Skip to Content

Educación física

A celebración do Samaín/ Halloween e o Magosto no noso centro, 28 de outubro de 2016

Durante a mañán do 28 de outubro celebramos o Samaín/Halloween cun percorrido, por quendas, polos corredores para ver as cabazas e as portas adornadas para a ocasión. Pero, ademais realizáronse xogos típicos da cultura estadounidense nesta data, propostos polas profes de Inglés e a auxiliar de conversa.

Logo, pola tarde, os rapaces e rapazas elixiron libremente participar en xogos populares e tradicionais como: as trécolas, o brilé, a mariola, a corda, a aña ... ou ben conversar con distintos amigos/as antes de degustar as castañas asadas tan propias do día no que se celebraba o Magosto, acompañadas de zume.

Resultou un día agradable... Para o ano máááááis!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e recoñecemento da contorna do alumnado de 1º e 2º niveis de E.P do noso centro e do Emilio de Navasqüés e varias mestras de ambos colexios, 30 de setembro de 2016.

O pasado, 30 de setembro, o alumnado de 1º e 2º niveis de E.P do noso centro e do C.E.I.P Emilio de Navasqüés, as súas titoras e a profesora de E.F (do noso centro) levamos a cabo unha xornada de convivencia e recoñecemento da contorna. Así, nós partimos do cole sobre as 10h e fomos camiñando deica á Ponte do Ruso, onde quedaramos cos do colexio do Cruceiro de Róo. Logo, tras os saúdos e as presentacións pertinentes, dirixímonos todos/as camiñando cara o atrio da capela do Rial.

Xa alí, despois de: merendar, beber e repor enerxías, realizamos diversos xogos populares. Deste xeito,levamos á práctica: a corda, a petanca, o pano... En definitiva, pasamos unha mañán estupenda con outros/as nenos/as do Concello e algunha das súas mestras e, ao tempo, visitamos distintas zonas da contorna.

Esperemos repetila experiencia noutras ocasións, aínda que varie o percorrido!!!.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fase de toma de contacto co campo a través. Estadio municipal de San Lázaro (Noia), 1 de decembro de 2016

O xoves, 1 de decembro, a iso das 10:15h 66 nenos/as (dos 72 inscritos/as) e 4 profesores/as saímos cara o Estadio municipal de San Lázaro (Noia) para participar na Fase de toma de contacto coa da modalidade de Campo a través en Idade escolar (Xogade).

Do noso centro participou un bo número de alumnos/as, desde o 2º ao 6º nivel de E. Primaria, nas categorías: Benxamín, Alevín e Infantil, tanto feminina como masculina.

Os corredores/as de todos os centros e clubs inscritos da bisbarra superaban as 1.000 persoas. Pero, aínda así, os resultados foron moi bos e regresamos ao centro cos metais acadados ao lograr posicións tan envexables como son: a primeira (Manel e Hugo C.), a segunda (Sabela F.), a terceira (Laura C.), a quinta (Brais L.),  a oitava (Alejandro R.) e a novena ( Natasha).

Coma noutras ocasións, acompañáronnos: pais, nais, avós, avoas, amizades... dándolles ánimos aos corredores/as e prestando a súa axuda a quen a precisou.

Moitas grazas a todos/as.

Contamos con vós o vindeiro 19 de decembro no Campamento Virxe do Loreto (Porto do Son), onde se levará a cabo a segunda xornada de competición, a Fase Comarcal.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tempada 2016-17 de Campo a través

O vindeiro 1 de decembro arrancará a nova tempada da modalidade de Campo a través, dentro do Programa Xogade.

Deste xeito, os nenos e nenas da bisbarra competirán, por primeira vez neste curso, no Estadio municipal de San Lázaro (Noia) a partires das 11h, aínda que será unha fase de toma de contacto, dirixida especialmente a todos/as aqueles/as que tomaron a decisión de participar por primeira vez.

No noso colexio participarán 72 deportistas de 2º a 6º niveis de E.P., a non ser que algún problema llelo impida.

