Skip to Content

TI SI QUE ES UN BO PEIXE

banner Bopeixe

Dentro do programa ALIMÉNTATE BEN, no que vén participando o centro dende hai uns cursos, desenvólvese o programa “Ti si que es un bo peixe”  xestionada pola Consellería do Mar, co fin de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do noso mar ao alumnado (pulsa na imaxe para saber máis). O curso pasado, por mor do Covid, quedaron pendentes de realizar as actividades deste programa, que se levaron a cabo ao inicio do curso actual, no mes de outubro.

 

O alumnado de 4º/5º e 6º de Educación Primaria desfrutou dunha visita virtual a unha lonxa a través dunhas gafas de realidade virtual con visionado en 3 dimensións. Tamén coñeceron distintos bivalvos e a forma de extracción e comercialización e desfrutaron dunha merenda mariñeira. 

               

 

                                                        

 

              

                                              



blog | by Dr. Radut