Campamento de verán que organiza a Federación de Anpas que se desenvolverá de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, desde o luns 27 de xuño ata o venres 29 de xullo, distribuído en 5 quendas semanais de campamentos con temáticas diferentes. O último día de cada quenda todos os participantes farán unha saída no entorno da cidade ou mancomunidade, cunha ampliación do horario ata as 15:30h.
QUENDAS
Quenda 1: Do 27 de xuño ao 1 de xullo.
Quenda 2: Do 4 ao 8 de xullo.
Quenda 3: Do 11 ao 15 de xullo.
Quenda 4: do 18 ao 22 de xullo.
Quenda 5: do 26 ao 29 de xullo.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Madrugadores: de 8:30 a 10:00h.
Comedor: de 14:00 a 15:30h. (con posibilidade de saída ás 15:00h. salvo o día da saída que será ás 15.30h).
Contemplarase a media mañá unha parada entre as 11:00 e 11:20 h., aproximadamente, para tomar unha pequena merenda que os escolares poderán levar da casa.
CENTROS SEDE
CEIP Alborada
CEIP Anxo da Garda
CEIP Curros Enríquez
CEIP Juan Fernández Latorre
CEIP María Barbeito
CEIP San Pedro de Visma
CEIP Wenceslao Fernández Flórez
PRAZAS
45 prazas por sede (tres grupos).
A ratio mínima para levar a cabo o campacole será de 15 escolares por sede, e de 10 escolares para os servizos de madrugadores e comedor.
DESTINATARIOS
Escolares que estiveran matriculados nun CEIP do Concello da Coruña no curso 21/22.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
A adxudicación de prazas farase por orde de inscrición, tendo preferencia dentro dese criterio xeral:
1º. O primeiro día de inscrición, os escolares matriculados no centro sede no que solicitan a/s quenda/s.
2º. O segundo e demais días de inscrición, os usuarios de calquera das actividades extraescolares da Federación Provincial no curso 21/22, con independencia do CEIP no que estean matriculados. A continuación o resto de solicitantes da actividade.
COTAS POR PARTICIPANTE E QUENDA:
- CAMPACOLE: 20€.(*)
- MADRUGADORES SEN ALMORZO: 10€.
- MADRUGADORES CON ALMORZO: 17€.
- COMEDOR: 25€.
- SEGURO DE ACCIDENTES 4€ (**)
*Estarán exentos da cota de campacole (de 10:00 a 14:00h.) os escolares que cumpran os requisitos de participación e fosen beneficiarios de beca comedor neste curso 21/22.
**Estarán exentos do pago do seguro de accidentes aqueles solicitantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAS no curso 2021/22 (“Cóxegas”, “Deporte no Centro”, “Arte e Cultura no Centro”, “English Lab” ou “On Parle”).
PRAZOS
Preinscrición: 23, 24 e 25 de maio de 2022 na seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones
Listaxe de admitidos: 1 de xuño de 2022. (Publicarase na web municipal, no 010 e na web www.fedapascoruna.org )
Inscrición e abono: 8, 9 e 10 de xuño de 2022.
Xestión da listaxe de agarda: do 16 ao 21 de xuño de 2022