma permanente. Moitas grazas, por esta interesante iniciativa! Todxs nos fomos moi ilusionados cun libriño novo para a nosa casa! Ademais, tivemos que escribir nun mural cooperativo o que significaba a lectura para nós! Mirade...
Por último, para finalizar a Semana do Libro fixemos o noso "Mercadiño de libros". O alumnado que así o quixo, trouxo libros da súa casa que xa non empregaba. Cada exemplar entregado era canxeado por un billete de Rosalía. O día do mercadiño podían cambiar os libros por billetes ou, cederllos aos seus compañeiros.
FELIZ SEMANA DO LIBRO!
"O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito" Miguel de Cervantes Saavedra.
VISITA: O RINCÓN DE LEONARDO
Enviado por admin o Mar, 23/04/2024 - 12:40O pasado día 12 de abril, viñeron a visitarnos Javier, mestre de tecnoloxía do Colexio Escolapios de Monforte acompañado de catro alumnas: Sofía, Natalia, Julia e Xandra. Ademais, tamén estivo con eles Camilo, mestre en prácticas e veciño do noso Concello.
Acudiron a noso cole para darnos a coñecer o fascinante proxecto que están levando a cabo dende hai uns cursos denominado "El Rincón de Leonardo" clicando aquí, poderedes acceder a súa web para informarvos un pouquiño máis sobre esta interesante iniciativa.
"Un proxecto que busca potencias os valores humanos a través da creatividade e a reflexión, co obxectivo de que todxs nos sintamos mellor construíndo unha alternativa a mundo tóxico que moitas veces rodea aos adolescentes. Traballando a súa saúde emocional".
A esta actividade acudiron os alumnos de 6º curso de primaria e Javier e as súas alumnas faláronlle de moitos dos problemas que xurden a diario nas aulas de secundaria. Transmitíronlle a idea de que somos seres únicos e especiais e que ninguén debe dicirnos como debemos ser. Para elas, "El Rincón de Leonardo" é un lugar onde se sinten seguras e felices.
Esta iniciativa, xurdiu dende o Departamento de Convivencia do centro co fin de dinamizar as relacións positivas entre iguais e, vivenciar dalgún xeito o seu futuro inmediato no instituto.
Pasamos un ratiño moi divertido! Gustounos moito ensinarvos o noso cole e escoitar a emoción que sentides ao formar parte deste proxecto tan interesante e necesario.
Moitas grazas a Javier, pola túa implicación dentro e fóra das aulas. Estamos seguros de que este é o inicio dunha aventura apaixoante!!!
Todxs deixaron a súa pegada no libro de firmas da nosa biblio.
Esperamos tervos de volta pronto!!!
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 2024
Enviado por admin o Ven, 12/04/2024 - 13:33O luns 8 de abril tivemos visita na nosa biblioteca; estivo con nós a dentista Emely Soto Rosa, doutora con clínica en Monforte de Lemos, quen acudiu ao noso cole a falarnos un pouquiño sobre sobre saúde e hixiene bucodental, coincidindo ca conmemoración do Día Mundial da Sáude. Xa sabedes que esta é un dos obxectivos da Axenda 2030 que queremos reforzar.
Nesta actividade os alumnos e alumnas do cole coñeceron da man desta profesional a importancia dun bo cepillado dental e os pasos para que o cepillado sexa correcto.
Tamén nos falou sobre a importancia dunha alimentación adecuada e dos alimentos que nos poden axudar a manter san a nosa dentadura: froitas, verduras, leite, queixo... porque a saúde da dentadura repercute no resto do corpo.
Para rematar, practicamos o cepillado cunha dentadura fixemos un pequeno debate sobre as ideas principais desta charla:
-Cepillar os dentes 3 veces ao día.
-Que o cepillado dure máis ou menos 2 minutos.
-Utilizar pastas adecuadas e fío dental.
-Visitar ao dentista cada pouco tempo.
-Comer menos chuches e doces.
Por último, Emely agasallounos a todos cun marcapáxinas cos pasos a seguir para realizar un adecuado cepillado e un lapis e unha goma en forma de dente.