Como ven sendo habitual, irán acompañados pola profesora de E. F e outros/as profesores/as do centro, en autobuses fletados pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Por suposto, todas aquelas persoas: familiares, veciños/as, amizades... que o desexen poderán ir velos/as correr e animalos, aínda que deberán facelo pola súa conta.

Moito ánimo a todos/as!!!

Benvidos á nova tempada de campo a través 2016-17

O curso 2016-17 empezou e axiña empezarán tamén as competicións de Campo a través en idade escolar. Polo tanto, dende o colexio e, especialmente, dende o departamento de E. Física agardamos a vosa participación.

Lembrade que esta actividade pode levarse a cabo a partires do 2º nivel de E. Primaria.

Ánimo e a participaaaaar!!!!!

Xornada de convivencia e xogos de E.Infantil en Bergondo, xoves 28 de abril.

E por fin chegou o día!!!... Na cuarta xornada de convivencia e xogos para os nenos e nenas de E. Infantil o noso centro estreouse. O alumnado estaba entusiasmado e ansioso coa chegada deste día, posto que boa parte del escoitara falar das xornadas de convivencia e xogos populares de E.Primaria a: irmáns, irmás, primos, primas, amigos, amigas, ...

Nesta edición a xornada levouse a cabo nas instalacións do C.E.I.P Felipe de Castro en Bergondo (Noia) a onde fomos o alumnado de E. Infantil e parte do profesorado do noso centro, do C.E.I.P Emilio de Navasqüés do Cruceiro de Róo (Outes), do C.E.I.P Ricardo Tobío de Esteiro (Muros) e do C.E.I..P Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso da Barquiña (Noia).

A xornada transcurriu sen incidencias e os nenos e nenas pasárono pipa.

Ao rematar coas nove estacións de xogo, a iso das 12:50h, reagrupámonos por centros para ir aos autobuses e regresar aos diferentes centros.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e xogos populares, tradicionais e autóctonos de 5º e 6º niveis de E. Primaria na Barquiña, 22 de abril do 2016.

O pasado venres, 22 de abril, os nenos/as e profesores/as de 5º e 6º de E. Primaria do noso centro e doutros catro centros da contorna: o C.E.I.P Ricardo Tobío de Esteiro, o C.E.I.P Emilio de Navasqüés do Cruceiro de Róo e os dous públicos de Noia, o C.E.I.P Felipe de Castro e o C.E.I.P Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso, xuntámonos nas flamantes instalacións deste último para levar a cabo unha xornada de convivencia e posta en práctica de diversos xogos populares, tradicionais e autóctonos durante toda a mañán, para saír de retorno cara aos distintos centros a iso das 13:15h. 


Foi unha mañán fabulosa, na que nenos/as e mestres/as: conversaron, xogaron e bailaron... Ademais, a pesares do tempo dos días previos, neste só caeron unhas gotiñas de auga á hora do recreo que, por suposto, non botaron a perder a xornada.  


 


 


 


 


 


 


 


 


  


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 

Xornada de convivencia e xogos populares do 3º e 4º niveis de E.P no noso centro, 6 de abril do 2016.

 

O pasado mércores, 6 de abril, os nenos e nenas de 3º e 4º niveis de E.P do C.E.I.P Ricardo Tobío de Esteiro, do C.E.I.P Emilio de Navasqüés do Cruceiro de Róo, dos C.E.I.P Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso e C.E.I.P Felipe de Castro de Noia e. por suposto do noso, e boa parte dos seus mestres e mestras, levamos a cabo unha xornada de convivencia e xogos populares, tradicionais e autóctonos nos patios do noso centro.

A xornada desenvolveuse sen incidencias e, a iso das 13h, cada grupo retornou ao seu centro.

Esperamos que todo o mundo gozase da mañán ... e para o vindeiro curso máááis...

