Skip to Content

actividades

CARREIRA INTERCOMARCAL

O día 17 de xaneiro celebrouse no Estadio municipal de fútbol Julio Mato, en Noia, a fase intercomarcal de Campo a Través, organizada por Xogade, na que participaron unha alumna e un alumno de terceiro curso, Daiana e Diego, xa que se clasificaron para esta carreira, ao quedar entre os 8 primeiros na carreira comarcal que se celebrou o pasado 5 de decembro en Cee.


Nesta carreira, ambos os dous participantes competiron na categoría benxamín, pola sua banda, Daiana competiu na categoría benxamín feminino, mentres que Diego o fixo na categoría de benxamín masculino.


Daiana chegou á meta no posto 13 nesta última carreira,  quedando clasificada para a carreira provincial de centros escolares que se celebrará en Carballo o día 6 de marzo, mentres que Diego quedou no posto 55.

Noraboa!

PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL

O mércores 22 de xaneiro, tal e como estaba previsto logo de solicitar unha charla a través do Plan Director da Garda Civil, un cabo deste corpo achegouse ó noso centro para falarnos sobre a violencia de xénero. Estivo presente todo o alumnado de 5º e 6º EP. A actividade resultou moi interesante.

 

 

 

 

 

 

 

 

RECOLLIDA DE TAPÓNS

Nos dous últimos cursos estivemos recollendo tapóns que o alumnado, o profesorado e as familias da nosa comunidade educativa trouxeron ó centro. Coa colaboración da ANPA, contactamos coa Fundación Amigos de Galicia e, o luns pasado achegáronse ó colexio para recoller sacos que tiñamos preparados. Grazas a todos pola vosa colaboración.

FESTIVAL DE NADAL

Estamos en nadal e para celebralo todos participamos nun gran festival que tivo como tema principal os oficios tradicionais galegos, por iso levaba o nome de “Un nadal de oficios”. O voluntariado de biblioteca de 5º EP encargouse da súa presentación.


Asistiron as nosas familias e amigos:

 

Comezaron os granxeiros de 4º EI interpretando a canción “A horta de Balbina”:

 

A continuación, os zapateiros de 5º/6º EI cantaron “El zapatero”:

 

As palilleiras e redeiras de 1º e 2º EP protagonizaron a obra “Palilleiras e redeiras salvando o nadal”.

 

Coa panxoliña “Xa me tardan os oleiros”, amenizaron a festa os oleiros de 3º EP:

 

Tocoulle a quenda ós cesteiros de 4º EP, que cantaron a panxoliña ”Cesteiriños de nadal”:


 

Os mariñeiros de 5º EP representaron a obra “Andamos ao mar”:

 

E na carpintaría de 6º EP fabricouse “Un moble de nadal”:

 

Para rematar, todo o alumnado, con moito ritmo, interpretou a cantiga “Os nosos oficios”:

VISITA DO CARTEIRO REAL

Paseniño o nadal vai entrando no colexio. Este venres, por xentileza do concello, visitounos unha delegación do Carteiro Real que, ademais de recoller as cartas do alumnado, agasallounos con caramelos.

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 A tarde do 3 de decembro tivemos unha cita no ximnasio do colexio. Reunímonos todos "BAIXO O MESMO PARAUGAS".

 

Con este acto, organizado polo Departamento de Orientación, quixemos dar visibilidade ás persoas con discapacidade, porque somos conscientes de que non podemos deixar a ninguén atrás.

Cinco compañeiras e catro compañeiros de primaria deron lectura a este manifesto:

O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 

O obxectivo é promover os dereitos e o  benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade.

As persoas con discapacidade son a minoría máis ampla no mundo, e soen ter máis dificultades en todos os niveis: de acceso á educación, laborais, económicas... 

Todo isto unido á discriminación social que as veces existe no seu entorno,fan que a vida das persoas con discapacidade sexa máis difícil. 

