Skip to Content

Día da Paz 2018

"Un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo" 

Estas palabras díxoas MALALA, unha nena que loita polos dereitos das persoas. Nun día coma o de hoxe quixemos rendirlle homenaxe elaborando este mural e, como non, poñéndolle un pouco de música.

 

Festival 2017

Velaquí un anaco do que foi o Festival.

Agardamos que o desfrutades tanto coma nós!

 

 

Saída Infantil

Queres descubrir a onde fomos de visita as nenas e os nenos de infantil?

Preme na imaxe e poderás descubrilo

Teatro contra a violencia de xénero

Na xornada de hoxe poidemos desfrutar do grupo Alentía Teatro, quenes representaron a obra "Carreiros de lectura", onde se xuntaron valores como o respecto, a igualdade, a empatía e a solidariedade.

A través de varias historias conseguimos descubrir que existe un mundo feliz... e sen présas!

Mar ou montaña?

Durante este curso, varias aulas van participar no Proxecto de Paisaxe enmarcado dentro dos Plan Proxecta da Consellería de Educación.

Para comezar, recibimos unha carta do esqueleto Valentín explorador sen fín, no que nos comenta as súas aventuras. Polo momento, pediunos que reflexionemos sobre a paisaxe do cole e aquelas cousas que cambiaríamos para mellorala.

Aquí o tedes nalgunha das súas viaxes. E vós, que preferides: mar ou montaña?

Contacontos

Sabedes quen nos trouxo a este amiguiño para contarnos contos?

Vouvos dar unha pista...foi a nai dun compañeiro de 1º curso.

Preme na imaxe e poderás descubrilo

Dende aquí dámoslles as grazas por vir!!

Visita Correos

 

Alumnado de terceiro curso visitou a oficina de Correos de Palas de Rei para enviar unhas postais escritas por eles.

De seguro que, aqueles que a recibiron levaron unha enorme alegría ao atopala na súa caixa de correo!

 

Magosto e Día do Peón

O pasado  venres tivo lugar o VI Campionato de Peón no cole, noraboa a todo o alumnado participante!! Agora seguide practicando para o vindeiro curso!

Pero non só fixemos rodar os peóns tamén comemos unhas castañas para celebrar o magosto.

Preme na imaxe para ver máis fotografías do momento.

 

Samaín

Graciñas a todas as familias pola vosa colaboración!

Portas terroríficas!

Así de terroríficas lucían as portas do cole estes días de Samaín..uuuuh!

Preme na imaxe para velas polo miúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut