Club de Letras
Enviado por ceippio12 o Ven, 2019-11-08 17:30
|
|
O CLUB DE LETRAS
O “Club de Letras” defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación. Neste marco os docentes suxiren diferentes acción enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan afondar, descubrir e coñecer novos eidos relacionados coas Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais. O Club de Letras, pretende proporcionar un espazo de encontro literario no que o alumnado contraste opinións, reflexione e debata de xeito lúdico e dinámico sobre a lectura e a escritura a través da achega das mulleres á literatura, a arte e a historia no cambio de século. Dirixido ao alumnado de 5º de EP, fomentando a participación especialmente de xénero feminino, pretende:
- Potenciar o emprendemento, o pensamento crítico e creativo na área de Humanidades, Artes e Ciencias Sociais.
- Desenvolver estratexias metodolóxicas que promovan a adquisición de novas habilidades e sensibilidades a través dunha invitación ao descubrimento.
- Fomentar o debate, a lectura reflexiva, a análise crítica, a creación e a aprendizaxe colaborativa.
|
|