Skip to Content

Novas ANPA

BOLSAS COMEDOR PARA O CURSO 2021-22

Onte, día 5 de abril, publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de bolsas de comedor para o curso 2021-2022. Os prazos para a solicitude das bolsas de comedores escolares irán desde o día 5 ata o día 30 de abril, ambos incluídos. Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais, na web do Concello de A Coruña e na sede electrónica. 

Máis info premendo aquí ou na imaxe de arriba.

ANPA - BO NADAL E FELIZ 2021

 

Prezadas familias,

Nestas datas tan sinaladas queremos desexarvos que desfrutedes do Nadal e que no 2021 se fagan realidade todos os vosos desexos.

Tamén queremos desde a directiva do Anpa felicitarvos e agradecervos a vosa paciencia e colaboración, e que seguro que entre todos imos saír adiante!!!

Coidádevos, e vémonos á volta!!!

CAMPAMENTOS NADAL NOS CENTROS CÍVICOS

Achegamos información sobre Campamentos de Nadal e visita de Papa Noel nos centros cívicos.

 

* A convocatoria de CAMPAMENTOS DE NADAL 2020 da Concellería de Benestar social, igualdade e participación do Concello da Coruña:.

Para nenos e nenas que nacesen entre os días (ambos inclusive): 01/01/2008 e 31/12/2016

Días do campamento:

23, 28, 29 e 30 de decembro de 2020.

4, 5 e 7 de xaneiro de 2021.

 

Como realizar a preinscrición?

Dúas opcións :

En liña, a través da web do concello.

Chamando por teléfono ao 010 que lle transferirá a chamada á empresa.

 

Días de Preinscrición:

10, 11 e 12 de decembro

 

* A visita de Papa Noel aos centros cívicos municipais. Para acudir hai que pedir cita. No caso do CCM San Diego hai que chamar ao teléfono 981184368 e no caso do CCM Monelos hai que chamar ao teléfono 981189817.

LOTERÍA NADAL ANPA

 

 

Se vos apetece xogar con nós, podedes comprala na administración de loterías nº 27 "La diosa fortunta" sita na rúa Barcelona nº 56.

Sorte!! Cartos

Distribuir contido


by Dr. Radut