CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
CHARLA INFORMATIVA SOBRE O OSO DE SALCEDO
Ao día seguinte da visita do Oso, durante a hora de lectura, Enmanuel, papá de Jorge e participante en diversas actividades do Entroido de Salcedo dende hai moitos anos, acudiu ao cole a explicarnos un pouquiño máis a ampla e lonxeva tradición desta festividade na parroquia pertencente ao Concello da Pobra de Brollón.
Non soamente nos falou da figura do Oso, senón que nos explicou a diversas tradicións que existen no Entroido de Salcedo como por exemplo, As Madamas e os Danzantes que saen o domingo de Entroido a danzar polas rúas.
Ou o teatro que se realiza na noite do sábado e, que cada vez ten maior afluencia de público debido a diversión e entretemento que lle ofrece aos seus espectadorxs.
Ademais, tamén nos trouxo a máscara do Oso e dos seus criados para que todos a puideramos tocar e probar. Explicounos como están feitas as traxes de ambos, o primerio deles con lá de ovella e o dos segundos de sacos de patacas.
Pareceunos moi interesante todo o que nos contou Enmanuel, a verdade é que descoñecíamos moitas das tradicións que existen ao noso arredor. Grazas tamén, as explicacións do noso compañeiro Jorge que estivo súper implicado!
En definitiva, grazas por todo o que aprendimos nesta sesión tan enriquecedora! Quedounos claro o gran traballo e ilusión que existe detrás de toda esta festividade.