Skip to Content

Audición e Linguaxe

Dende a aula de A.L.déixovos estas recomendacións:

Traballamos as praxias:

1-Sacar a lingua e metela dentro da boca ,varias veces.

2-Intentar tocar coa punta da lingua o nariz e o queixo.

3-Mover a lingua do lado esquerdo ao lado dereito da boca.

4-Relamber os beizos e os dentes.

5-Facer o xesto de bicar.

6-Apoiar a punta da lingua por detrás dos dentes de abaixo e de arriba.

7-Apoiar a punta da lingua por diante dos dentes de abaixo e de arriba.

Traballamos o sopro:

1-Inspiramos (collemos aire polo nariz) expiramos (soltamos o aire pola boca)varias veces.

2-Soplamos papeis,tapóns de corcho ,todo o que se vos ocurra ,pero collendo aire polo nariz e soltandoo pola boca.

Traballamos onomatopeias:

1-Imitamos animais (tigre,león ,ra,ovella,galiña ,serpe...)

2-Imitamos os sons de unha campá,de un coche,do aire soprando,das sirenas das ambulancias ,dos bombeiros ,da policía...

Realizamos xogos, como as palabras encadenadas,palabras que empecen por un fonema (que antes acordáramos), lecturas de palabras .

Repetimos trabalinguas,aprendemos adiviñas,cantamos cancións...

Inventamos pequenos contos ,lemos contos,comentamos contos ,ou outras lecturas.

 



blog | by Dr. Radut