25 aniversario

1985-2010. 25 aniversario do CEIP Pío XII


 

 

 

Hai agora 25 anos o daquela Vicepresidente da Xunta de Galicia, Xosé Luis Barreiro, o Alcalde de Santiago, Xerardo Estévez e o Conselleiro de Educación, Vázquez Portomeñe, daban por inaugurado de xeito oficial o Colexio Pío XII na súa ubicación actual.
O acto supuxo a fin da longa peregrinaxe dun centro que durante máis de dous lustros andivo sen ubicación definitiva de instalación en instalación.
En presenza das autoridades académicas, dirección do centro, claustro de profesores e persoal docente, procedeuse a descubrir a placa conmemorativa do acto ao tempo que se entonaba o himno galego.
Previamente, as autoridades acompañadas pola directora do centro, Rosa Quintás, percorreron as novas instalacións.
O centro ubicado nun solar de 13.000 m2 estaba destinado a albergar 24 unidades para 960 alumnos e alumnas da EXB e 6 unidades de Preescolar para 240 cun orzamento de 143 millóns das antigas pesetas.
Hoxe, 25 anos despois, o Consello Escolar do centro acordou constituir unha comisión mixta formada por profesores e profesoras, representantes de nais e pais, persoal de servizo e administración, co obxecto de realizar unha programación de actividades que permitan lembrar este evento.
Faise asimesmo un chamamento a todos aqueles interesados ou interesadas en aportar ideas, que o fagan remitindo as suxestións ao correo electronico do centro:
ceip.pio12@edu.xunta.es

COLABORACIÓNS:

 

 

 

Distribuir contido