Skip to Content

Novas ANPA

ACTIVIDADES CON DESCONTO PARA SOCI@S

Este ano volvemos ofrecer un desconto e prezos especiais (só para soci@s da Anpa 23/24) na seguinte empresa que ofrece actividades extraescolares no noso barrio.

Para desfrutar destos descontos, pediranvos o QR de soci@ do curso 2023/24 que, se ainda non recibechedes, tedes que solicitarnos ao noso email: anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com.

Esperamos que o poidades aproveitar!

 

EDUKAJUDO

"O noso obxetivo é instaurar hábitos de práctica deportiva e valores sociais para que @s nos@os alumn@s podan gozar dunha vida saudable e equilibrada".

(R/Almirante Mourelle, 41. Tlfo: 981 90 00 71 email: info@edukajudo.com

JUDO: do 11 de setembro ó 30 de xuño.1 día á semana 20€/mes, 2 días á semana 30€/mes. Inscrición e horarios AQUI.

 

CAMBIADORES E CUSTODIA

Infórmase de que non haberá servizo de cambiadores nin custodia xa que non se acadou o mínimo de dez usuari@s inscrit@s.

Quen precise algún destes servizos deberá inscribirse antes do 25 de cada mes, tendo en conta de que só se ofrecerán estes servizos no caso de haber mínimo dez usuari@s inscrit@s.

Máis info e prezos aquí.

Inscripcións: Arume 986 45 30 40 / 630 36 38 44 ou contactar no mail

info@arumeservicios.es

 

FESTA FIN DE CURSO ANPA 2023!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

O próximo día 21 de xuño de 16:00 a 19:00 horas teremos a Festa de Fin de Curso!! con xogos, inchables, música, festa da espuma, bocadillos* e auga*!! 

*Bocadillos e *auga: o recadado coa venta dos bocadillos e as augas será destinado para axudar pagar a excursión de fin de curso de 6º de primaria do 2024.

É gratis para @s soci@s e @s non soci@s: 4€/nen@ menor de 13 anos.

Recordamos que para comprobar que sodes soci@s teredes que ensinar o código QR que vos enviamos a cada un de vos a través dun email. Podedes ensinalo no móbil ou en papel.

Recordade tamén que tod@s @s nen@s deberán estar acompañad@s dun adult@ durante toda a festa. Agradeceremos a vosa colaboración para que todo saia o mellor posible.

IMPORTANTE!! @s nen@s de comedor recolleranse do comedor como todos os días. Ese día non haberá actividades extraescolares.

CÓXEGAS XUÑO 2023

Entramos na recta final do curso e queremos lembrarvos que a data de finalización das actividades extraescolares DEPORTE NO CENTRO, ARTE E CULTURA NO CENTRO e ENGLISH LAB será o vindeiro 31 de maio.

Por outra banda, voltamos a ofertar unha vez mais o noso programa de conciliación CÓXEGAS que se desenvolverá no mes de xuño dende o xoves día 1 ate o mércores 21, de luns a venres, en horario de 16 a 17 ou de 16 a 18h, segundo demanda.

 

 

DESTINATARIOS DO PROGRAMA. Escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, matriculados en colexios públicos do concello de A Coruña.

A oferta de actividades plantéxase en función dos seguintes tramos de idade:

Educación Infantil (4º, 5º e 6º curso)

Educación Primaria (de 1º a 6º curso).

 

RATIO. Mínimo 10 escolares por tramo de idade para formar grupo. A partir de 20, desdoblarase o grupo.

 

HORARIO. De luns a venres, das 16:00 as 18:00 h.

O horario de asistencia neste programa será o elexido por cada participante no formulario de inscrición.

Neste programa non se contempla a posibilidade da entrada á actividade ás 17:00.h aínda que sí se podería sair a dita hora sempre e cando o participante teña marcada a opción de 16 a 17h. na inscrición.

 

PRAZO DE INSCRICIÓN: Desde 22 ao 24 de maio en https://app.fedapascoruna.org/inscripcionCoxegasJunio2023

 

 

CUSTO DO PROGRAMA: 15 €/participante (ademáis de 4€ en concepto de seguro de accidentes para os escolares que non fosen participantes de algunha das actividades xestionadas pola Federación ao longo do curso)

Distribuir contido


by Dr. Radut