Skip to Content

Educación física

Xornada de convivencia e recoñecemento da contorna de 3º e 4º niveis de E. Primaria cunha rota de sendeirismo. Mércores, 21 de xuño.

O pasado mércores, 21 de xuño, o alumnado de 3º e 4º niveis de E. Primaria, as súas titoras e a profesora de E. Física realizaron unha xornada de convivencia e recoñecemento da contorna, cunha andaina, do centro á Ponte do Ruso, pasando logo por diferentes zonas da marxe esquerda do río Tines e o seu paseo fluvial, nas proximidades do centro. A media mañá, fíxose unha parada na área recreativa do Areal, onde se xogou, conversou, merendou e bebeu para repor enerxías. Algo máis tarde, foise ao parque da saúde, onde se fixo unha nova parada, para logo ir á área recreativa da Horta do muiño e dalí continuar polo paseo fluvial ata chegar ao centro a iso das 14:30h.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e recoñecemento da contorna de 5º e 6º niveis de E. Primaria, cunha andaina, de Broña á Punta do Requeixo. Luns, 19 de xuño.

O pasado luns, 19 de xuño, o alumnado de 5º e 6º niveis de E. Primaria as súas titoras e o titor, xunto coa profesora de E.Física, levaron a cabo unha xornada de convivencia e recoñecemento da contorna cunha rota de sendeirismo. Deste xeito, saíron do centro en autobús deica Broña a iso das 10:10h  e, unha vez alí, dirixíronse polo paseo marítimo cara á área recreativa da Punta do Requeixo, onde xogaron, conversaron e repuxeron forzas merendando e bebendo. Logo, retornaron a Broña, onde xogaron un anaquiño máis e, pouco despois, subiron ao autobús para regresar ao colexio. Por suposto, tratouse dunha agradable xornada da que nenos, nenas e profes gozaron ...

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Moita sorte na vosa nova etapa educativa e na vida en xeral, nenos e nenas de 6º!!! 

Excursión de fin de curso do alumnado e profesorado de E.Infantil á cidade da Coruña. Xoves, 8 de xuño.

O pasado xoves, 8 de xuño, o alumnado de E. Infantil, as súas titoras e a coidadora do centro desprazáronse á cidade da Coruña, onde levaron a cabo unha sesión de Magnavisión  D3 no DOMUS e, ademais,  visitaron a marabillosa CASA DOS PEIXES, tamén chamada AQUARIUM. Por suposto, foi unha xornada especial na que se gozou coas actividades realizadas. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Visita do alumnado de 1º a 4º de E. Primaria e varias mestras á Fundación Neira Vilas e ao Pico Sacro o, venres, 9 de xuño.

O pasado venres, 9 de xuño, o alumnado de 1º a 4º de E. Primaria e 6 mestras do centro visitaron ao longo do día a Fundación Neira Vilas e tamén subiron ao Pico Sacro. Neste último lugar, estiveron acompañados do profesor e escritor X.M Lobato, que xa antes estivera no noso centro falando dos mitos e lendas vencellados co Pico Sacro, posto que o eixo vertebrador do traballo levado a cabo ao longo do curso nas diferentes aulas do centro foi precisamente ese: "Mitos e lendas", a proposta do Equipo de biblioteca.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e xogos populares para o alumnado de E. Infantil. Serra de Outes, xoves 1 de xuño.

O pasado xoves, 1 de xuño, o alumnado de E.Infantil do noso centro, do C.E.I.P Emilio de Navasqüés, do Cruceiro de Róo, do C.E.I.P Felipe de Castro, de Bergondo,  do C.E.I.P Alexandre Rodríguez Cadarso, da Barquiña e parte do profesorado dos catro centros educativos  levamos a cabo unha xornada de convivencia e xogos populares. Foron algo máis de 200 os alumnos/as (E.Inf.) participantes e 22 os profesores/as. Pero, ademais, contamos coa marabillosa colaboración do alumnado de 6º nivel de E.P e dúas alumnas de 5º nivel que, sen dúbida, desempeñaron un relevante papel na xornada. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornadas de convivencia e xogos populares de E. Primaria nos meses de abril e maio.

