CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
Blogues
Nuestro pequeño mundo.
Enviado por Iria o Mér, 09/06/2021 - 19:25
A Continuación les mostramos un trabajo realizado durante el presente curso por parte del alumnado de 5º y 6º de primaria, gracias a la propuesta e idea del taller escolar de Turismo patrocinado por la Diputación de Lugo. Este trabajo ayuda al alumnado a ver la importancia de conocer el propio territorio, la manera de vivirlo y promocionarlo. Esperamos que les guste.
Diagnose e seguimento da convivencia escolar
Enviado por Bouso o Xov, 15/04/2021 - 09:22De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.
Apertura da enquisa do 12 ao 29 de Abril (ambos incluídos)
"Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil
"Recollida de datos para o alumnado de 5ºEP a 4º ESO" en https://www.edu.xunta.gal/convobrig
"Recollida de datos para o alumnado de ensinanzas postobrigatorias" en https://www.edu.xunta.gal/convpost
"Recollida de datos para o alumnado con necesidades especiais" en https://www.edu.xunta.gal/convee
"Recollida de datos para o profesorado" en https://www.edu.xunta.gal/convdoce
"Recollida de datos para PAS" en https://www.edu.xunta.gal/convpas
Preguntas frecuentes
Mira ti! Un xogo de preguntas e respostas para saber sobre Bóveda
Enviado por Bouso o Xov, 01/04/2021 - 09:51Partir do próximo para coñecer o mundo é unha forma natural de aprendizaxe.
Mira ti! Un xogo de preguntas e respostas é un proxecto interdisciplinar do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.
Podes comprobar o que aprendiches na seguinte ligazón da AULA VIRTUAL do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.
Para acceder se estar matriculado/a debes iniciar sesición con nomde de ususario/a convidado e contrasinal 1234.
Se che solicita clave de activación de automatriculación, introduce 1234.
ORDE 2 de marzo de 2021 dereito á obxectividade na avaliación
Enviado por admin o Lun, 15/03/2021 - 10:56Comunicación ás familias
Enviado por Bouso o Ven, 22/01/2021 - 10:48Estimada familia:
Comunícolles que se confirmou un caso/brote da Covid-19 no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla. Ata o momento detectáronse 2 casos. O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 10 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas1 respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.
Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:
• Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, desde as autoridades sanitarias, contactarase coa familia para dar as indicacións necesarias.
• Os contactos estreitos deben realizar corentena durante 10 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 3 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento2 e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.
• O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-193 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.
• Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.
Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS4.
Reciban un cordial saúdo,
Sinatura
1Cuestionario de autoavaliación: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/enquisa_de_autoavaliacion.pdf
2Illamento no domicilio de casos confirmados: https://www.sergas.es/Saude-publica/Illamento-domicilio?idioma=ga
3Condicións crónicas de saúde como, por exemplo, enfermidades cardiovasculares, diabetes, enfermidades pulmonares crónicas, cancro, inmunodepresión ou hipertensión arterial.
4Web do SERGAS de información para a cidadanía sobre o coronavirus: https://coronavirus.sergas.gal/
IMOS ACABAR CO CORONAVIRUS!
Enviado por Bouso o Mér, 23/12/2020 - 19:20Documentos COVID
Enviado por Bouso o Dom, 20/09/2020 - 16:06DESPEDIDA DE CURSO
Enviado por Iria o Xov, 18/06/2020 - 11:01Buenos días, ha sido un año diferente, pero ha sido un placer trabajar con todos/as vosotros/as. Cuidaros mucho este verano y disfrutar al máximo cada día.
Las alumnas de sexto cambian de etapa y como recuerdo este vídeo sobre su paso por el colegio. Con todo mi cariño, deseo que la nueva etapa sea tan buena como la que dejáis.
ACTIVIDADES VARIADAS PARA 5º Y 6º CURSO DE PRIMARIA
Enviado por Iria o Mar, 16/06/2020 - 10:53Clases por videollamada webex.
Actividades variadas :
Sopa de letras de animales
Serpiente numérica.
Retos-lógica…
Razonamiento lógico.
Trabajo grupal e individual
PDF: Algunas de las actividades trabajadas en la clase
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »