Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
Abalar
Proxecto Abalar
Enviado por ceippio12 o Dom, 2012-08-05 23:01
|
Para acceder á información do portal Espazo Abalar é necesario estar autenticado. Pódese realizar a autenticación de dúas maneiras distintas:
A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.
Están a disposición das familias unha guía, na que se mostran as diferentes funcionalidades e servizos que os representantes legais poden utilizar dende o seu teléfono móbil, e un formulario para realizar consultas ou tramitar incidencias relacionadas coa aplicación abalarMóbil.
A mensaxería de abalarMóbil é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables. Esta nova sección está dispoñible a partir da versión 1.3.0 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como iOS.
Por DNI Electrónico
Se dispón de DNI electrónico pode acceder ao portal pulsando no enlace. Asegúrese de que o DNI está inserido no lector de tarxetas. Para obter máis información sobre os requisitos e a utilización do DNI electrónico visite a páxina do Corpo Nacional de Policía.
Por Certificado Dixital FNMT
Se dispón de certificado dixital da "Fábrica Nacional de Moneda y Timbre" e desexa acceder ao portal con el pulse aquí. Consulte a páxina do CERES para obter información sobre este certificado.
Poderá consultar os seguintes datos: Pode realizar un seguimento académico do curso actual no que o seu fillo/a se encontra matriculado, consultando as súas cualificacións por avaliación e as súas faltas de asistencia.
|