Horto escolar. Voz Natura. 16-17



 

MEMORIA VOZ NATURA 16-17


CONTIDOS DESENVOLVIDOS

  • O cultivo ecolóxico.
  • Coñecemento de froitas, legumes e verduras: fresas, chícharos e repolos.
  • Realización da plantación: preparación da terra, abonado, sementado.
  • As froitas, hortalizas e verduras na alimentación.
  • Coidado e mantemento: regar, limpeza de  herbas, quitar caracois,…
  • Formato dos textos prescriptivos.
  • Valoración e comparación do traballo e as acións dos iguais coas propias.
  • Función e importancia de institucións como a  Cociña Económica.
  • Observación e coidado dun ourizo, un canciño e dous parrulos.
  • Plantas ornamentais.
  • Representación a través do debuxo e a banda deseñada de experiencias vivenciadas.

ACTIVIDADES REALIZADAS

  • O proxecto iniciouse co limpado e acondicionamento do invernadoiro xa que desde o verán a proliferación de herbas sempre é importante. Destacar que no verán entraron no recinto escolar rompendo partes do plástico do invernadoiro, a estación meteorolóxica e levantando as telas que cubrían o chan para frenar o crecemento de herba.
  • Instalamos un programador de rego que, engadido ao rego por goteo da pasada edición, facilita moito as labores.
  • Organizamos a primeira plantación no mes de novembro, repolos de Corazón de Boi. Cada neno e nena participante puxo a súa planta.
  • Realizamos un calendario de responsabilidade semanal sobre o coidado da plantación. Durante esa semana o grupo asignado, acompañado e supervisado pola persoa titora, era o responsable de supervisar o rego, retirar herbas e caracois.
  • A evolución dos cultivos permite que sexa o alumnado o que se encarga das tarefas de limpado e mantemento.
  • A colleita desta primeira plantación foi entregada polas nenas e nenos á Cociña Económica. Por parellas desplazámonos ata esa institución portando cada parella unha bolsa con repolos.
  • Nas aulas plantamos bulbos de Jacinto, que nos permiten desfrutar do seu cheiro e apreciar a súa efimeridade, e tamén de Narciso.
  • En semilleiros plantamos cenoura, leituga e romanescu para transplantalos no horto escolar. Que estén nas aulas permite unha observación diaria e continuada do proceso de crecemento. Esta proposta tamén nos sirveu para desenvolver outros contidos curriculares como o achegamento á lingua escrita a través dos textos prescriptivos.
  • A ornamentación da aula verde, ou da natureza, tamén é responsabilidade nosa: arrincamos herbas, retiramos follas, limpamos as  prantas e plantamos bulbos de tulipán.
  • Tivemos na aula, en diferentes períodos, animais de moi diferentes características que, ademais de ser a ledicia das nenas e nenos permitíronnos observar o seu comportamento, ver as súas necesitades, vulnerabilidade e transferir o que aprendimos con eles á linguaxe plástica (debuxándoos) e á escrita (recollendo as nosas observacións e aprendizaxes).
  • En colaboración cunha ONG, que actúa en Guinea, empregamos pixamas aportados polas nenas e nenos para elabora bonecas que chegaron a nenas e nenos de idades similares ás nosas.
  • Visitamos o horto do IES Xelmírez para que o seu alumnado nos contase a súa experiencia, cal era o fin dos seus cultivos, como se organizan para traballar e plantexámoslle algunhas dúbidas a problemas que tiñamos nós como por exemplo:  como podíamos loitar contra os caracois.
  • Non perdemos a ocasión de aprender “con” e “para” a natureza observando o comportamento das plantas pero tamén de caracois, lesmas, arañas ,etc.