Moitas grazas Emely por colaborar con nós en coidar a nosa saúde!!
PUNTO LARANXA
Enviado por admin o Ven, 12/04/2024 - 12:49No lateral dereito deste páxina podedes atopar a seguinte icona:
Un espazo para que o alumnado poida comunicar situacións de acoso escolar de xeito anónimo. Clicando na icona da web accederán a un formulario online. Estas comunicacións irán a un enderezo habilitado que será supervisado pola Coordinación de Convivencia do centro.
Ademais, este recurso tamén existe de maneira física no noso cole. Recordámosche como funciona o buzón do Punto Laranxa:
Se estás a sufrir acoso ou ciberacoso escolar ou coñeces algún posible caso, axúdanos a paralo!
1. Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas segurx.
2. Localiza o Punto Laranxa no teu centro (situado na entrada al lado das escaleiras).
3. Deposita no buzón do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado).
OBRADOIRO DE XABÓN NATURAL
Enviado por admin o Xov, 11/04/2024 - 10:44O pasado venres día 5 de abril visitounos Elia, a mamá de Valentina de Infantil de Enzo de Primaria para ensinarnos a facer xabón natural.
Acudimos a zona verde do noso patio aproveitando o bo tempo e seguindo a recomendación de non facer xabón en lugares pechados.
En primeiro lugar, explicáronnos cales eran os ingredientes necesarios e os pasos a seguir.
Cada aula fixo o seu propio xabón empregando:
-Graxa
-Agua
-Deterxente en po
-Suavizante líquido
-Sosa (soamente manipulada polos adultos)
-Champú
Por grupos, fomos poñendo os diferentes ingredientes en cada cubo coa supervisión e guía dos nosos profes.
Observamos os materiais a empregar, como por exemplo a graxa.
Por último, cando a mezcla xa estaba espesa botámoslle un colorante azulado para darlle algo de cor.
O proceso finalizou cando a mestura estaba totalmente homoxénea. Deixámola reposar durante un tempo para que se solidifiquen o suficiente como para cortala en pequenas porcións.
Este traballo irá destinado ao mercadiño solidario de Hospitaleiros sen fronteiras, ONG coa que colaboramos, para recadar fondos para axudar aos nenos do Senegal.
Moitas grazas a todas as familias que aportaron graxa para facer posible esta actividade e, en especial, a Elia pola axuda!
SAÍDA AO VIVEIRO "OS TROLLOS"
Enviado por admin o Ven, 22/03/2024 - 14:35Este venres día 22 tivemos unha saída ao viveiro Os Trollos situado no noso Concello, co motivo da conmemoración do Día da Árbore.
Primeiro distribuíronnos en dos grupos: Educación Infantil e 1º de Primaria e, o outro de 2º a 6º de Primaria. A cada un de nós tocounos unha monitora diferente que nos axudou a realizar todas as actividades.
Comezamos realizando un hotel de insectos. Cada grupo realizou un, para colocar no noso centro á volta de Semana Santa.
A continuación, decoramos o noso propio colgante de madeira como recordatorio deste día.
Cada un de nós plantou o seu propio carballo.
Logo, estivemos a descansar un poquiño mentres tomamos a merenda e, por último dirixímonos a outra zona para plantar dúas árbores no viveiro.
Ademais, a cada un de nós entregáronnos unha camiseta de recordo e unha casiña de paxaros para montar na casa.
Moitas grazas pola organización desta actividade ao GDR Ribeira Sacra Courel na que participamos máis de 600 alumnxs da contorna. Foi unha xornada moi divertida na que desfrutamos da natureza e pasámolo moi ben!
SEGUNDA VICTORIA NO ECOPREGUNTOIRO DE RADIO VOZ
Enviado por admin o Xov, 21/03/2024 - 23:54Como xa sabedes, os catro participantes de 6º de primaria que saíron elixidos entre os seus compañeiros de curso están a participar no programa titulado Ecopreguntoiro da emisora Radio Voz no que participa SOGAMA. Un concurso escolar que se vén celebrando dende hai varios cursos na nosa comunidade.
