Colecamiños

Colecamiños


 

PULSEIRAS COLECAMIÑOS


O Concello de Santiago de Compostela en colaboración co comercio de Compostela quere reforzar a participación no programa Colecamiños - Camiño Escolar Seguro e premiar os escolares que realicen unha mobilidade responsable e sustentable para acudir cada día con Moito Olliño aos seus respectivos centros escolares.


No interior do centro instalarase un lector (imaxe lateral), fronte ao local da ANPA, polo cal debemos pasar a diario a nosa pulseira. Esta pulseira ademáis de acumular puntos para acadar agasallos nos distintos lugares do Comercio Amigo, enviará unha mensaxe ás familias conforme o alumno ou alumna entrou no centro.

A pulseira obterase seguindo os seguintes pasos

  1. Accedendo á APP:  colecaminos.santiagodecompostela.gal, premendo en Rexistrar e seguindo os pasos que na aplicación se indican.
  2. Unha vez verificados, validaranse, e entregaranse as pulseiras no proprio centro, podendo comezar a empregalas.

PULSEIRAS E LECTOR

INFORMACIÓN COLECAMIÑOS

 


 

QUE SON OS COLECAMIÑOS


O CEIP Pío XII será o primeiro colexio no que se poña en marcha esta experiencia, que xa funciona con éxito en moitos países europeos, e en cidades máis próximas como Pontevedra. A Policía Local ten deseñados catro itinerarios para que os nenos cheguen con seguridade ao centro, e tendo que cruzar o menor número posible de pasos de peóns.

Os itinerarios son catro e parten desde:

Son itinerarios dun máximo de 850 metros, e que se poden percorrer a pé nuns 10 minutos. Para facilitarlles as cousas aos pais, nos puntos de orixe destas rutas reservaranse espazos nos que poidan parar uns minutos cos seus coches para deixar aos nenos.

Nunha primeira fase, será o persoal de Protección Civil o que garanta a seguridade dos cativos, axudándolles nos cruces. Cando o programa estea máis implantado, a intención é que sexan voluntarios os que se ocupen desta labor. Ademais, as tendas situadas nos catro percorridos deseñados colaboran co Colecamiños, e os nenos poderán dirixirse aos seu traballadores cando precisen dalgún tipo de axuda. Os establecementos estarán sinalizados cun cartel coa mascota Moito Olliño.

A clave do éxito deste tipo de programas é que os diversos actores sociais (pais e nais, a figura dos mestres e mestras, colaboración de veciños e comerciantes do barrio e como non, dos poderes públicos) se involucren cos valores que se pretenden e conseguir o compromiso de todos eles con nenos e co seu benestar.

MÁIS INFORMACIÓN


  Premios RACE

Os Premios Nacionais de Curtametraxes de Educación Viaria, organizados por RACE e Goodyear, teñen o obxectivo de aumentar a concienciación sobre a seguridade infantil no tráfico, convidando a desenvolver vídeos-curtametraxes de educación viaria aos case 3 millóns de escolares de Educación Primaria de toda España, repartidos en case 14.000 centros educativos.

Os alumnos serán actores dos seus vídeos representando situacións relacionadas coa seguridade viaria coas que poden atoparse no seu camiño ao colexio.
No portal www.premioseducacionvial.com pode obterse información a respecto do concurso.

 


Proxecto de camiño escolar Colecamiños   Martín Rosende Piñeiro creador de Moito Olliño


A imaxe desta campaña, o boneco Moito Olliño, foi seleccionada nun concurso de debuxo entre os escolares, no que resultou gañador Martín Rosende Piñeiro. A imaxinación de Martín e a creatividade da deseñadora gráfica María Pereiró, conxugaronse para dar unha mascota a este proxecto.
Distribuir contido