PLAMBE

A nosa biblioteca


 

VER MANUAL


 http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/BE_web_transp_300.png

 

  O noso blog: "a casa dos soños"
 

 

 

Neste curso... BiblioActividades


 

A biblioteca é un lugar moi especial do colexio. Un lugar para saber e coñecer, para ler, para aprender. Un lugar de encontro no que poder informarse de todo o que interese.
Ademais de libros, tamén pódense atopar, mapas, revistas e equipos informáticos cos que tamén se poderá acceder a Internet.
Pero, sobre todo, e a través da lectura e dos libros, a biblioteca permitirá viaxar no tempo ou no espazo, visitar épocas remotas, lugares marabillosos descoñecidos, coñecer formas de vida moi distintas ás nosas, ter noticias de civilizacións afastadas, de animais sorprendentes...
É un lugar para o entretemento, a curiosidade e a imaxinación, para sentir a poesía, para gozar de historias e lendas. Tamén ofrece recursos necesarios para o estudo, a realización de traballos e tarefas escolares.

 

 
Distribuir contido