Un ano máis, os catro centros de E.Infantil e Primaria dos Concellos de Outes e Noia levamos a cabo unhas xornadas de convivencia e xogos populares.

Este curso, houbo unha modificación con respecto aos  anteriores... Os nenos e nenas acollérona de bo grao, pois no canto de teren que seguir unha orde estipulada, previamente, no referente ao paso polas estacións de xogo e teren que ir co mesmo grupo toda a xornada, agora podían ir dunha estación noutra como mellor lles parecese e tamén na compaña de quen quixesen... Iso si, deberían procurar pasar por tódalas estacións de xogo, onde despois de xogar un anaco lles porían un gomet no plano. 

A primeira xornada levouse a cabo no C.E.I.P Felipe de Castro de Bergondo o venres, 28 de abril, co alumnado de 1º e 2º niveis e varios/as dos seus mestres/as.

 

 

 

 

 

 

 

A segunda xornada tivo lugar no C.E.I.P Alexandre Rodríguez Cadarso da Barquiña o xoves, 5 de maio, co alumnado de 3º e 4º niveis e varios dos seus mestres/as.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A terceira xornada celebrouse no C.E.I.P Emilio de Navasqüés do Cruceiro de Róo o luns, 8 de maio, co alumnado de 5º e 6º niveis e parte do seu profesorado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Agora só quedan por pasalo igual de ben os/as máis pequerrechos/as dos nosos coles e os /as seus/súas mestres/as . 

 

A xornada de E. Infantil terá lugar no noso centro, se todo vai ben, o vindeiro 1 de xuño.

Agardámosvoooooos!!!

Fase Provincial de Campo a través. Pobra do Caramiñal, sábado,18 de febreiro

Onte, sábado, 18 de febreiro tivo lugar en Cabío (Pobra do Caramiñal) a Fase Provincial de Campo a través. Por tal razón, a iso das 9:15h estabamos na contorna do noso colexio: Sabela (categoría benxamín feminina), Manel, Brais, Iván, Adrián, Pedro e Ignacio (categoría benxamín masculina), Hugo, Eloy, Clau, Marcos, Sergio e Rubén (categoría alevín masculina), Carla e Susana (profe responsable e profe e adestradora respectivamente) e un nutrido grupo de familiares dos corredores/a esperando a chegada do autobús para saír cara ao lugar da competición.

Unha vez en Cabío, recolléronse os dorsais, fíixose un recoñecemento do circuito, quentaron a corredora e os corredores e, pouco despois, terían lugar as distintas carreiras de competición...

Por suposto, o nivel, unha vez máis chegada esta fase, foi moi elevado. A pesares disto, tanto a nena como os nenos acadaron postos bastante bos, aínda que sen tratarse nesta ocasión dos primeiros, segundos postos... aos que uns máis que outros/a estaban afeitos...

Logo, pasado un tempo no que os responsables das probas continuaron co seu traballo, namentras nós: conversabamos, picoteabamos algo, sacabamos fotos... os resultados foron saindo e para nós FANTÁSTICOS, posto que lle arrebatamos o 3º posto, nas dúas categorías nas que competimos, a numerosos clubs de renome e prestixio (tras moitos anos de vida e traballo) e, por suposto, tamén a outros centros educativos...  

Nesta ocasión, os corredores comprobaron, mellor que en ningunha outra, como o esforzo en grupo conleva recompensas tamén individuais, pois o trofeo é para o equipo, pero cadaquén leva o seu metal, desta vez o bronce. 

Unha vez máis, NORABOA CAMPEOA E CAMPIÓNS!!!

E... moitísimas grazas aos familiares e amizades que, novamente, nos apoiaron en canto foi preciso e contribuiron, coa súa presenza, a que a espera polos listados cos resultados resultase máis grata.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fase intercomarcal de Campo a través na Serra de Outes (Outes). Venres, 27 de xaneiro

O pasado venres, 27 de xaneiro, tivo lugar a Fase intercomarcal de Campo a través. Nesta ocasión, a competición tivo lugar na casa, concretamente na contorna da Horta do muíño.

