ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Por acordo da Xunta Directiva do Anpa “La Esperanza”, convócase a tod@s @s Asociad@s á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o día 04 de Maio de 2021, ás 16:00 h en primeira convocatoria e ás 16:30 h en segunda, por videoconferencia, segundo o seguinte:
ORDE DO DÍA:
1. Lectura e aprobación da acta da última asemblea.
2. Presentación e aprobación se procede das contas correspondentes ao curso 2019-2020.
3. Cambio empresa cátering do comedor, e presentación das propostas alternativas.
4. Votación.
5. Rogos e preguntas.
Á Asemblea poderán asistir tod@s @s asociad@s, pais/nais ou titor@s legais d@s alumn@s do CEIP Raquel Camacho da Coruña. Terán dereito a un voto por familia, podendo exercer ese dereito o pai, nai ou titor/a legal dos alumn@s.
Este ano, seguindo o protocolo Covid-19, a asemblea xeral será integramente en liña (enviarase un email a tod@s @s soci@s coa ligazón da reunión para conectarse).
Debido á importancia do tema para tratar, rogamos a maior asistencia posible e lémbrase que se realizará a votación tan pronto sexan presentadas as opcións dispoñibles.
A Coruña, 20 de Abril de 2021,
ANPA Ceip Raquel Camacho