Itinerarios lectores
Enviado por ceippio12 o Xov, 2010-09-23 08:16
Os itinerarios lectores son roteiros de lecturas adaptadas á idade do alumnado, escollidas polas titoras do nivel respectivo. Ademais do fomento da lectura comprensiva, o obxectivo destes roteiros é o de formar usuarios da biblioteca, aprender a coñecela e a manexar os seus fondos. Realizaremos tamén selección de títulos referidos aos proxectos documentais que se aprobena. No terceiro trimestre a actividade centrarase na figura do persoeiro homenaxeado co galo do Día das Letras Galegas. A actividade destes itinerarios continuará ampliándose ao longo do curso actual coas relacións de títulos que se irán publicitando no rincón das novidades da biblioteca escolar e nos seus boletíns informativos . |
»