Skip to Content

Campionato de peón e magosto 2016

Peóns, música, baile e castañas ben quentiñas son os ingredientes perfectos para festexar o MAGOSTO. Así o fixemos no cole o pasado venres, se queres ver algunha imaxe do momento preme aquí.

 

 

Mochila viaxeira

O vindeiro luns 14 de novembro, comeza a súa andaina a Mochila Viaxeira. E...por onde viaxará? Dende a Bibliteca Escolar ata os fogares do alumnado de 1º e 2º curso de primaria, quenes poderán manter momentos de encontro e lecturas compartidas en familia co fin de fomentar o hábito lector.

Irá cargadiña de contos, revistas, historias, personaxes e,...de todo aquelo que poidades imaxinar!

Agardade a vosa quenda, a viaxe comeza en 3,2,1...

Samaín

Quen dixo medo? Se queres ver o ben co pasamos os nenos e as nenas de Educación Infnatil na festa do Samaín preme na imaxe.

Graciñas a todas as familias que participastes aportando cabazas...un traballo estupendo!!!

Calendario escolar curso 2016/2017

Preme na imaxe para ver o calendario do curso 2016/2017

Xogo outono

As nenas e os nenos de Educación Infantil estivemos xogando no EDI (Encerado Dixital Interactivo)

Fixémolo moi ben e gustounos tanto que seguiremos traballando para acadar unha mellor habilidade! Deixámosvos unha actividade sobre o outono para que poidades seguir practicando no ordenador das vosas casas. So tedes que premer enriba da imaxe e...a xogar!

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O 22 de Xuño, celebramos no noso colexio a festa de fin de curso, onde todos os nenos e nenas, poideron gozar de numerosos xogos, bailes e dun espectáculo de maxia. Finalmente,entregamos un diploma a persoa gañadora do certame de contos.Se premedes na imaxe, poderedes acceder a galería fotográfica.

 

 

 

 

 

SAÍDA DO ALUMNADO DO 1º CICLO Á CIDADE DA CORUÑA

O pasado día 21 de xuño, as nenas e nenos do 1º ciclo visitaron a cidade da Coruña. Pola mañá foron á Casa das Ciencias e ao Planetario. Comeron no Domus e remataron coa visita ao Domus e ao Acuario.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO: LISTAXE DEFINITIVA

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS DE TEXTO.

Nesta listaxe ao lado do nome do alumno/a aparecen os libros que o alumnado recibirá en setembro no centro.

Recorde que deberá adquirir os que non aparecen no listado así como os caderniños correspondentes ás diversas materias.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO: LISTADO PROVISIONAL

LISTADO PROVISIONAL FONDO LIBROS DE TEXTO

Neste listado, ao lado do nome do alumno aparecen os libros que o centro lle proporcionará e que por tanto non terá que adquirir, para o vindeiro curso 2016/17.

TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS, polo que no caso de que non apareza ningún libro adxudicado, deberá agardar á publicación da LISTAXE DIFINITIVA (xoves, 7) para coñecer os libros que non terá que comprar.

Recorde: que esta listaxe non é a difinitiva. Dispón de dous días para reclamacións.

Ante calquera dúbida pode poñerse en contacto coa secretaría do centro.

PROBAMOS O MEL

Os nenos de Infantil fixeron un proxecto sobre as abellas, no cal, aprenderon onde viven as abellas, as clases de abellas que existen, as propiedades do mel....

Para rematar o proxecto, fixemos unha degustación de productos con mel. Clicade na imaxe para acceder a galería.

Distribuir contido


by Dr. Radut