Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
O horto escolar. Voz Natura
Os Hortos Escolares iniciáronse no curso 2002-2003 en dous centros de ensino e a experiencia continuou en anos sucesivos até a actualidade no que se desenvolve como programa propio dentro das actividades de educación ambiental. Os nenos/as de 4ºA foron os destinatarios e protagonistas iniciais deste ano no que xoves a xoves fomos achegándonos ao mundo do agro, coñecendo o ciclo vital das prantas, aprendendo as propiedades dos cultivos e das prantas aromáticas e mediciñais dentro da horta, estudando as características do solo e o ciclo da materia orgánica... sempre dende unha perspectiva didáctica e respectuosa co medio. O traballo xornada a xornada desenvolveuse entre a aula e o exterior, comezabase na aula vendo os cultivos e explicando o que se ía facer e posteriormente en pequenos grupos se baixaba ao horto para rematar na aula facendo unha posta en común entre todos. |
||
|
||
AULA VERDE É un espazo no que poder realizar actividades lúdicas e lectivas no exterior, rodeados de natureza. Este proxecto incrementa a nosa aposta polo medioambiente, xa implementado en actividades como a reciclaxe selectiva, o horto escolar, ou a observación meteorolóxica. |
||
|
||
Voz Natura é un programa de educación medioambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997/1998. O seu obxectivo é implicar á comunidade escolar galega na recuperación e defensa da natureza da nosa terra. |