Skip to Content

CADERNO VERDE

Como sabedes, o noso cole está inmerso no programa “Recíclate con Sogama”, onde estivemos levando a cabo durante este curso diferentes actividades e incluso unha visita á nave de SOGAMA en Cerceda co alumnado de 5º de primaria.

Coa finalidade de aportar o seu gran de area, e que sigamos cos bos hábitos, propóñennos unha serie de actividades nunha edición especial de "Caderno verde" que publicaron con motivo do confinamento para que os nenos e nenas poidades seguir traballando na casa. Son 15 unidades didácticas con actividades online sobre bos hábitos para facer fronte ao Covid-19, incluindo tamén algunhas cuestións de reciclaxe.

 

#EuQuedoNaCasa co #CadernoVerde www.cadernoverde.gal



blog | by Dr. Radut