Baixo o mesmo paraugas é o lema deste ano por iso con este pequeno acto queremos poñer o noso graíño de area  e defender que:

A comunidade do C.E.I.P. Os Muíños traballa para conseguir cidadáns responsables, autónomos, respectuosos e felices que participen de forma activa nunha sociedade inclusiva, partindo das súas capacidades, desenvolvendo o seu talento e equilibrando a súa autoestima, mediante unha metodoloxía motivadora e innovadora adaptable á diversidade do alumnado.

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Na tarde do 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de xénero nun acto organizado conxuntamente polos equipos de biblioteca, extraescolares e dinamización da lingua. Reunímonos na biblioteca, onde algúns compañeiros do voluntariado fixeron a presentación explicando por que se escollera esta data para conmemorar o Día contra a Violencia de xénero.

Logo todos caladiños escoitamos o conto “Max e os superheroes” lido por dous compañeiros do clube de lectura.

A continuación cantamos a canción “Saír correndo” versionada ó galego.

Para rematar xuntámonos no ximnasio facendo un enorme lazo.

SAÍDA CULTURAL DE 5º E 6º EP A SANTIAGO

No mes de novembro o alumnado de 5º e 6º EP visitou a Xunta e o Parlamento de Galicia.

 

Tamén tiveron ocasión de percorrer as salas do Museo do Pobo Galego para aprender un pouco máis dos oficios tradicionais sobre os que estamos investigando este curso.

CIRCULARES CURSO 2019-2020

-Información sobre suspensión de clases (Infantil e Primaria). 12/03/20

-Desdobramento grupo mixto de EI (5º EI). 10/03/20

-Saída de Infantil á Granxa "O Ventoso". 5/03/20

-Actividade "Maxia pola igualdade" (5º e 6º EP). 5/03/20

-Saída a Santiago de Compostela (Museo do Pobo Galego) (1º a 4º EP). 3/03/20

-Información sobre menús mensuais (Infantil e Primaria). 28/02/20

-Invitación Festival de Entroido (Infantil e Primaria). 17/02/20

-Campaña de expurgo de entroido (Infantil e Primaria). 12/02/20

-Visita a unha granxa (4º EI). 10/02/20

-Préstamo de lectores electrónicos 5º e 6º EP). 5/02/20

-Autorizacións uso mail (4º, 5º e 6º EP). 5/02/20

-Campaña de recollida de tapóns solidarios (Infantil e Primaria). 5/02/20

-Periodo de admisión. Reserva en centros adscritos (6º EP). 4/02/20

-Celebración da Paz (Infantil e Primaria). 17/01/20

-Festival de nadal (Infantil e Primaria). 16/12/19

-Cancelación saída DOMUS (EP). 13/12/19

-Saída a patinar (EP). 11/12/19

-Enquisa para Proxecto Lector do centro. 2/12/19

-Campaña expurgo da Biblioteca. 29/11/19

-Carreira campo a través do programa XOGADE (EP). 27/11/19

-Saída de EI a Cee. 26/11/19

-Celebración do "Día Internacional contra a violencia de xénero". 14/11/19

-.Información sobre o club de lectura (5º e 6º EP). 14/11/19

-Reunión familias 6º EP (Excursión fin de etapa). 7/11/19

-Actividades da Biblioteca para as familias. 5/11/19

-Saída a Santiago 5º/6º EP. 25/10/19

-Información sobre simulacros. 22/10/19

-Usuarios de transporte escolar. 17/10/19

-Autorización uso mail 4º EP. 10/10/19

-Invitación VIII Mostra de elaboración de menús no comedor escolar. 9/10/19

-Reunión colectiva para familias 4º EP. 1/10/19

-Comezo da xornada partida. 30/09/19

-Reunión colectiva para familias 6º EP. 23/09/19

-Recollida de tapóns 18/09/19

-Protocolo de protección de datos. Autorización uso da imaxe. 18/09/19

-Usuarios de transporte escolar 5º/6º EP. 11/09/19

-Aniversarios e merendas. 11/09/19

-Autorizacións saídas ó entorno. 11/09/19

XA COMEZAMOS

Arrancou o novo curso sen grandes sobresaltos. Xa estamos todos nos nosos postos e, agora que xa nos coñecemos... a traballar con ansia!

Distribuir contido


by Dr. Radut