Do noso centro lograran clasificarse dous equipos: o benxamín masculino e o alevín tamén masculino, tras acadar un segundo e primeiro postos respectivamente na Fase intercomarcal, celebrada no Campamento xuvenil V irxe do Loreto (Porto do Son) e dúas nenas a nivel individual: Sabela F.F. da categoría benxamín feminina e Laura C.R. da alevín feminina

O día amencera feo; chuvia, vento e lama deslucían o circuíto... Pero, aínda así, os nosos corredores e corredoras lograron brilar e por riba... NA CASA. Deste xeito, regresamos ao centro con trofeos e medallas, posto que acadamos dous primeiros postos por equipos e un quinto posto, a nivel individual, da carredora Sabela F.F., co cal acadaron a clasificación para a seguinte fase: a Provincial, que terá lugar o vindeiro, 18 de febreiro (sábado) na Pobra do Caramiñal. Nesta ocasión, a outra corredora, Laura C.R., quedou fóra por ben pouco, aínda que fixo unha excelente carreira, pòis non debemos esquencer que correu con problemas de saúde.

NORABOA A TODOS/AS!!!

Queremos tamén agradecerlles a familiares e amizades dos nosos corredores/as a súa colaboración e apoio

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Celebración da chegada do Nadal e do remate do 1º trimestre.

O mércores, 21 de decembro, celebrouse no cole o remate do primeiro trimestre e a chegada do Nadal.

Nas derradeiras semanas fóranse facendo: debuxos para o concurso interno, no que elixir as gañadoras coas que logo elaborar os almanaques en colaboración co C.E.I.P Emilio de Navasqüés e co I.E.S Poeta Añón, adornáranse aulas e corredores, ensaiáranse panxoliñas... e agora tocaba ver unha obra musical trilingüe titulada: "A fada Diana no bosque musical" a cargo da Compañía teatral: "The fairy Storyteller productions" para porlle fin ao trimestre. Pero, ademais como ven sendo xa tradición desde hai anos, despois do teatro tocaba degustar o chocolate con biscoito... e recibir a visita de Papá Noel para logo iniciar as ansiadas vacacións.

Por certo, riquíííííísimosssss tanto o chocolate como o biscoito !!!.

Bo Nadal e Feliz 2017 a toda a nosa Comunidade educativa e, como non, ao resto do universo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fase comarcal de Campo a través. Campamento Xuvenil Virxe do Loreto (Porto do Son), 19 de decembro de 2016

Antonte, 19 de decembro, arredor de 70 nenos e nenas e 4 mestres/as saímos a iso das 10:10h do centro cara a Porto do Son, onde se levaría a cabo a Fase comarcal de Campo a través en Idade escolar.

Unha vez alí, visitamos o circuíto e os corredores/as foron preparándose e quentando para ir participando nas distintas carreiras por categorías e sexos.

Segundo ían rematando os nervos ían quedando atrás e os éxitos chegando. Así, acadáronse un total de 7 metais. Deste xeito,  o equipo Benxamín masculino acadou un fabuloso segundo posto, o equipo Alevín masculino, nen máis nen menos que, un merecidísimo primeiro posto e a nivel individual clasificáronse Sabela F. (3ºA) na categoría  Benxamín feminina e Laura C. (5ºA) na Alevín, tamén feminina. Resaltar ademais que Natasha, Infantil feminina, estivo a un só posto de logralo, conseguindo un meritorio noveno posto.

Noraboa a todos/as ... Por suposto, referímonos tamén a todos/as aqueles/as que, a pesares do seu esforzo, remataron a súa andaina nesta tempada.

Agradecerlles, unha vez máis, ás persoas que nos acompañaron o seu apoio.

E agora, toca pelexar na casa, posto que a vindeira xornada, a da Fase intercomarcal, terá lugar no noso propio Concello, concretamente na Serra. 

Alí estaremos, máis ilusionados/as que nunca e orgullosos/as de competir tan preto do noso centro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut