Premios

Premios obtidos


IMG-20230602-WA0029.jpg  

Premio  “Gala de EDUCACIÓN VIARIA 2023

Auditorio de Galicia


André Salgado Miralles de 4º de EP obtivo un dos catro premios otorgados na Gala de Educación Viaria organizada polo Departamento de Tráfico do Concello de Santiago.
     

 


 

 

Premio  “COÑECE O TEU CONCELLO” 21-22

La Voz de Galicia


Andrés Fonseca Caínzos, de 12 anos e alumno do CEIP Pío XII, foi o gañador do primeiro premio na categoría de escritura para escolares de entre 9 e 12 anos con Santiago no ano 2500, un relato no que viaxa ao futuro para ofrecer unha cidade mecanizada.
Eizan Guitián Martínez, de 8 anos, do CEIP Pío XII, foi galardoado na modalidade debuxo, escollendo o lugar que mellor representaba a súa cidade: unha das gárgolas da rúa do Vilar.

     

 

Premio  “COÑECE O TEU CONCELLO” 20-21

La Voz de Galicia


 

Marcela Taboada Mosquera, de 8 anos, alumna de 2º EP B do CEIP Pío  XII, obtivo o primeiro premio do concurso de debuxo organizado por La Voz de Galicia, cunha visión do centro histórico a través da mirada da figura de Valle-Inclán desde o seu banco da Alameda.
Parabéns a Marcela.


 

Premio  “COÑECE O TEU CONCELLO” 18-19

La Voz de Galicia


Premios de redacción e debuxo "Coñece o teu Concello", organizado por La Voz de Galicia. Ao concurso presentáronse máis de mil traballos procedentes dos 25 concellos da contorna de Compostela

Adriana Vila Fernández de 5º C obtivo un accesit pola súa redacción sobre as gárgolsd e Compostela


 

1º Premio do “II CONCURSO DE CARTEIS 8 DE MARZO”

Secretaría Xeral de Igualdade


PARTICIPARON NA ELABORACIÓN:

Paniagua Rodríguez, Demeku;  Regueira Costa, Lucía; Filgueira Dosil, Julia; Blanco Baluja, Oxana; Duaso López, Noa; Blanco Moure, Nuria; Martínez Bastón, Helena; Balsa Maceiras, Noa.
A entrega dos premios tivo lugar o mércores día 27 de febreiro de 2018 ás 12:00 horas nas dependencias da Cidade da Cultura.


2015.  COLECAMIÑOS. MOITO OLLIÑO

Proxecto de camiño escolar Colecamiños

  Martín Rosende Piñeiro creador de Moito Olliño
A imaxe desta campaña, o boneco Moito Olliño, foi seleccionada nun concurso de debuxo entre os escolares, no que resultou gañador Martín Rosende Piñeiro. A imaxinación de Martín e a creatividade da deseñadora gráfica María Pereiró, conxugaronse para dar unha mascota a este proxecto.

2015.  O MUNDO DOS SELOS

  Premio do concurso de debuxo “O selo da túa localidade” que consistirá nun selo de curso legal elaborado pola Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.

A gañadora foi a alumna de 6ºC Sara Varela Míguez. Parabéns!


2014.  PREMIO DOWN COMPOSTELA

  A Fundación Down Compostela concedeu á profesora de Audición e Linguaxe do CEIP Pío XII, María García Quintas, un dos PREMIOS DOWN COMPOSTELA correspondentes ao presente exercicio polo constante traballo que ten realizado ao longo da súa dilatada traxectoria profesional para favorecer a inclusión educativa de alumnos con Necesidades Educativas Especiais, en xeral, e Síndrome de Down en particular.

2011.  I CERTAME DE CONTOS CURTOS INFANTÍS E XUVENÍS DA FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA

 

Yago Barriuso Veleiro, alumno de 4ºA, recibíu o primeiro premio da súa modalidade no I Certame de Contos Curtos Infantís e Xuvenís da Fundación Novacaixagalicia-Claudio San Martín 2011.

 

 


2010. 3º PREMIO DO CONCURSO DE DEBUXO DO CSIC

  Lucía Viña de 6º C obtivo o 3º premio do Concurso de Debuxo organizado polo Consello Superior de Investigacións Científicas [CSIC] de Santiago.

2010. 1º CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL " A MIÑA RÚA O MEU BARRIO"

  O cartaz realizado pola alumna do CEIP Pío XII, María Crugeiras de 6ºA, resultou gañador do 1º Concurso de Debuxo Infantil "A miña rúa o meu barrio" convocado no marco do décimo aniversario de EMUVISSA, a Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago, no que podían participar todos os nenos e nenas que cursan estudos de primaria nos centros escolares de Santiago.

2010. VIII EDICIÓN DOS PREMIOS EDUCACOMPOSTELA

  Un traballo titulado Historia das Letras, presentado por Margarita Alborés Alborés, do CEIP Pío XII foi o gañador destes VIII Premios Educacompostela. O Xurado apreciou neste proxecto, dirixido ao alumnado de Educación Infantil, "o tempo e o proceso da experimentación" e que este dá conta do "esforzo pola innovación e investigación nunha traxectoria de 30 anos que avalan este proxecto".

2009. CONCURSO DE CARTEIS DE NADAL

 

O cartaz realizado pola alumna do CEIP Pío XII, María Crugeiras de 5ºA, resultou premiada co 1º accesit no concurso organizado polo Concello de Santiago.

Parabéns.


2009. CONCURSO DE LECTURA. LETRAS GALEGAS 09

  Corenta e cinco nenas e nenos de centros educativos compostelanos participaron no acto conmemorativo das Letras Galegas que organizou a Fundación Santiago Centro. A obra de Ramón Piñeiro foi o obxecto dun concurso de lectura dividido en tres categorías.
As gañadoras foron todas nenas. Así, Adriana Barros, de 3ºA do CEIP Pío XII, acadou o galardón na categoría de menores de dez anos.
Parabéns a Adriana.

2008. EXPOSICIÓN EN TAILANDIA

 

Katrina Blanch Marsolini, alumna de este centro ata este ano, enviou un debuxo a un concurso en Tailandia, e resulta que foi exposto na Queen’s Gallery de Bangkok, dentro do marco da exposición de arte “Colors from many lands”, baixo o título de En Santiago a choiva é arte e coa información de que Katrina é alumna do CEIP Pío XII (pois ese debuxo enviouse o ano pasado).

Este debuxo tamén ten chegado á portada dunha revista tailandesa ten aparecido en varios xornais da capital. O debuxo mostra a rúa do Franco nun día de choiva.

VER IMAXE


2007. CARTAZ DE NADAL

  O cartaz realizado polo alumno do CEIP Pío XII, Lucas Barros, resultou gañador no concurso organizado polo Concello de Santiago e servíu de soporte publicitario á campaña de Nadal 07.
 

Distribuir contido