Se clicades na imaxe accederes á web da emisora. Imaxe recuperada das RRSS de Radio Voz
A finalidade desta iniciativa é fomentar actitudes de respecto e sensibilización hacia á educación ambiental. Nela participan 16 centros, que se van enfrentando uns contra outros de maneira virtual e en directo, de modo eliminatorio no denominado Ecopreguntoiro.
Todas as preguntas amóldanse ao temario impartido neste curso, de ahí que soamente poidan participar catro alumnxs de 6º.
Foto autorizada polas familias
Pois ben, temos outra boa nova!! Este mércores realizamos a segunda rolda deste concurso e volvimos a conseguir a victoria contra outro CEIP da provincia de Lugo. Gañamos por un total de 10 puntos fronte aos 0 conseguidos polos nosos contrincantes.
Este triunfo é grazas a todo o traballo que están a realizar os participantes desta actividade. A súa implicación e esforzo está sendo impecable é a vista esta dos resultados obtidos.
NORABOA LUISA, DANIELA, DAVID E AURORA!!! ESTAMOS EN SEMIFINAIS!!!
DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA 2024
Enviado por admin o Xov, 21/03/2024 - 23:23O día 21 de marzo conmemórase o Día Internacional da Árbore co fin de intentar frenar o cambio climático e a tala indiscriminada. O propósito principal é sensibilizar á sociedade sobre a importancia de coidar o noso entorno natural. Dada a importancia desta día, no cole non podíamos deixar de realizar algunha actividade para intentar contribuír a toda esta causa.
Ademais, neste día tamén se conmemora o Día Mundial da Poesía establecido por la UNESCO en 1999 co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética.
Pois ben, a actividade que organizamos foi a plantación de dúas abeleiras na zona verde do noso cole para que nun futuro nos den moitos froitos e, a realización de poemas sobre a natureza para colgar nas ramas das árbores de dita zona.
Moitas grazas ao persoal do Obradoiro de Emprego, en especial a tres das mamás do noso alumnado: Verónica, Dolores e Maribel, que nos trouxeron as abeleiras e axudáronnos a plantalas.
Ademais, tamén colaborou con nós neste día Yolanda, a mamá de Theo de Infantil e poetisa de vocación. Recitounos un poema titulado Natureza que realizou para este día e, Anduriña que forma parte do seu poemario.
"A poesía é o eco da música da alma" Voltaire.
Moitas grazas!!!
CHARLA INFORMATIVA SOBRE O OSO DE SALCEDO
Enviado por admin o Xov, 21/03/2024 - 22:57Ao día seguinte da visita do Oso, durante a hora de lectura, Enmanuel, papá de Jorge e participante en diversas actividades do Entroido de Salcedo dende hai moitos anos, acudiu ao cole a explicarnos un pouquiño máis a ampla e lonxeva tradición desta festividade na parroquia pertencente ao Concello da Pobra de Brollón.
Non soamente nos falou da figura do Oso, senón que nos explicou a diversas tradicións que existen no Entroido de Salcedo como por exemplo, As Madamas e os Danzantes que saen o domingo de Entroido a danzar polas rúas.
Ou o teatro que se realiza na noite do sábado e, que cada vez ten maior afluencia de público debido a diversión e entretemento que lle ofrece aos seus espectadorxs.
Ademais, tamén nos trouxo a máscara do Oso e dos seus criados para que todos a puideramos tocar e probar. Explicounos como están feitas as traxes de ambos, o primerio deles con lá de ovella e o dos segundos de sacos de patacas.
Pareceunos moi interesante todo o que nos contou Enmanuel, a verdade é que descoñecíamos moitas das tradicións que existen ao noso arredor. Grazas tamén, as explicacións do noso compañeiro Jorge que estivo súper implicado!
En definitiva, grazas por todo o que aprendimos nesta sesión tan enriquecedora! Quedounos claro o gran traballo e ilusión que existe detrás de toda esta festividade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »