María Solar
Enviado por ceippio12 o Mar, 2010-04-13 08:45
María Solar é licenciada en Xornalismo (IE Universidad) e ten presentado e dirixido numerosos programas de televisión e radio. Durante oito anos puxo voz e dirixiu As Tardes da Galega, na Radio Galega. En TVG presentou programas e galas como “100 Anos do Himno” (Uruguay, 2007), “Gala do Cocido de Lalín” (2007), a clausura do Festival de Cine Independente de Ourense (2006), “Loita Contra o Lume” (2006), “En Pé de Festa” (2006). Foi redactora e copresentadora noutros como “Vivir Aqui” (2008-09) e “Que Boa Tarde” (2002). Ademais de guionista e escritora tamén é actriz de dobraxe.
|
||
|
»