Skip to Content

TI SI QUE ES UN BO PEIXE 21/22

E por fin este curso poidemos volver a realizar os obradoiros do programa ALIMÉNTATE BEN case con normalidade! A semana pasada realizamos a actividade “Ti si que es un bo peixe”, xestionada pola Consellería do Mar, co fin de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do noso mar ao alumnado (pulsa na imaxe para saber máis), na que participou todo o alumnado do centro, dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria.

                                     

 

Uxía e Roque ensináronnos 9 exemplares de peixes, coñecendo o seu nome, características, formas de pescalos, etc. E tamén os seus beneficios na nosa saúde, insistindo na necesidade de consumilos.

                        

                       

             

 

Para rematar de forma divertida, cantamos e bailamos unha canción repasando todo o aprendido.

                 

                  

Ademais, deixáronnos un agasallo, unha bandana co logotipo da actividade para protexernos do sol, ou facer de cociñeiros!

                               

 

Nas vosas casas podedes consultar os tripticos informativos que tamén nos deixaron.



blog | by Dr. Radut