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fase Provincial de campo a través. Narón, 06-03-2016

O pasado domingo, 6 de marzo, ás 14:15h saímos da Serra: unha nena da categoría benxamín feminina, que competiría como individual, os seis mellor clasificados da categoría benxamín masculina (campións na fase intercomarcal), un neno da categoría alevín masculina que, como a nena, tamén competiría como individual e dúas profes. Pero, ademais acompañáronnos boa parte dos pais, nais e irmáns dos corredores e da corredora que nos representarían en Narón, na fase provincial de campo a través, como xa fixeran noutras ocasións, sin importarlles que se tratase dunha desapacible tarde de domingo.

Sobre as 15:45h chegamos a Narón, onde comprobamos que o lugar no que se ían levar a cabo as distintas carreiras de competición estaba completamente encharcado... Pouco despois era unha auténtica lameira. Ademais, o espazo cuberto no que poder resgardarse da chuvia era mínimo, non había aseos, ... e na nosa nena e nalgún dos nenos afloraban os nervos. Tanto era así que, nalgún intre, ben pensei que algún non sairía a competir. Porén, tras falar con eles/a e explicarlles, que só o feito de teren chegado alí era todo un éxito e que para nós sempre serían os/a mellores, fosen cales fosen os resultados acadados, decidiron competir.

Pouco despois, foron levándose a cabo as distintas carreiras. A nosa/os nena/nenos foron chegando á meta e, aínda que o fixeron coa lama deica ás orellas (e non de forma metafórica), desempeñaron un gran papel. Así, o equipo benxamín masculino logrou un meritorio e ben merecido cuarto posto, quedando por diante de moitos dos clubs de atletismo de renome e moitos anos de experiencia de toda a provincia. Faltoulles moi pouquiño para repetir o bronce da tempada anterior.

Parabéns polo voso esforzo e ilusión: Noa, Manel, Brais, Pedro, Sergio, Eloy, Javier e Hugo e, por suposto, tamén aos /ás que quedaron no camiño en fases anteriores, a pesares do seu esforzo tratando de facelo o mellor posible.

Tamén queremos agradecerlles ás familias o seu apoio unha vez máis.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fase Intercomarcal de campo a través, Campamento do Loreto, 29 de xaneiro do 2016

O pasado venres, 29 de xaneiro, a iso das 10:15h saímos do cole: sete nenos, unha nena, un profesor e unha profesora cara o Campamento do Loreto en Porto do Son, lugar no que se celebraría a xornada da Fase Intercomarcal de campo a través. Aínda que íamos moi ilusionados e con moitas ganas de acadar novas vitorias, tamén había moitos nervos... Ademais, a nena representante da categoría benxamín feminina (a nivel individual) e o neno representante da categoría alevín masculina (a nivel individual) sentíanse un pouco sós e botaban de menos aos compañeiros/as dos respectivos equipos.

Unha vez no recinto, e tras recoller e colocar os dorsais, fomos facer un recoñecemento do circuíto. De seguida, fixeron exercicios de quecemento, pois ao seren dos máis noviños/as eran dos/as primeiros/as en competir.

Pouco despois das 11:30h, a competición comenzou coa categoría benxamín feminina e Noa, tras realizar unha boa carreira, acadaría un séptimo posto, asegurándose unha praza para a Fase Provincial (a máis alta á que aspirar nesta categoría).

A continuación, sairían os nosos seis corredores da categoría benxamín masculina e outros moitos de centros educativos e clubs de atletismo e, a pesares de non entraren entre os dez primeiros como viñan facendo, si acadarían unha vez máis o primeiro posto por equipos.

Pouco despois, tocaríalle a Hugo dalo todo na categoría alevín masculina e, de feito, sería o primeiro en non subir ao podium a nivel individual ao acadar un loitadísimo cuarto posto, que tamén o levará a Fase Provincial coma aos restantes compañeiros/as do centro, presentes nesta fase de competición.

Unha vez máis, familiares e amizades do noso alumnado acompañáronnos, botáronnos unha man e transmitíronnos o seu gran e desinteresado apoio... Moitas grazas!!!

Agora toca pelexar, algo máis lonxe..., en Narón, o vindeiro sábado 27 de febreiro.

 

MOITÍÍÍÍÍSIMA SOOOOOOOOORTE!!!

 

 

 

  

 

  

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut