Skip to Content

Unha eiruga moi larpeira

Ui, que dor de barriga!!

Na aula de 3 anos coñecimos a unha eiruga moi larpeira que comeu demasiado e, claro....púxose moi maliña!

Como sabemos o que lle pasou? Contáronnolo os nenas e as nenas de quinto de primaria!

Mirade aquí

 

Proceso para a implantación da xornada continua no curso 2020 - 2021

Adxuntamos a circular enviada ás familias este pasado venres na que se explica o procedemento para solicitar a implantación da xornada continua no centro.

Os pasos a seguir son os seguintes: acordo do claustro, acordo do consello, informe favorable do servizo provincial de transporte escolar e votación das familias. No momento no que un destes pasos non sexa aprobado, paralizarase o proceso, quedando denegada a implantación da xornada continua.

O luns, día 11 de novembro, terán lugar os dous primeiros, votación do claustro e votación do consello. Se resultaran favorables as votacións, procederase a solicitar o informe ao servizo de transporte escolar.

En caso de chegar ao cuarto paso, as familias seredes convocadas a unha reunión no centro na que se vos explicará con detalle o horario, os motivos que sustentan este cambio, os servizos ampliados que ofertaría o centro...e resolveranse todas aquelas dúbidas que poidades ter. O obxectivo é que coñezades en profundidade o proxecto de xornada continua, para que realicedes unha votación no día que se determine.

Deixa voar a túa imaxinación. Le

Saíronnos ás de tanto ler. Si, si, mira aquí e veralo

A biblioteca no tempo de lecer

 

Queres saber que actividades ofrece a biblioteca no tempo de lecer?

Preme aquí e descubriralo!

 

 

 

 

 

 

Magosto

Peóns preparados, cucuruchos listos...e a comer castañas!!

Preme na imaxe para ver que ben o pasamos durante esta xornada de campionato de peón e magosto

Graciñas a todas as familias por aportarnos as ricas castañas!

Conta contos de medo

Samaín e Halloween tamén estiveron presentes na biblioteca do cole, preme na imaxe para descubrir algo máis! Uuuuhh!

Trick or treat?

Non, non...non estamos en Irlanda, nin en Inglaterra. É o noso cole, estamos en Palas. Pero gracias a teacher Meri "viaxamos no espazo" e coñecimos máis polo miúdo a tradición do Halloween. A través de diferentes xogos e actividades ampliamos coñecementos e vocabulario en inglés. Bueno...e tamén comemos algunha que outra chuche ;)

Preme aquí para ver máis imaxes

Thank you very much teacher Meri!!

 

 

Unha comida terrorífica

...o Samaín chegou ata a cociña do cole!!

Estas 3 bruxiñas sorprendéronnos cun menú de meeeedo. Parabéns polo voso traballo!!

 

 

Samaín 2019

Durante estes días o cole transformouse para festexar o Samaín...profundizamos sobre a emoción do medo, elaboramos portas terroríficas, personaxes de susto, e unha exposición de cabazas!!

Unha vez máis, graciñas a todas as familias por aportarnos estas cabazas tan xeniais!

Preme aquí para ver máis imaxes.

 

Conmemorando o día das Bibliotecas Escolares

24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas Escolares.
Para nós, a biblioteca é un espazo moi importante no que pasaremos moito tempo, xa que é idóneo para adquirir novas aprendizaxes.
O xoves coñecemos a súa nova organización, o decálogo de normas para o seu funcionamento, as actividades que se realizarán no recreo (lectura, xogos, curtametraxes,  contacontos, bibliopatio…). Dende o luns, os colaboradores durante os recreos axudarán a un mellor funcionamento da biblioteca.
Entre todo o alumnado do centro, elaboramos un mural que leva por título “Deixa voar a túa imaxinación. Le”. Un mural que se compón de moitas plumas con mensaxes moi significativas: eu leo para soñar, eu leo para aprender…
Deixámosvos un vídeo como resumo do acontecido na biblioteca. 
Distribuir contido


by Dr. Radut