Skip to Content

Novas ANPA

LOTERÍA NADAL ANPA

 

Se vos apetece xogar con nós, podedes comprala na administración de loterías nº 27 "La diosa fortunta" sita na rúa Barcelona nº 56.

Sorte!! Cartos

CAMPACOLES E SUMMER TALK VERÁN 2021

 

Xa está publicada na web da Federación de Anpas toda a información referentes aos programa de verán 2021 onde atoparedes:

1. PROGRAMA CAMPACOLE VERÁN 2021. (díptico informativo)

2. SUMMER TALK. (díptico informativo)

 

O enlace para a INSCRIPCIÓN nestes programas é http://www.fedapascoruna.org/inscripciones/

O prazo de inscrispción é dende as 9:00 horas de hoxe, luns 24 de maio ata as 23:59 horas do mércores 26 de maio.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

 

Por acordo da Xunta Directiva do Anpa “La Esperanza”, convócase a tod@s @s Asociad@s á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o día 04 de Maio de 2021, ás 16:00 h en primeira convocatoria e ás 16:30 h en segunda, por videoconferencia,  segundo o seguinte:

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación da acta da última asemblea.

2. Presentación e aprobación se procede das contas correspondentes ao curso 2019-2020.

3. Cambio empresa cátering do comedor, e presentación das propostas alternativas.

4. Votación.

5. Rogos e preguntas.

 

Á Asemblea poderán asistir tod@s @s asociad@s, pais/nais ou titor@s legais d@s alumn@s do CEIP Raquel Camacho da Coruña. Terán dereito a un voto por familia, podendo exercer ese dereito o pai, nai ou titor/a legal dos alumn@s.

Este ano, seguindo o protocolo Covid-19, a asemblea xeral será integramente en liña (enviarase un email a tod@s @s soci@s coa ligazón da reunión para conectarse).

Debido á importancia do tema para tratar, rogamos a maior asistencia posible e lémbrase que se realizará a votación tan pronto sexan presentadas as opcións dispoñibles.

A Coruña, 20 de Abril de 2021,

ANPA Ceip Raquel Camacho

BOLSAS COMEDOR PARA O CURSO 2021-22

Onte, día 5 de abril, publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de bolsas de comedor para o curso 2021-2022. Os prazos para a solicitude das bolsas de comedores escolares irán desde o día 5 ata o día 30 de abril, ambos incluídos. Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais, na web do Concello de A Coruña e na sede electrónica. 

Máis info premendo aquí ou na imaxe de arriba.

Distribuir contido


by Dr. Radut