CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
blogue deBouso
Diagnose e seguimento da convivencia escolar
Enviado por Bouso o Xov, 15/04/2021 - 09:22De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.
Apertura da enquisa do 12 ao 29 de Abril (ambos incluídos)
"Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil
"Recollida de datos para o alumnado de 5ºEP a 4º ESO" en https://www.edu.xunta.gal/convobrig
"Recollida de datos para o alumnado de ensinanzas postobrigatorias" en https://www.edu.xunta.gal/convpost
"Recollida de datos para o alumnado con necesidades especiais" en https://www.edu.xunta.gal/convee
"Recollida de datos para o profesorado" en https://www.edu.xunta.gal/convdoce
"Recollida de datos para PAS" en https://www.edu.xunta.gal/convpas
Preguntas frecuentes
Mira ti! Un xogo de preguntas e respostas para saber sobre Bóveda
Enviado por Bouso o Xov, 01/04/2021 - 09:51Partir do próximo para coñecer o mundo é unha forma natural de aprendizaxe.
Mira ti! Un xogo de preguntas e respostas é un proxecto interdisciplinar do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.
Podes comprobar o que aprendiches na seguinte ligazón da AULA VIRTUAL do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.
Para acceder se estar matriculado/a debes iniciar sesición con nomde de ususario/a convidado e contrasinal 1234.
Se che solicita clave de activación de automatriculación, introduce 1234.
Comunicación ás familias
Enviado por Bouso o Ven, 22/01/2021 - 10:48Estimada familia:
Comunícolles que se confirmou un caso/brote da Covid-19 no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla. Ata o momento detectáronse 2 casos. O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 10 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas1 respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.
Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:
• Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, desde as autoridades sanitarias, contactarase coa familia para dar as indicacións necesarias.
• Os contactos estreitos deben realizar corentena durante 10 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 3 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento2 e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.
• O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-193 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.
• Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.
Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS4.
Reciban un cordial saúdo,
Sinatura
1Cuestionario de autoavaliación: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/enquisa_de_autoavaliacion.pdf
2Illamento no domicilio de casos confirmados: https://www.sergas.es/Saude-publica/Illamento-domicilio?idioma=ga
3Condicións crónicas de saúde como, por exemplo, enfermidades cardiovasculares, diabetes, enfermidades pulmonares crónicas, cancro, inmunodepresión ou hipertensión arterial.
4Web do SERGAS de información para a cidadanía sobre o coronavirus: https://coronavirus.sergas.gal/
IMOS ACABAR CO CORONAVIRUS!
Enviado por Bouso o Mér, 23/12/2020 - 19:20Documentos COVID
Enviado por Bouso o Dom, 20/09/2020 - 16:06PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021
PLAN DE CONTINXENCIA EN CASO DE CONFINAMENTO
Comunicación do profesor de relixión para 6º de Primaria e actividades para o resto de grupos
Enviado por Bouso o Mér, 10/06/2020 - 10:14PARA 6º DE PRIMARIA
Ola a todas e todos estamos a punto de rematar este curso, como non podemos despedirnos fisicamente,imos facelo dunha forma virtual.
Para o próximo curso xa non estaredes no cole, dado que empezades unha etapa na vosa vida.
Deséxovos a todas e a todos moita sorte na vosa nova etapa.
Darvos as grazas por tantas vivenzas xuntos, tamén pedir perdón por algún enfado que houbo, a vida segue.
Por iso pídovos que me mandedes unha pequena carta de despedida e que veñades facer algunha visita ao cole o próximo curso.
Unha forte aperta a todas e a todos.
Actividades de Relixión para a semanan do 1 ao 5 de xuño PRIMARIA
Enviado por Bouso o Mér, 03/06/2020 - 08:57Actividades de Lingua Galega 21/05/2020
Enviado por Bouso o Xov, 21/05/2020 - 09:22Actividades remtidas por Rocío:
TEMA 13
CUESTIÓN DE NOMES
Abrimos o libro nas páx. 166-167 e lemos a lectura.
Pasamos a páx 168 e facemos o exercicio 2 e 3.
Pasamos a páx 169 e do apartado ponte a proba facemos o apartado b e d.
TAREFA 4º
TEMA 13
UN PREMIO INESPERADO
Abrimos o libro nas páx. 162-163 e lemos a lectura.
Pasamos a páx. 164 e facemos o exercicio 2.
Agora lemos o recadro da páx. 165 que fala das variantes contextuais; e dicir nós non falamos igual cando estamos con amigos ou xente coñecida, que cando falamos con descoñecidos ou cando falamos diante de moita xente. Nestes casos a nosa forma de falar cambia. Por exemplo se estou cos meus amigos podo dicir: Este exercicio está chupado, sen embargo se falo co profe digo: Este exercicio é moi doado.
Nos dous casos o significado é o mesmo, pero se observades as palabras que empregamos son distintas. Estas distintas formas de falar é o que se chama variantes contextuais.
Para practicar facemos o exercicio 4.
Actividades Lingua Castelá 20/05/2020
Enviado por Bouso o Xov, 21/05/2020 - 09:14Actividades remtidas pola profesora Rocío:
TEMA 13
COMIENZAN LAS FIESTAS
Abrimos el libro en las pág. 176-177 y leemos la lectura.
Pasamos a la pág. 179 y del apartado ponte a prueba hacemos los apartados b y c.
A continuación leemos el recuadro que habla de las palabras onomatopéyicas, os mando este vídeo que explica que son.
Hacemos los ejercicios 8 y 10.
TAREA CUARTO
TEMA 13
HUELGA GENERAL
Abrimos el libro en las pág. 178-179 y leemos la lectura.
Pasamos a la pág. 180 y hacemos el ejercicio 1.
Pasamos a la pág. 181 y leemos el recuadro que explica los gentilicios.
Practicamos haciendo los ejercicios 1, 2 y 3.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »