EDL. Actividades anuais 09-10


Dentro da programación xeral anual, desde o ENDL temos pensado enfocar a nosa actividade de cara ao fomento da linguaxe oral e escrita entre o alumnado e gañar novos ámbitos no emprego do galego utilizando tamén para iso e como en anos anteriores diversas manifestacións culturais da nosa zona así coma a realización doutras novas en consonancia co Plan Anual do Centro 

O plan de traballo estruturarase en doce proxectos que pretendemos que teñan como coordenadas a implicación do profesorado, a potenciación da linguaxe oral e escrita, o emprego das novas tecnoloxías, a colaboración entre centros e con asociacións e o deseño de actividades con continuidade no tempo.